Hoxe Día do Libro, en Cataluña, celébrase a "Diada de Sant Jordi", e a tradición di que os homes teñen que regalar unha rosa ás mulleres, e estas un libro aos homes.
Pola mañá fomos visitar a cova prehistórica de l´espluga de Francolí, moi chula. E logo unha cooperativa vinícola, pois por aquí hai moito viñedo.
Pola tarde visitamos a "Villa Medieval de Montblanc", que con motivo do Día de Sant Jordi, celebran unha gran festa. Hoxe pudemos ver as rúas engalanadas, os postos de libros e rosas, e un desfile, non nos daba tempo a ver a representación.
Pasámolo moi ben, e tivemos tempo para comprar algún agasaio para as nosas familias, incluso algún para a Biblio.
Mañá xa voltamos. Que pena!! Sobre as 10:45 deberíamos estar en Redondela. Vémonos o luns no cole e xa vos contaremos.
Grazas a todos polos vosos comentarios.
Nós tamén vos botamos "Un pouco", de menos, pero vamos añorar a algúns dos amigos que fixemos aquí.
Carla e Luis
3 comentarios:
Dá gusto vervos!
Andar polo mundo abre os ollos, a mente e o corazón. Estes días han ser inesquecibeis ¡xa o veredes!
Vos agora o estades pasando xenial pero para poder disfrutar todas e cada unha das experiencias que estades a vivir, algúns profes,sobre todo, Marita, Isabel, Amparo e Susana, traballaron moitísimo. Non esquezades darlles as grazas porque ben o merecen.
Non esquezades nunca que, aínda que as veces non pareza, os profes fanno todo por vos.
BOA VOLTA A TODOS. Espero que nos veñades visitar e nos contedes que tal foi todo.
Ola, saúdos desde Muros. A nosa Biblioteca faivos o agasallo de considerarvos Blog Maneiro. Se non coñecedes esta iniciativa, pasádevos polo noso blog. Saúdos, bo traballo e ánimo, que hai quen vos olla
Publicar un comentario