viernes, 11 de abril de 2008

EXPOSICIÓN CONTOS ( 1 )

Impresionante a participación do alumnado e as súas familias na exposición que estamos a realizar con motivo do Mes do Libro. A idea era traer un conto entrañable, que significara moito para cada un e acompañalo dalgún elemento relacionado con este, elaborado coas propias mans e coa colaboración dos pais, nais, avós, avoas, tíos, tías,...
Dende os máis pequeniños de 3, 4 e 5 anos, pasando por toda primaria, ata algúns mestres, son incribles as obras de artesanía que se están a realizar, canta imaxinación e orixinalidade!. Tivemos que ampliar a mesa de exposicións, habilitar máis espazos, ...
Enhoraboa e moitas grazas a todas as familias participantes!!!!
Seguiremos poñendo máis fotos




4 comentarios:

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns a todos os que fixéchedes posible unha experiencia tan preciosa.
Cantas obras de arte!!!
Merlín, a casiña dos cerdiños, o zapato de Cenicienta, os leóns.... todas magníficas.
Apertas dende Fene

biblioblogreboreda dijo...

Dende o cole dámosvos as grazas polas vosas visitas e os vosos comentarios.

samu e ana dijo...

As manualidades son moi bonitas se ve que traballaron moito e digo que som bonitas.�por que mi manualdad esta rota?.

Adrian e Lucas. dijo...

Me gustou a exposicion porque e moi realista e porque era moi chula.