lunes, 13 de enero de 2014

OS NEN@S DE REBOREDA PIDEN O AGUINALDO

ESTE NADAL, COMO EN ANOS ANTERIORES, OS NEN@S DE INFANTIL DE 4 ANOS, 1º, 3º E 5º PEDIRON O AGUINALDO. OS MÁIS PEQUENOS FORON POLAS AULAS COAS SÚAS CANCIÓNS PERO, OS MAIORES (3º E 5º) ESTE ANO DERON UN PASO MAÍS; CON MOITO ESFORZO DELES, DA PROFE ISABEL (PROFE DE MÚSICA) E DAS TITORAS, CREARON UNHA RONDALLA QUE PERCORREU AS RÚAS DE REBOREDA. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS VÍDEOS DAS CANCIÓNS E DA RONDALLA. NORABOA A TOD@S POR ESTE GRAN TRABALLO!  

4 ANOS PIDE O AGUINALDO: "A BELÉN VOU EN TREN"
1º PIDE O AGUINALDO: "MARIÑEIRO, MARIÑEIRO"  
CONSTRUINDO A RONDALLA  
A RONADALLA POLA RÚA

CONCURSO LITERARIO

Comezamos o ano con boas novas, Antía Quinteiro de 6º B gaña o I Concurso literario infantil: "Conta o teu soño" organizado pola asociación Lenda de Redondela. PARABÉNS ANTÍA!




viernes, 3 de enero de 2014

AS MAIMIÑAS ESTRÉANSE EN REDONDELA!!!!

O sábado día 4 de xaneiro ás 18:00 AS MAIMIÑAS presentarán o seu primeiro disco “O SOÑO DE ZALO” no multiusos de Redondela. A entrada son 2€ por adulto e 1€ por neno. Non perdades a oportunidade de ir!

miércoles, 18 de diciembre de 2013

MARGARIDA VISITA...
Xa está aquí a primeira entrega das viaxes que Margarida. Desta volta estivo en Saxamonde, Ventosela, Reboreda e O Viso...Coñeces algún destes lugares? Non vos perdades a seguinte viaxe!!!


 Música do grupo Tanto nos ten, Redondela

martes, 17 de diciembre de 2013

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Este ano, como nos anteriores, o EDLG do CEIP Santo Paio organizamos o cocurso de postais que despois repartimos a toda a comunidade educativa. O autor da postal gañadora deste ano é:

PABLO JESÚS MARTÍNEZ COUÑAGO DE 5º A.


O traballo de selección foi moi difícil porque todas as postais eran estupendas! 
Aquí vos deixamos as finalistas.

 






LUCÍA RODRÍGUEZ VILAS 
5º B















DIEGO MUÍÑOS MÍGUEZ 5º B









                            






JOSE RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ 
5º B











MARTA MÍGUEZ MONTEAGUDO 
5º B

jueves, 12 de diciembre de 2013

CHEGOU A MAXIA ... AO COLE

"Agora me ves... Agora..." 


Onte o Centro estivo cheo de "Maxia", e non polo Nadal, que tamén. Tivemos connosco ao Mago Eloy, que coa axuda dalgúns compañeiros, fixeron cousas incribles.


Parecía cousa de "Maxia", as cartas aparecían e desaparecían, as moedas, ... eu que sei. Que rapidez!. Foi unha actuación moi divertida.





E como introdución unha compañeira de quinto curso, Lucía, leunos un conto precioso. Xenial!


miércoles, 11 de diciembre de 2013

APRENDE LSE CON NÓS

Este curso queremos retomar a experiencia de difusión da LSE que iniciamos hai 2 anos no blog da biblioteca. Se vos lembrades, cada vez que se achegaba unha data especial do calendario (Nadal, Samaín…) colgabamos 3 u 4 signos relacionados co acontecemento, para que tod@s os aprendésemos. Así, neste curso queremos volver a animarvos a coñecer e empregar a LSE. Para que sexa máis divertido e cercano, nesta ocasión, os profes serán os alumnos do noso cole que están a empregar esta lingua: Brais, Marta e Diego.

Este sábado 14 ás 12:00 h. no Centro Veciñal de Teis, estará Inacio Vilariño con "Rodari Rodari" (Contos de Tranvía). Espectáculo de narración oral con acompañamiento de música e monicreques.Foto: Este sábado, 14, ás 12 horas no Centro Cívico de Teis estará Inacio Vilariño con "Rodari-Rodari" (contos do tranvía). Espectáculo de narración oral, con acompañamento musical e monicreques, no que partindo da domesticación dun animal como o burro chégase ao uso ou abuso das novas tecnoloxías.
É un espectáculo dirixido ao público familiar que organiza o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo coa colaboración da asociación veciñal de Teis e o centro cívico.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

OS PEQUES VISITAN A BIBLIOTECA

Este ano que xa temos cinco anos as nosas visitas a biblioteca van ser moi interesantes. Primeiro porque este ano podemos escoller nos os contos, os anos pasados facía a profe unha selección e levabamos os contos xa previamente seleccionados.

Seleccionar nos os contos fai que teñamos que ver ben os libros que hai e ter un criterio propio para escoller. Pode ser que despois non nos gusten ou que sexan moi longos pero así tamén aprenderemos a ir seleccionando mellor en cada ocasión. Ademais, este ano imos cubrir unha libreta de lectura onde poremos o título e a nosa opinión do conto e se queremos ou non recomendalo. Aquí vos deixamos uns retazos da nosa primeira visita.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow customized with Smilebox
Os sapiens tamén vistaron a Margarida:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design generated with Smilebox

lunes, 2 de diciembre de 2013

PALABRAS DE OUTONO
Coa chegada do outono, Margarida agasallounos estas palabras que nós transformamos en fermosos poemas. Estes son só unha pequena mostra, se nos visitas na biblio poderás velos todos...PARABÉNS A TODOS E TODAS POLOS VOSOS TRABALLOS!





A xente polo San Martiño
anda polo camiño
comendo pan
e bebendo viño.

Gústanvos moito as cabazas
e comémolas preto das terrazas.

Setembro pasou
e con él a vendima
xa rematou.

Xogamos e bailamos,
e o esquío
non di nin pío.

No tempo das cabazas
meu pai vai de caza.

Sempre que imos
aos zonchos
levamos postos os ponchos.

Coa baloira vareamos
todo o que logo apañamos.

5º B
Indo á festa
de San Martiño
atopamos
un esquío no camiño.


Tomamos zonchos
bebemos viño
e nunha cabaza
bebemos un viño


1º A

No outono
vai a San Martiño,
mata o teu porquiño
sexa grande ou pequeniño.

No outono
está rideiro o castiñeiro,
contenta a castiñeira
con cartos na faltriqueira

No outono
celebramos o samaín
decoramos cabazas
e comemos castañas sen fin.

No outono
é tempo de cabazas
é tempo de castañas
e de viño novo nas tazas.

Laura. 4º B

martes, 26 de noviembre de 2013

O CARBALLO DOS 100 CONTOS

Na biblio de Margarida estamos dando forma entre todos os nenos e nenas do cole de Reboreda ao noso particular "Carballo dos 100 contos". É una árbore diferente e moi orixinal que se enche de cores coa axuda de todos os nenos e nenas. Pouco a pouco os peques vanse animando e van deixando as súas recomendacións nas pólas desta árbore tan particular. Mirade que fermosa se está poñendo coa axuda de todos.
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Free digital scrapbooking design customized with Smilebox