lunes, 24 de febrero de 2014

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe, 24 de febreiro de 2014, a Asociación de Escritores en Lingua Galega convidounos a toda a sociedade galega, e especialmente á comunidade escolar, a unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro, co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios. Ao igual que o curso pasado, neste día, o CEIP Santo Paio uniuse a esta iniciativa e, ademáis de pintar un verso e una imaxe de Rosalía no patio, fixemos un mural colectivo do que próximamente poderedes ver o resultado.

No hay comentarios: