miércoles, 12 de noviembre de 2014
PRIMEIRA LECTURA SILENCIOSA DOS APOLOS
O venres aproveitando a celebración do DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS, empezamos no centro, un ano máis, o plan de lectura silenciosa que consiste en ler durante 20 minutos o que nos apeteza, pero debemos facelo en silencio. Unha música da a sinal para comezar e tamén marca o remate.
Os peques ao principio cústalles un pouco o de estar en silencio pero, pouco a pouco, acábano facendo moi ben.
Este ano aproveitando a axuda das familias que nos pasaron palés e coxíns creamos un espazo moi especial na aula para ler e contar contos e onte tamén o inaguramos. Cando chegaron os Apolos estaban encantados e exploraron todos os recunchos. Despois usamos por primeira vez o espazo na lectura silenciosa, e así nos foi.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario