lunes, 14 de abril de 2008

EXPOSICIÓN CONTOS ( 2 )

Aquí temos máis fotos das extraordinarias creacións que están a realizar os nosos alumnos e alumnas con axuda das súas familias.


viernes, 11 de abril de 2008

EXPOSICIÓN CONTOS ( 1 )

Impresionante a participación do alumnado e as súas familias na exposición que estamos a realizar con motivo do Mes do Libro. A idea era traer un conto entrañable, que significara moito para cada un e acompañalo dalgún elemento relacionado con este, elaborado coas propias mans e coa colaboración dos pais, nais, avós, avoas, tíos, tías,...
Dende os máis pequeniños de 3, 4 e 5 anos, pasando por toda primaria, ata algúns mestres, son incribles as obras de artesanía que se están a realizar, canta imaxinación e orixinalidade!. Tivemos que ampliar a mesa de exposicións, habilitar máis espazos, ...
Enhoraboa e moitas grazas a todas as familias participantes!!!!
Seguiremos poñendo máis fotos




miércoles, 9 de abril de 2008

ABRIL: MES DOS LIBROS

Dende o 2 de Abril, Día do Libro Infantil, en honor ao nacemento de Hans Christiam Andersen, ata o 23 de Abril, Día Internacional do Libro, en honor a Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakerpeare, na Biblioteca estamos de noraboa, pois temos un motivo máis para celebrar e festexar ao redor da lectura.
Neste mes de Abril temos previstas moitas actividades:
Contanenos: Durante os recreos dos mércores e nalgunhas clases os nenos maiores contarán contos aos máis pequenos.
Encontros con contadores, autores e ilustradores.
Exposicións-murais: "Xogamos cos contos", na que recordamos aqueles contos máis entrañables da nosa infancia e xunto coa nosa familia elaboramos algún elemento relacionado co conto. Está a quedar chulísima, sodes uns artistas. A ver se temos sitio para todos.
Bueno e moitas cousas máis. Xa vos iremos contando.
Bo mes de Abril!!

Gústavos ler?

Por que razón?

Pasa a anotar a túa polo noso mural interactivo.

lunes, 7 de abril de 2008

CONTO VIAXEIRO

o fin de fomentar a lectoescritura e o uso das novas tecnoloxías en galego, dende o centro de educación infantil de O Con (Moaña), propoñían levar a cabo a elaboración dun conto viaxeiro. As titoras de Ed. Infantil do noso Centro, como non podía ser menos aceptaron o reto, como outros sete coles, en total 9 centros. Non hai moito que chegou ata nós, e debaixo destas liñas amosamosvos algúns dos traballos que levaron a cabo na súa realización.
Esperamos polo resultado final!!!




Atentos á páxina que acaban de inaugurar os máis peques onde vades poder ver todo o que fan nas súas clases:

http://pequesreboreda.wordpress.com/

sábado, 5 de abril de 2008

ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como seguro que sabedes estamos dentro do plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE)). Fomos seleccionados no seu momento e cada ano a asesoría de Bibliotecas invítanos a participar nuns encontros coas outras bibliotecas do PLAMBE de toda Galicia. Este ano realizáronse os días 3 e 4 de Abril en Sanxenxo, dúas xornadas intensas, cheas de coñecementos, detalles, ponencias, intercambios, obradoiros,...

Este ano tivemos a sorte de ter con nos como outros anos, a grandes profesionais do mundo da literatura, das bibliotecas, das novas tecnoloxías,... De distintos lugares de España e incluso de Portugal. Tivemos connosco a : José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.

Dous días moi interesantes nos que recollemos grandes e pequenas ideas para seguir a traballar na nosa biblioteca. Unha gran idea eso de compartir cos demáis. Grazas!!!

lunes, 31 de marzo de 2008

VISITA AO CASTELO DE VILASOBROSO

O ciclo de Educación Infantil do colexio Santo Paio de Abaixo de Reboreda está a desenvolver un proxecto chamado “Os castelos”. Este proxecto iniciouse no mes de outubro e vai durar ata final de curso.
Os nenos/as están aprendendo milleiros de cousas relacionadas coa vida medieval: os diferentes tipos de castelos, os habitantes do castelos, os animais máxicos... Para o que fan constantes visitas á biblioteca en busca de libros e outros materiais que falen de castelos.
Unha vez que tivemos coñecementos abondo sobre os castelos decidimos ir visitar un auténtico castelo medieval, así que vestimos os nosos traxes de damas e cabaleiros e fomos de visita ao Castelo de Vilasobroso.
Entramos pola ponte elevadiza. Decepciounos un pouco que o foso nin tivese auga nin dragón.Unha vez dentro fomos a unha sala onde nos falaron dos diferentes traxes tradicionais doutras épocas.Gustáronnos moitísmo e estivemos moi atentos á explicación.
Nembargantes o que máis nos gustou foi andar as nosas anchas polo castelo adiante. Puidemos visitar a torre da Homenaxe, vixiar dende as garitas como auténticos cabaleiros e ata agarimarnos nas namoradeiras.
Encantounos ir ao castelo e ver cos nosos ollos aquilo do que levamos meses falando.




XA SABEMOS LER

Os nenos/as de 5 anos estamos aprendendo a ler. Gústannos moito os contos por iso todos os venres imos á biblioteca e escollemos un conto para levalo para casa. O luns, despois de falar un pouco sobre o fin de semana, un de nós conta o seu conto.
Despois imos para a mesa e cubrimos a ficha da biblioteca. Alí poñemos o título do noso conto, debuxamos o que máis nos gustou e despois contestamos a unhas preguntas moi sinxelas.
Xa somos uns espertos facendo a ficha da biblioteca e facémola sós.
Ademais, na nosa clase temos unha biblioteca chea de libros, de monicreques e dos nosos libros de creación propia. Temos un libro viaxeiro que fixemos no outono recollendo receitas de castañas, tamén temos un conto dun pirata que fixemos con outros coles e contos que facemos nós na casa e traemos para a biblio.
Pero na nosa biblioteca non só lemos, tamén escribimos e pintamos nos nosos cadernos da hora de ler. Cada un ten o seu e pode facer nel o que lle apeteza.
E así, pouco a pouco, xogando, imitando, traballando, e, por riba de todo, divertíndonos imos aprendendo a ler.


martes, 18 de marzo de 2008

VISITA ÁS ILLAS CÍES

Previo á visita ás Illas Cíes, os nenos e nenas de 5º Curso de Primaria, traballaron arreo para coñecer a fondo as illas. Margarida, a nosa mascota serviulles de guía.



O próximo xoves día 10 de Abril visitarán as illas, esperamos que nos conten como foi a experiencia.

ILUSTRANDO CONTOS

Como auténticos ilustradores e ilustradoras, os nenos e nenas de 1º xunto coa súa titora fixeron este magnífico traballo adaptando o conto, "O Pirata Pata de Lata".

viernes, 14 de marzo de 2008

SPIDERWICK

Aproveitando que nos vamos de vacacións unha semaniña, aproveitade para xogar moito e... estudar algo, e si podedes ahí vos vai unha recomendación para o cine: "Las crónicas de Spiderwick", que aínda que todavía non a vimos, pois a estrea era hoxe venres día 14 de Marzo, xa lemos algún dos 5 volumes da serie de libros, que poderedes atopar na Biblio, e ... Promete.

BOAS VACACIÓNS!!!!


miércoles, 5 de marzo de 2008

10 MULLERES DE CINE NO SÉCULO XXI

O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.

Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.
Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.
Claro que hai cousas que non cambian e os violentos inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en Te doy mis ojos.

Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.








MARUJA MALLO: A GRAN TRANSGRESORA DO 27

Poucos saben que a soberbia triloxía formada por Lorca, Buñuel e Dalí, de sobra coñecida por todos, foi en realidade un cuarteto. Quen era esa cuarta figura, estrañamente silenciada pola historia? Por que foi relegado ao esquecemento o seu nome? Maruja Mallo, nacida en Viveiro no 1902, foi sen lugar a dúbidas, unha pintora xenial, á que unha suma de adversidades históricas e prexuízos sociais negaron de xeito insólito o recoñecemento que merece.

Consulta a súa biografía nos enlaces que aparecen abaixo, quedarás abraiado.






Para saber máis:
Biografía en Cultura galega feita pola catedrática de historia da arte contemporánea Mª Luisa Sobrino
Biografía en Wikipedia
En Ciudad de Mujeres
Entrevisa a J.L. Ferris autor da última monografía editada sobre M. Mallo


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.