Margarida, viches a Mandilón pola Biblio?
Mandilón, un amiguiño dos "Vincis"(aula 3 anos) andaba perdido dende había uns días, non sabiamos onde estaba. Os nenos e nenas lupa en man pesquisando posibles pistas sobre o seu paradeiro acabaron na Biblio falando con Margarida.
E mira ti que sorpresa, alí estaban os dous, tan agarradiños. Seica son moi amigos.
Neste tempo que estiveron xuntos fixeron moi boas migas, leron moitos contos, viron algunha que outra peli e xogaron moito. Vamos o que fan os amigos.
"Vincis", non vos olvidedes de traer a Mandilón a Biblio de vez en cando. Xa o botamos de menos.
2 comentarios:
Ola Margarida:
Somos os Vincis. Estivemos vendo o vídeo e gustounos moito. Ti tamén podes vir a visitar a Mandilón cando queiras.
Un saudo moi agarimoso dos Vincis
Ola, son Margarida!
Grazas por invitarme a vosa clase. Non me atrevía a ir eu soa. Pero se me invitades.... Logo estarei por ahi. E que boto moito de menos a Mandilón. Paseino moi ben con el.
De todos os xeitos non vos olvidedes de traelo cando veñades á Biblio.
Ata outra! Moitos biquiños!
Publicar un comentario