Durante esta semana, unímonos un ano máis á iniciativa
"Unha semaniña enteira" promovida polo @snlredondela .
Unha iniciativa que naceu para fomentar o uso do galego en todos os ámbitos, comezando dende a nosa rapazada, para que descubran que é unha lingua que non só os conecta coas súas raíces, senón que ademáis pode abrirlles un mundo de posibilidades culturais e laborais.
O reto que se propón é unha semana enteira falando galego, co cal mellorarán a fluidez, o gusto por falalo e animaranse a seguir facéndoo no futuro.
Así ,a semana comezou, co gaio do Día de Rosalía, cantando "Alborada" todos xuntos, acompañados á gaita pola profe Isa.
Na entrada do noso colexio, unha selección de libros en galego coa temática do mar, tema do noso proxecto durante este curso, animábaos non só a falalo senón tamén a lelo.
Ese mismo día, a compañía de teatro @axaneladomaxin coa obra “Dende Rosalía”, fíxonos, axudada por unha píntega moi curiosa, un percorrido pola vida e obras de Rosalía de Castro, ademais de autoras destacadas como Xela Arias ou as Cantareiras.
O mércores , esta vez dentro da programación do @concelloredondela ,a través do @snlredondela , o alumnado de segundo participou xunto cos membros do obradoiro de estimulación creativa de @afaga.alzheimer , nun encontro interxeracional , no que conversamos , cantamos, recitamos e creamos xuntos a través, novamente, da figura de Rosalía. Pasar tempo cos nosos maiores encheunos o corazón de felicidade.
E, para rematar, despois dunha semana mergullándonos no vocabulario do mar en galego, hoxe compartimos con todos os compañeiros o que aprendemos: lendas do mar, tesouros que traen as mareas, historias de piratas, peixes, moluscos, artes de pesca ...e unha morea de cousas máis que puxeron a guinda a esta "semaniña enteira".
Antes de marchar para casa ,cada un dos nosos nenos e nenas recibiu unha chapa de Rosalía, que nos fará lembrar que esta semana é soamente o comezo.
Como concluía hoxe unha das exposicións..."e con esta saca chea de palabras que son os tesouros da nosa lingua " rematamos.
Reto conseguido💙🌊
viernes, 27 de febrero de 2026
UNHA SEMANANIÑA ENTEIRA
lunes, 23 de febrero de 2026
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe celebramos o #díadeRosalía con música, coa alborada, cantando tod@s xunt@s no patio. Como sempre, coa profe Isa á cabeza. Tamén demos comezo á #semaniñaenteira en colaboración co EDLG do concello de Redondela.
jueves, 19 de febrero de 2026
A CREBEIRA MARABILLAS
Unha das lecturas máis importantes para o alumnado de segundo ,durante este curso adicado ao mar, foi "A crebeira Marabillas" .
Pero...que é unha crebeira?
" A crebeira é unha camiñante, como unha maga entre as mareas, que percorre o litoral buscando obxectos de valor tras o caos que deixa o temporal"
E esa " maga " chamada Marabillas levounos entre tesouros, aneis perdidos, colares atopados , botas dereitas dunha cor e esquerdas doutra, desde unha praia do litoral galego ata a costa irlandesa.
Despois da lectura, o mesmo que Marabillas encheu o seu saco de obxectos, eles encheron a súa de palabras, palabras que trae a marea 💙.
Grazas por esta viaxe ,
@olaiasendon
#biblioblogreboreda #acrebeiramarabillas #beescolaresgal #oquenostraiaamarea
@edicionsxeraisdegalicia
miércoles, 11 de febrero de 2026
SAÍDAS: MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Que mellor xeito de celebrar este día que aprender acompañados da.Jane Goodall` de Santiago. Menuda sorte tivemos. #quintoreboreda,#saidas, #diadamullereanenanaciencia
martes, 10 de febrero de 2026
ESCOLAS AZUIS: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Maña 11 de febreiro conmemorarse o Día Da Muller e a Nena na ciencia. Os quintos e sextos tivemos a inmensa sorte de participar no obradoiro Aquamission organizado polo CIM onde, da man dunhas fantásticas investigadoras e investigadores, descubrimos unha chea de cousas sobre a acuicultura.
