Este martes, día 20 de Xaneiro, os nenos e nenas do segundo ciclo (3º e 4º) fixemos unha saída didáctica a Vigo, para realizar dúas actividades.
Primeiro fomos ao Centro Cultural Caixanova onde os Gaiteiros da Xistra transportáronnos a unha romería, pero unha ROMERIA DE FAI CEN ANOS cos seus personaxes, instrumentos, bailes e as cantigas máis populares do momento. Foi moi entretido e ata nos animamos a cantar dous dos éxitos daquela época: A rianxeira e O pirimpimpin.
Ainda co ritmo no corpo e con ganas de troula entramos en Naturnova. QUEDAMOS ABRAIADOS! Tres salas tématicas con xogos interactivos, paneis sobre o noso PLANETA e ata un simulador dun submarino que exploraba a ría de Vigo. Tanto nos gustou e aprendemos tantas cousas que estamos desexando voltar coa nosa familia.
Se tedes a oportunidade ide por alí, seguro que vos gusta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario