Esta foi a segunda semana de Videoconferencias e despois de moitos atrancos, por fin hoxe venres puidemos comunicarnos co cole de "El Burgo Ranero", en León. Os peques de tres anos, e os alumnos e alumnas de sexto curso, foron os protagonistas nesta ocasión.viernes, 13 de febrero de 2009
VIDEOCONFERENCIANDO
Esta foi a segunda semana de Videoconferencias e despois de moitos atrancos, por fin hoxe venres puidemos comunicarnos co cole de "El Burgo Ranero", en León. Os peques de tres anos, e os alumnos e alumnas de sexto curso, foron os protagonistas nesta ocasión.miércoles, 11 de febrero de 2009
CHEGA O ENTROIDO
Se todos os días se traballa arreo, cando chega o Entroido esto é unha locura. Nenos e nenas, profes, nais,...
E para todos aqueles que queiran curiosear e saber un pouco máis do Entroido: tradición, costumes, gastronomía, máscaras, algún que outro xogo, ... e moito máis, aquí vos deixamos uns enlaces ás páxinas de dous coles con un montón de recursos para o Entroido.
Sabedes que en Redondela se celebra un Entroido de Verán?
lunes, 9 de febrero de 2009
BICENTENARIO DARWIN
Meteoroloxía adversa-fortes ventos
Suspéndense as clases en toda Galicia
Deixovos aquí algúns enlaces interesantes para que busquedes información, investiguedes arreo, contestedes ás preguntas, vexades os vídeos,... Seguro que mañá sabedes moito máis deste gran científico.
Pasapalabra evolucionista (Ies As Mariñas-Betanzos):
A Evolución segundo Homer(Ies As Mariñas-Betanzos):
Para comezar a saber cousiñas sobre Darwin xa van chegando.
CARTA DENDE BLANCAFORT
sábado, 7 de febrero de 2009
MARGARIDA VISITA A MANDILÓN

COMUNICÁNDONOS
miércoles, 4 de febrero de 2009
ERUPCIÓN INMINENTE
lunes, 2 de febrero de 2009
ONDE ANDAS MANDILÓN?
Margarida, viches a Mandilón pola Biblio?
Mandilón, un amiguiño dos "Vincis"(aula 3 anos) andaba perdido dende había uns días, non sabiamos onde estaba. Os nenos e nenas lupa en man pesquisando posibles pistas sobre o seu paradeiro acabaron na Biblio falando con Margarida.
E mira ti que sorpresa, alí estaban os dous, tan agarradiños. Seica son moi amigos.
Neste tempo que estiveron xuntos fixeron moi boas migas, leron moitos contos, viron algunha que outra peli e xogaron moito. Vamos o que fan os amigos.
"Vincis", non vos olvidedes de traer a Mandilón a Biblio de vez en cando. Xa o botamos de menos.
domingo, 1 de febrero de 2009
UN DÍA POLA PAZ
- Lemos o manifesto.
- Vimos vídeos, presentacións con motivo do día da Paz.
- Recitamos poemas nas distintas linguas que compoñen a nosa comunidade educativa.
- Formamos o símbolo da Paz no patio.
- Cantamos a canción elixida este ano, "Cantaré, cantarás".
- Soltamos pombas como acto simbólico.
sábado, 31 de enero de 2009
COÑECÉNDONOS
viernes, 30 de enero de 2009
POEMAS POLA PAZ: PEACE, FRIEDEN, PAIX, ...
Linguaxe de Signos
Galego
Alemán
"Necesitámola como o aire para respirar.
Sin Paz non hai esperanza de futuro"
"Cando o vento xa se foi
cando a primavera está a punto de chegar
a min gustaríame ser un paxaro
e voar polo mundo enteiro"
Seguide atentos!. Hai máis!
jueves, 29 de enero de 2009
CONSPIRACIÓN POLA PAZ
PAZ?????????????
PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
Utopía imposíbel.
Palabra que xera poesía.
Poesía? Poesía e Paz.
Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.
Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.
Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.
TANQUES DE CARAMELO
ARMAS DE CARAMELO
O NOSO SOÑO
O NOSO DESEXO
A NOSA CONSPIRACIÓN
Colaboraron:
Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Redondela.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.

