lunes, 7 de octubre de 2013

COMEZAMOS!

Este curso Margarida vai de viaxe, pero non vos preocupedes...non irá lonxe! Visitará as nosas parroquias e volverá con moita información, así que si queredes aprender cousas sobre "A NOSA CONTORNA" , non deixedes de visitar o blogue


viernes, 4 de octubre de 2013

PRIMEIRA LECTURA SILENCIOSA 

Hoxe recibimos as novas caixas viaxeiras na aula! Así que con moitas ganas realizamos o primeiro día de lectura silenciosa deste curso, ollade como gozamos da lectura!

jueves, 13 de junio de 2013

A NOSA DERRADEIRA LECTURA SILENCIOSA DO CURSO

O curso está a piques de rematar. O venres 7 pechamos a nosa biblio ata o vindeiro curso. E o pasado mércores 5 de xuño fixemos a última lectura silenciosa deste curso. Aproveitando o bo tempo saimos tod@s ao patio...
E a gozar da lectura!



E tamén tivemos a derradeira animación á lectura para os menos de 2º e 3º ciclo. O xoves 6 visitounos Manuel Solla... 
Cantas historias saen da súa maleta ! E que ben o pasamos! 

jueves, 6 de junio de 2013

VIAXE POLA RÍA

O luns as  rapazas  e rapaces de 6º  fixeron un recorrido en barco pola ría. O sol brillaba e  o mar estaba en calma. 
 Foi un día inesquecible!

domingo, 2 de junio de 2013

"ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO"

O pasado 24 de maio os nen@s de 5º e 6º asistiron a inauguración da exposición "ARTE LIBRE NUN MONTE LIMPO" na Senda da Auga. Partindo dunha iniciativa das Comunidades de Montes expóñense ao longo do camiño os debuxos de tod@s os alumn@s do colexio cos seus respectivos lemas e coa fin de concienciar a tod@s da importancia de coidar a natureza e os nosos montes. 
Unha exposición única nun enclave privilexiado!!!
Para ver o artigo no xornal preme aquí

lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS EN REBOREDA

Este curso a semana das letras galegas comezou cun pequeno teatriño dos nen@s de 5ºA e co tradicional izado de bandeiras e a interpretación do himno. 


Nas clases tod@s aprendemos moitas cousas de autor homenaxeado Roberto Vidal Bolaño (se premedes no nome iredes á páxina de recursos sobre este dramaturgo). 
Os máis pequenos do cole tiveron ocasión de asistir no multiusos aos títeres da compañía Babaluva e a súa obra "Lume" (preme no título para saber máis).
 E os rapaces e rapazas de primeiro contaron cunha contacontos de excepción a nosa orientadora Ángeles Pérez Espiña que lles presentou o seu libro "En Redondela vive..." e coa que pasaron un rato moi, moi especial. Grazas, Ángeles!


miércoles, 8 de mayo de 2013

O KAMISHIBAI CHEGA Á BIBLIOTECA

O Kamishibai é un teatriño tradicional xaponés que se usa para contar historias mediante unhas láminas ilustradas. E este curso chegou a Reboreda grazas ás profes de primeiro. As mestras fabricaron con madeira o teatriño e os nen@s de primeiro prepararon as láminas cos contos.  Os de 1º B eran contos tradicionais con finais abraiantes e o conto de 1º A  foi totalmente inventado polos nen@s demostrando o moito talento que teñen. 
Unha vez preparado todo invitáronnos ao espectáculo: os narradores ían contando o conto e mostrando os debuxos según ía sucedendo a historia. FOI UN ÉXITO!!!
Despois regalaron o Kamishibai cos seus contos para a biblioteca:
 Que contenta estaba Margarida! 
Agora temos o Kamishibai a disposición de tod@s: animádevos a preparar os vosos contos!

lunes, 29 de abril de 2013

PREMIOS DO CONCURSO DA REBORAINA 2013

CATEGORÍA A
1º PREMIO:
“A VIAXE POLAS NUBES”
Raquel Martínez Gallego 5º A
1º ACCÉSIT:
“TERRA PROHIBIDA”
Diego Muíños Míguez 4º B
2º ACCÉSIT:
“O TEMPO NON É UN XOGUETE”
Alejandro Figueroa Rodríguez 6º A 
3º ACCÉSIT:
“O PAÍS DAS FADAS”
Lidia Collazo Couñago 5º B
4º ACCÉSIT:
“LÚA E O MISTERIO DOS VAMPIROS DO DENTE DE CRISTAL”
Aroa Rodríguez Míguez 5º B

CATEGORÍA B
1º PREMIO:
“XOEL”
Uxía Martínez Lago 2º ESO (IES MENDIÑO)
1º ACCÉSIT:
“A LIBERDADE”
Miguel Rancaño Míguez 1º ESO (IES MENDIÑO)
2º ACCÉSIT:
“ONDE O DÍA É NOITE”
Inés Pérez Couñago 2º ESO (IES MENDIÑO)

jueves, 25 de abril de 2013

O NOSO DÍA DO LIBRO

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, MARGARIDA ABRIU A PORTA DA BIBLIOTECA E DEIXOU QUE OS LIBROS OCUPARAN TODOS E CADA UN DOS RECUNCHOS DO COLE. PASAMOS UN DÍA MOI ESPECIAL LENDO E RECITANDO AQUÍ E ALÁ!! A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA MOSTRA!!

domingo, 21 de abril de 2013

CO DÍA DA ÁRBORE... MARGARIDA PREGUNTA!!!!



Un ano máis, a Margarida, éntralle a curiosidade... Atopou esta imaxe na biblioteca e, con motivo do día da árbore quérevos propoñer unhas preguntas sobre este personaxe extraordinario que se atopa sentado debaixo da árbore.
                                                     Se queredes participar neste concurso, só tendes que contestar ás cuestións propostas por Margarida e metelas no buzón da biblio.
Para axudarvos, deixámosvos dúas pistas onde buscar:

  • Na biblioteca: Colección Sabelotod@s Editorial elrompecabezas





lunes, 15 de abril de 2013

CONTOS DO MEDIO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Concello de Redondela propóñense varias actividades coas que participamos sempre que podemos. A semana pasada, a empresa Faia, acudiu á clase dos Waters (5 anos) para realizar unha actividade de contacontos a través do medio natural, na que se fomenta a oralidade e o coñecemento do medio,  a diversidade e a igualdade, e se trata abondosamente o léxico galego específico do noso medio natural.


Aquí vos deixamos algunhas fotos desta sesión tan interesante e entretida!