miércoles, 16 de mayo de 2012

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

Despois dun mes de Marzo cheo de CÓMICS, o BAÚL VIAXEIRO tivo que marchar rumbo a outros mares. Tristura nos quedou pola despedida, pero ledicia de coñecer personaxes e historias dos que non sabiamos.
E para completar e complementar o contido do baúl, o pasado venres día 4 de maio, tivemos a sorte de poder asistir a un obradoiro de Banda deseñada a cargo do ilustrador GOCHI.

Coñecedes a editorial "Cerditos de Guínea"??
Pois Gochi, ademais de ilustrador, é o fundador desta editorial, que se encarga de comprar os dereitos de cómics internacionais para traducilos ao galego e podelos editar. Nestos momentos teñen en catálogo: Superlópez, Spirou e Fantasio, Gárgolas, Os cinco loitadores,... E ademais da man de Gochi, temos a Trasmallo, un personaxe xenial que vos vai facer rir moito. Toda unha pasada!

Despois de compartir con nós unha tarde entrañable, experimentando coa creación de personaxes, ... Agasallounos (aos coles asistentes) cunha mostra dos cómics editados por "Cerditos de Guinea" para as nosas Bibliotecas. En breve estarán á vosa disposición!

jueves, 10 de mayo de 2012

ALEX, UN CONTACONTOS MOI FEROZ

Pouco a pouco van pasando pola clase dos exploradores e do resto dos peques de Reboreda uns contacontos moi especiais. Nesta ocasión Alex agasallóunos cun conto moi chulo, "O oso e a espada". Gustóulles tanto aos peques que Alex estaba encantado ensinándolles as ilustracións, explicando as súas dúbidas e para comprobar se estiveran atentos ao final fíxolles moitas preguntas pero estes pequenos espectadores non perderan detalles. Mirade que bonita foi esta sesión de contacontos...

LETRAS GALEGAS 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE
Dende a Biblioteca "Saturnino Hermida" do IES Concepción Arenal de Ferrol chéganos esta estupenda presentación sobre o autor homenaxeado este ano nas nosas LETRAS GALEGAS.
Moitas Grazas!

martes, 8 de mayo de 2012

ACEITES AROMÁTICOS

Os alumn@s de 2º A e 2º B  xuntáronse no laboratorio do centro para realizar un experimento colectivo. Con follas de plantas e árbores : romeu, loureiro e limoeiro, fixeron  " ACEITES AROMÁTICOS "

viernes, 4 de mayo de 2012

CONTO INSTRUMENTADO

A profe Isabel, leva varias sesións liada cos compañeir@s de 4º preparando un coñecido conto cuns instrumentos moi particulares. Os peques tivemos que escoitar o conto dun xeito singular, tiñamos que estar de espaldas aos músicos e caladiños para escoitar atentamente todos os sons que aparecían para descubrir, como dunha adiviña se tratase, cal era o conto que os amig@s de 4º acababan de representar. Unha vez rematada a instrumentalización rapidamente os peques adiviñaron o conto. Explicaron como o adiviñaron e logo pedíronlle aos músicos que nos explicasen como facían cada un dos sons que aparecían no conto, como facían os personaxes, como soaba o lume, ou o vento, ou mesmo a auga fervendo.
Pasámolo xenial!!!
Queredes vós tentar adiviñar polo son de que conto se trata??
Ide a este enlace e escoitade con atención: "Descubre o que che conto"
Ahí vos deixamos algúns deses bonitos momentos.

martes, 1 de mayo de 2012

CONTACONTOS POR UN DÍA

Despois dun longo ano traballando ao redor dos contos, os maiores da escola queren agasallarnos cunhas interesantes sesións de contacontos nas clases dos máis pequenos. Nesta ocasión Pablo Amor, presentounos o conto: "Gato Guille e os monstros". Os exploradores xa coñecían este famoso conto pero estiveron moi atentos a esta diferente narración do conto. E como isto nos soubo a pouco Pablo quixo voltar a contalo pero agora coa axuda da PDI que temos na clase, porque nos estamos acostumados a velos case sempre na pantalla grande. Parabéns Pablo!!! Fixéchelo moi, moi ben!!!

viernes, 27 de abril de 2012

TÍTERES NA BIBLIO MUNICIPAL (CHAPELA)

Para rematar a grande semana adicada ao libro, na Biblioteca de Chapela ofrécennos este Venres 27, ás 19:30 h un espectáculo de títeres para pasar moito medo.
Títeres Cascanueces: "A rúa das pantasmas".
Espectáculo para todos os públicos.
A entrada é gratuita e libre, ata completar aforamento.
Máis información en:
BIBLIOTECA A.M.L. DE CHAPELA
Piñeiral do Crego, Edificio Multiusos - Chapela (Redondela)
TLF: 986-454-226 - Email: bibliotecachapela@redondela.es

QUE BOA PINTA TEN!!!

miércoles, 25 de abril de 2012

DESCUBRE O QUE CHE CONTO

O grupo de 4º A  preparou un conto popular dos máis coñecidos por todos para contalo doutro xeito: 
SEN PALABRAS
Só cos sons das cousas que alí pasan. A ver se descubrides de que conto se trata. Ánimo!!!

