Hoxe arrincamos o noso proxecto "O que trae a marea" visitando a praia de Cesantes. Cada aula fixo unha recollida de lixo como parte do proxecto Libera no que participamos este curso A. actividade tamén nos axudou a desenvolver a nosa concienciación medioambiental, obxectivo fundamental do proxecto @voznatura no que participamos.
Para saber máis sobre a praia participamos nun rastrexo organizado polo equipo do PDI do centro. Aprendemos moitísimo, desfrutamos coa contorna e, ademáis, pasámolo tan ben que se nos fixo curto.Que pasada poder comezar un proxecto de centro así.
O noso cole mola, mola moitísimo!!!
Estamos desexando ver que outras cousas nos traerá a marea.
#quintoreboreda, #proxectolibera, #voznatura, #pdioquenostraeamarea,#onosocolemola, #aprenderfacendo

No hay comentarios:
Publicar un comentario