Mostrando entradas con la etiqueta PDI O QUE NOS TRAE A MAREA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI O QUE NOS TRAE A MAREA. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de diciembre de 2025

25 DE NOVEMBRO NO MAR REALIDADES QUE CONTAR

No noso centro celebramos o #25denovembro de maneira especial. Este ano, aproveitando o PDI e formando parte da rede de Escolas Azuis, decidimos afondar na relación das nosas familias co mar.


Para iso, enviamos enquisas ás casas e, a través dos datos recollidos, analizamos as condicións das mulleres que se adican ao mar, as súas experiencias e os retos que afrontan na súa vida laboral e persoal.

Cada aula, desde Infantil ata Primaria, traballou sobre os datos e plasmou as súas reflexións nun mural colectivo. Despois, unha parella de alumnos e alumnas de cada clase presentaron as súas conclusóns no salón de actos, compartindo co resto do centro o importante traballo realizado.

Coa nosa actividade, quixemos destacar a importancia de sensibilizar sobre a violencia de xénero, especialmente no contexto do mar, onde as mulleres, a miúdo invisibilizadas, xogaron e xogan un papel fundamental.

#proxectooquenostraeamarea #ceipReboreda





viernes, 17 de octubre de 2025

A PRAIA DE CESANTES

 Os quintos fixemos o noso primeiro traballo de equipo sobre o ecosistema da Praia de Cesantes. Foron días intensos de traballo pero pagaron a pena.

#quintoreboreda#pdioquenostraeamarea#ciencias#aprenderfacendo



lunes, 29 de septiembre de 2025

INICIO DO PDI: PROXECTO LIBERAE LIMPEZA NA PRAIA DE CESANTES

 Hoxe arrincamos o noso proxecto "O que trae a marea" visitando a praia de Cesantes. Cada aula fixo unha recollida de lixo como parte do proxecto Libera no que participamos este curso A. actividade tamén nos axudou a desenvolver a nosa concienciación medioambiental, obxectivo fundamental do proxecto @voznatura no que participamos.

Para saber máis sobre a praia participamos nun rastrexo organizado polo equipo do PDI do centro. Aprendemos moitísimo, desfrutamos coa contorna e, ademáis, pasámolo tan ben que se nos fixo curto.
Que pasada poder comezar un proxecto de centro así.
O noso cole mola, mola moitísimo!!!
Estamos desexando ver que outras cousas nos traerá a marea.
#quintoreboreda#proxectolibera#voznatura#pdioquenostraeamarea,#onosocolemola#aprenderfacendo