martes, 5 de abril de 2011

CHEGANDO AO FINAL


Atentos, moi atentos, que estamos chegando ao final da "Olimpiada do Saber de Margarida".

Xa só quedan 4 preguntiñas de nada e agora máis que nunca debemos poñernos de acordo cos nosos compañeiros de equipo e buscar con moita atención a información precisa para respostar ás preguntas que nos fai a nosa Mascota Margarida.

Lede sempre con moita atención a pregunta (TODA A PREGUNTA), as explicacións primeiras tamén, e logo á hora de respostar, non vos precipitedes (tedes a lo menos dous días), con calma, poñede o nome do equipo, e verificade sempre cos vosos compañeiros.

MOITA SORTE PARA TODOS E TODAS!!

1 comentario:

Seve 5B dijo...

Xa quedan moi poucas preguntas e para gañar teño que acertar todas e creo que vai ser moi dificil.