Moitas grazas a Marta Crespo polo contacto e toda a axuda coas xestión. Foi unha xornada fantástica.#pdioquenostraeamarea, #ciencias, #diadamullereanenanaciencia, #CIM
lunes, 9 de febrero de 2026
CONCURSO DA REBORAINA
Un ano máis xa está aquí o noso concurso de relato da Reboraina. Ada, alumna de cuarto foi a gañadora do debuxo para a elaboración do cartaz.
Esperamos con ansia os vosos relatos!!!
jueves, 29 de enero de 2026
ALFABETIZACIÓN OCEÁNICA
🐚En Xaneiro , grazas a actividade de Alfabetización oceánica levada a cabo polo CIM, tivemos a visita de Begoña e Marta. A través dunha serie de obradoiros prácticos , mostraron ao alumnado o papel esencial do océano na nosa vida, a súa influencia nos ecosistemas e nos seres humanos, a necesidade da súa exploración e conservación, así como a responsabilidade da sociedade no seu coidado.
A través de actividades manipulativas para fomentar a aprendizaxe experiencial, achegáronnos a conceptos clave como a biodiversidade mariña, as correntes oceánicas, a salinidade ou o impacto do cambio climático nos ecosistemas mariños.Estamos profundamente agradecid@s por esta experiencia, que nos axuda a coñecer, amar e respetar o noso mar.
viernes, 9 de enero de 2026
PLEA
Este año todo o cole estamos formándonos para mellorar a comprensión lectora do noso alumnado. Acabamos de comezar pero apetécenos ir probando cousas. A semana pasada os quintos fixemos literatura policial e foi moi, moi interesante. #quintoreboreda, #PLEA, #comprensiónlectora, #PFPP
viernes, 19 de diciembre de 2025
ZOOTROPOLIS 2
Xa estamos rematando o trimestre, e onte todo o cole nos achegamos ao cine @cineyelmo a ver o peliculón de Zootrópolis 2. Encantounos e estivemos do máis relaxado.
#ceipplurilingüereboreda
martes, 16 de diciembre de 2025
ACHÉGASE O NADAL
En quinto estamos programando con Scratch. Inda non temos o resultado definitivo pero estes días conseguimos programar neve.
#quintoreboreda, #edudixital, #poloscreativos, #edixgal, #robotica, #scratch, #aprenderprogramandomartes, 9 de diciembre de 2025
PLENO INFANTIL
Hoxe tivemos a fortuna de poder participar nun pleno do Concello! Unha vez ao ano organízase un pleno infantil e desta volta recaeu en nós a responsabilidade de representar ao noso centro.
Deixámosvos o enlace para poder ver a gravación.https://www.redondelaberta.gal/videodetail/956
martes, 2 de diciembre de 2025
25 DE NOVEMBRO NO MAR REALIDADES QUE CONTAR
No noso centro celebramos o #25denovembro de maneira especial. Este ano, aproveitando o PDI e formando parte da rede de Escolas Azuis, decidimos afondar na relación das nosas familias co mar.
Para iso, enviamos enquisas ás casas e, a través dos datos recollidos, analizamos as condicións das mulleres que se adican ao mar, as súas experiencias e os retos que afrontan na súa vida laboral e persoal.
Cada aula, desde Infantil ata Primaria, traballou sobre os datos e plasmou as súas reflexións nun mural colectivo. Despois, unha parella de alumnos e alumnas de cada clase presentaron as súas conclusóns no salón de actos, compartindo co resto do centro o importante traballo realizado.
Coa nosa actividade, quixemos destacar a importancia de sensibilizar sobre a violencia de xénero, especialmente no contexto do mar, onde as mulleres, a miúdo invisibilizadas, xogaron e xogan un papel fundamental.
#proxectooquenostraeamarea #ceipReboreda












