jueves, 29 de enero de 2009

A POMBA MARI PAZ

Este mércores no recreo, con motivo do día da Paz, tivemos sesión especial. Os nenos e nenas de 2ºB deleitáronnos escenificando un poemiña "A pomba Mari Paz". Ben fermoso! e todos e todas as presentes entenderon a mensaxe.
Agora so hai que aplicala!
Cada día!
Todos os días!

miércoles, 28 de enero de 2009

"SEAMOS UN TILÍN MEJORES"

"Cita con ángeles"
Letra, música, voz: Silvio Rodríguez

martes, 27 de enero de 2009

UN GRITO DE LIBERDADE

Son moitas as cancións, poemas, historias, ... que nos falan de Paz, Liberdade,... Si escoitando algunhas nos sensibilizamos. Adiante máis.
Poema: Paul Eluard
Musicalizador: Gian Franco Pagliaro
Voz: Nacha Guevara
Debuxos: Quino (Mafalda)

lunes, 26 de enero de 2009

UNHA CANCIÓN POLA PAZ

Xa sabedes cal é a canción escollida para o Día da Paz este ano?
Pois, aproveitade e ide ensaiando.
Escoitade con atención a letra!!

CANTARÉ, CANTARÁS

(Letra: Juan Carlos Calderón / Anahi)

Cantan: Roberto Carlos, José Feliciano, Julio Iglesias, Miguel Gallardo, Santana, Rocío Jurado e moitos outros.

sábado, 24 de enero de 2009

LIBROS POLA PAZ

A situación neste planeta en que vivimos non é como para celebrar nada. Incluso tal vez non é a palabra axeitada "celebrar".
A lo menos recordar, coñecer, entender, ... a tristura, a impotencia, a dor,... Un chisco de comprensión, e tal vez, só tal vez, ...

"NADIE ESTÁ SOLO"
(José Agustín Goytisolo. Algo sucede.)
En este mismo instante
hay un hombre que sufre,
un hombre torturado
tan sólo por amar
la libertad. Ignoro
dónde vive, qué lengua
habla, de qué color
tiene la piel, cómo
se llama, pero
en este mismo instante,
cuando tus ojos leen
mi pequeño poema,
ese hombre existe, grita,
se puede oír su llanto
de animal acosado,
mientras muerde sus labios
para no denunciar
a los amigos. ¿Oyes?
Un hombre solo
grita maniatado, existe
en algún sitio. ¿He dicho solo?
¿No sientes, como yo,
el dolor de su cuerpo
repetido en el tuyo?
¿No te mana la sangre
bajo los golpes ciegos?
Nadie está solo. Ahora,
en este mismo instante,
también a ti y a mínos tienen maniatados.
Pasa pola Biblio e escribe o teu poema pola Paz.

jueves, 22 de enero de 2009

TRADICIÓNS E UNIVERSO

Este martes, día 20 de Xaneiro, os nenos e nenas do segundo ciclo (3º e 4º) fixemos unha saída didáctica a Vigo, para realizar dúas actividades.
Primeiro fomos ao Centro Cultural Caixanova onde os Gaiteiros da Xistra transportáronnos a unha romería, pero unha ROMERIA DE FAI CEN ANOS cos seus personaxes, instrumentos, bailes e as cantigas máis populares do momento. Foi moi entretido e ata nos animamos a cantar dous dos éxitos daquela época: A rianxeira e O pirimpimpin.
Ainda co ritmo no corpo e con ganas de troula entramos en Naturnova. QUEDAMOS ABRAIADOS! Tres salas tématicas con xogos interactivos, paneis sobre o noso PLANETA e ata un simulador dun submarino que exploraba a ría de Vigo. Tanto nos gustou e aprendemos tantas cousas que estamos desexando voltar coa nosa familia.


Se tedes a oportunidade ide por alí, seguro que vos gusta.

miércoles, 21 de enero de 2009

TODOS OS DÍAS SON DÍAS DE PAZ

No sabían hablar.
(Ellos habían dicho que las palabras sobran.)

Tampoco sabían reírse como se ríen las sombras.
(Ellos lo habían prohibido.)

Ya no sabían saltar, ni correr a latirse el corazón.
(Ellos se lo habían negado. Ellos lo sabían todo,
lo preparaban todo, lo latían todo.)

No quedaban más que surcos vacíos.
(Ellos habían pasado sembrando la nada.)

Esto ocurrió hace mucho tiempo.
(Cuando ellos llegaron.)

Ellos.
¿Quienes eran ellos?
Cristina Forte
Algunhas páxinas onde atopar recursos relacionados coa Paz e a Poesía:

martes, 20 de enero de 2009

AGRUPACIÓNS ESCOLARES

Estamos dentro!
Xa saiu no BOE a concesión das axudas do Ministerio de Educación para o proxecto de agrupacións escolares e o noso proxecto foi un dos elixidos.
Este fin de semana pasado tivemos a primeira toma de contacto entre os profes que formamos parte do proxecto, en Santander. Reunímonos alí tres agrupacións distintas. Foi esgotadora, pero moi fructífera. No noso caso, na nosa agrupación, temos coles de León, Asturias e Cataluña.
De inicio e para comezar temos que coñecer aos nenos e nenas desos outros coles, e vamos facelo a través de correos e-mail, carta, vídeoconferencias,...


viernes, 9 de enero de 2009

REAPERTURA

Que tal a volta?
Estabades desexando voltar, non si?
Polo que contastes estos días, moi ben de agasallos, que sei que vos trouxeron moitos libriños, e moitos deles de Ciencia. Margarida está tola de contenta.
Pois, preparádevos, o luns recomezamos, voltamos abrir as portas da Biblio, e estade atentos porque vimos cheos de novidades:
  • Temos xa a volta da esquina o día da Paz.
  • En breve, xa o Entroido. A ver,... de que nos disfrazaremos este ano?
  • Seguiremos traballando ao redor da Ciencia: con experimentos, e outras...
  • Por suposto, nos recreos o préstamo, e os contacontos.
  • E recordade que neste segundo trimestre voltará "Margarida Quere Saber".
  • E algunha outra sorpresiña que todavía non podemos desvelar.

Benvidos a tod@s!

Vémonos o luns!

jueves, 25 de diciembre de 2008

LITERATURA AUDIOVISUAL

Recén está estreado o portal "flocos.tv", o cineclube do audiovisual galego en internet.
E non vades crer o que alí atopamos. Baixo o nome "A lingua Animada", aparecen sete curtametraxes de animación en plastilina feitos por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003, baseadas en textos e relatos da nosa literatura, de autores como Cunqueiro, Anxel Fole, Murguía, Eladio Rodríguez ou Avilés de Taramancos.
Se fas clic enriba das imaxes poderás chegar á páxina onde ver as curtas.
Despois de velos,...

Saberás en que autor está baseada cada unha das curtas?

Cal che gustou máis??

martes, 23 de diciembre de 2008

PREMIOS NAVIDEÑOS

Finalizando cada trimestre agasallamos a aqueles nenos e nenas que dalgún xeito colaboraron con nós, ou participaron activamente no funcionamento da Biblio. Neste trimestre, ademáis dos Bibliotecarios, que fan unha labor impresionante durante os recreos, tivemos os premios aos mellores lectores, e o concurso de adiviñas.
Mellores lectores do trimestre:

  • 1º Ciclo: Laura Portela

  • 2º Ciclo: Daniel Acevedo

  • 3º Ciclo: Simón García

Concurso de Adiviñas:
  • 1º Clasificado: Andrea Bouzón e Lucas Bouzón (10 pts)

  • 3º Clasificado: Roberto Jiménez (9 Pts)


NADAL EN ALEMANIA

Hannlore, é o nome da avoa de Claudia, de cuarto, que nos visitou estos días atrás para contarlles aos compañeiros e compañeiras da súa neta, as tradicións que polo Nadal se seguen en Alemania.
As festas Navideñas en Alemania, comezan 4 Domingos antes do día 24 de Decembro. Cada Domingo encenden unha vela, cociñan galletas, pasteis. O día 5 de Decembro celebran o San Nicolás, que vai por todas as casas e fala coas familias, cos nenos e nenas e déixalles agasallos. Adornan a árbore con velas auténticas. O día 24 organizan unha cea semifría, vístense de gala, entregan os agasallos e asisten a unha misa. Rematan as festas dando a benvida ao ano novo, a través dun ritual de entrada de ano.
Distintas, pero non tanto!


Grazas por compartir con Nós estos momentos!!