jueves, 29 de enero de 2026

ALFABETIZACIÓN OCEÁNICA

 🐚En Xaneiro , grazas a actividade de Alfabetización oceánica levada a cabo polo CIM, tivemos a visita de Begoña e Marta. A través dunha serie de obradoiros prácticos , mostraron ao alumnado o papel esencial do océano na nosa vida, a súa influencia nos ecosistemas e nos seres humanos, a necesidade da súa exploración e conservación, así como a responsabilidade da sociedade no seu coidado.

A través de actividades manipulativas para fomentar a aprendizaxe experiencial, achegáronnos a conceptos clave como a biodiversidade mariña, as correntes oceánicas, a salinidade ou o impacto do cambio climático nos ecosistemas mariños.
Estamos profundamente agradecid@s por esta experiencia, que nos axuda a coñecer, amar e respetar o noso mar.



viernes, 9 de enero de 2026

PLEA

 Este año todo o cole estamos formándonos para mellorar a comprensión lectora do noso alumnado. Acabamos de comezar pero apetécenos ir probando cousas. A semana pasada os quintos fixemos literatura policial e foi moi, moi interesante. #quintoreboreda#PLEA#comprensiónlectora#PFPP




viernes, 19 de diciembre de 2025

ZOOTROPOLIS 2

 Xa estamos rematando o trimestre, e onte todo o cole nos achegamos ao cine @cineyelmo a ver o peliculón de Zootrópolis 2. Encantounos e estivemos do máis relaxado.


#ceipplurilingüereboreda



martes, 16 de diciembre de 2025

ACHÉGASE O NADAL

 En quinto estamos programando con Scratch. Inda non temos o resultado definitivo pero estes días conseguimos programar neve.

#quintoreboreda#edudixital#poloscreativos#edixgal#robotica#scratch#aprenderprogramando



martes, 9 de diciembre de 2025

PLENO INFANTIL

 Hoxe tivemos a fortuna de poder participar nun pleno do Concello! Unha vez ao ano organízase un pleno infantil e desta volta recaeu en nós a responsabilidade de representar ao noso centro.

Deixámosvos o enlace para poder ver a gravación.

https://www.redondelaberta.gal/videodetail/956



martes, 2 de diciembre de 2025

25 DE NOVEMBRO NO MAR REALIDADES QUE CONTAR

No noso centro celebramos o #25denovembro de maneira especial. Este ano, aproveitando o PDI e formando parte da rede de Escolas Azuis, decidimos afondar na relación das nosas familias co mar.


Para iso, enviamos enquisas ás casas e, a través dos datos recollidos, analizamos as condicións das mulleres que se adican ao mar, as súas experiencias e os retos que afrontan na súa vida laboral e persoal.

Cada aula, desde Infantil ata Primaria, traballou sobre os datos e plasmou as súas reflexións nun mural colectivo. Despois, unha parella de alumnos e alumnas de cada clase presentaron as súas conclusóns no salón de actos, compartindo co resto do centro o importante traballo realizado.

Coa nosa actividade, quixemos destacar a importancia de sensibilizar sobre a violencia de xénero, especialmente no contexto do mar, onde as mulleres, a miúdo invisibilizadas, xogaron e xogan un papel fundamental.

#proxectooquenostraeamarea #ceipReboreda





domingo, 30 de noviembre de 2025

MUSEO DO MAR

 A finais do mes de novembro, o alumnado de primeiro ciclo visitou o @museodomardegalicia . Unha visita guiada e un obradoiro que nos achegaron a un mar que temos moi preto pero do que descoñecemos moitas cousas. E como para amar e protexer, primeiro hai que coñecer....que mellor visita que esta. 💙

#museodomar #oquenostraiaamarea



martes, 28 de octubre de 2025

SAMAÍN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 Polo Samaín e, grazas á colaboración das familias, os nosos corredores enchéronse de cabazas decoradas ,moitas delas inspiradas na temática do mar, proxecto deste curso no noso cole.

🎞️ Así tamén, como cada ano, participaron na realización das curtametraxes que visionamos todos xuntos.
📚Nesta ocasión, tamén os contos foron protagonistas .O alumnado colleu entradas para desfrutar ,por quendas , da narración de lendas sobre o mar , seres mitolóxicos, piratas ou barcos fantasmas...
🍩Pola súa banda, a anpa agasallou ao alumnado con rosquillas.
🎭 Para rematar a mañá, fixemos un gran desfile de disfraces e pechamos a celebración bailando.
👻Un de moita festa e pouco medo!



viernes, 17 de octubre de 2025

A PRAIA DE CESANTES

 Os quintos fixemos o noso primeiro traballo de equipo sobre o ecosistema da Praia de Cesantes. Foron días intensos de traballo pero pagaron a pena.

#quintoreboreda#pdioquenostraeamarea#ciencias#aprenderfacendo



martes, 30 de septiembre de 2025

ARTE E LITERATURA

 Na aula de 4º de Ed. Infantil comezamos a desfrutar da nósa chegada ao cole mesturando arte con literatura. Encántanos.



lunes, 29 de septiembre de 2025

INICIO DO PDI: PROXECTO LIBERAE LIMPEZA NA PRAIA DE CESANTES

 Hoxe arrincamos o noso proxecto "O que trae a marea" visitando a praia de Cesantes. Cada aula fixo unha recollida de lixo como parte do proxecto Libera no que participamos este curso A. actividade tamén nos axudou a desenvolver a nosa concienciación medioambiental, obxectivo fundamental do proxecto @voznatura no que participamos.

Para saber máis sobre a praia participamos nun rastrexo organizado polo equipo do PDI do centro. Aprendemos moitísimo, desfrutamos coa contorna e, ademáis, pasámolo tan ben que se nos fixo curto.
Que pasada poder comezar un proxecto de centro así.
O noso cole mola, mola moitísimo!!!
Estamos desexando ver que outras cousas nos traerá a marea.
#quintoreboreda#proxectolibera#voznatura#pdioquenostraeamarea,#onosocolemola#aprenderfacendo