A SUXESTIÓN DE ALBA

Hola! Chámome Alba C. A. e queria recomendar este libro: "Avenida do parque, 17", de Agustín Fernández Paz. Vouvos resumir un pouco: Trata dunha nena chamada Marta que se tivo que mudar a unha casa vella. Sobre aquela casa había moitos rumores que dician que estaba embruxada. Pronto empezarian as clases e a ela non lle facía ningunha gracia ir a un colexio novo con profesores novos e con nenos que nin sequera sabia como se chamaban. (Agora pasan... unhas cousas... pero sera mellor que non volas diga porque senón descubriría o secredo). Bueno foron pasando os dias e tivo que ir ao colexio, foi andando polo pasillo e tamén mirando as portas para atopar a súa nova clase, e ali estaba, chea de nenos/as que en fila esperaban que a profesora os chamase, cando esntraron todos a profesora díxolles os profesores que lle ian a tocar e cada un coas materias que lle tocaban, pasaron os minutos e tocou a serea para cambiar de clase , e entrou un profesor , se queredes saber máis leede o libro, asegúrovos que vos vai gustar!

martes, 24 de abril de 2012

LIM "ANDERSEN"

Dende o Ceip Frián de Teis chéganos este chulísimo xogo sobre H.C. Andersen, un dos autores de contos máis coñecidos e recoñecido. Que como ben saberedes é un dos escritores ao redor do que xira a data do Día do Libro.
Esperamos que o disfrutedes!!

FALLO CONCURSO NARRATIVO "DA REBORAINA"

NA 14ª EDICIÓN DO CONCURSO DE NARRATIVA “DA REBORAINA”,
QUE OTORGA O CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO DE REBOREDA,
O XURADO ACORDOU OTORGAR OS PREMIOS A FAVOR DO SEGUINTE ALUMNADO:
CATEGORÍA A
  • PREMIO REBORAINA: "Un día da miña vida" de ALBA DA SILVA CABALEIRO de 6º A.
  • 1º ACCÉSIT: "A orixe dos números"  de LIDIA COLLAZO COUÑAGO de 4º B.
  • 2º ACCÉSIT: "O muíño vello" de LAURA PORTELA COUÑAGO  de 5º B.
  • 3º ACCÉSIT: "Que lío de contos!"  de LUCÍA AMOEDO FIGUEROA  de 6º A.
  • 4º ACCÉSIT: "Viaxe á época medieval" de LUCÍA RODRÍGUEZ VILAS de 3º B.
CATEGORÍA B
  • 1º PREMIO: "Cinco sesenta"  de ALOXI CENTENO ESCALA do IES Mendiño (Redondela).
  • 2º PREMIO: "Paula" de MARÍA IGLESIAS  OITAVÉN do IES Pedro Floriani (Redondela).
  • 3º PREMIO: "A illa"  de PAULA GÓMEZ RODRÍGUEZ do IES Mendiño (Redondela).
OUTRAS
  • PREMIO DO CARTEL: RUBÉN ROZA CASTRO de 5º B
  • PREMIO LEMA: ANDRÉS MARTÍNEZ ALONSO de 5º A
A ENTREGA DE PREMIOS FARASE NO SALÓN DE ACTOS DO CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO, DURANTE A CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2011-12.

MOITAS GRAZAS AO ALUMNADO PARTICIPANTE E NORABOA A TÓDOLOS PREMIADOS.

REBOREDA, 23 DE ABRIL DO 2012
O XURADO DO CONCURSO DE NARRATIVA “DA REBORAINA”

domingo, 1 de abril de 2012

QUE FAN OS LIBROS POLA NOITIÑA???

23 ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Como dicían hoxe os nenos e nenas: "Margarida está de cumple"
BO DÍA MARGARIDA!
E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!
E tanto que falamos do que fai Margarida pola noite cos trasnos, fadas, elfos, .... que habitan na nosa biblio, mirade atentos .... o mesmo vos da unha idea.
Grazas aos compañeiros de Mugardos do Ceip Santiago Apostolo Franza por darnos a coñecer este vídeo tan chulo.