miércoles, 28 de febrero de 2018

CELTA ZORKA EN REBOREDA

Este pasado xoves 22 de Febreiro viñeron ao noso cole - Ceip Santo Paio de Abaixo - a entrenadora e algunhas das xogadoras do equipo de baloncesto feminino R.C. Celta Zorka de Vigo.
Cristina(entrenadora), Patri, Anne, Minata e Paula falaron primeiro connosco e logo puxéronnos a traballar. Fixemos varios xogos de bote, tiro, ... para ao final xogar pequenos partidiños contra elas. Que palizas nos deron!

Ao rematar sortearon 2 camisetas do club e ademais regaláronnos entradas a todos para que fósemos o sábado a velas xogar. Algúns fomos, e pese a que animamos moito, non puideron gañar. Ao finalizar o partido firmáronnos as fotos que tamén nos deran o xoves.
Foi unha experiencia fantástica!
Gustounos moito traballar con elas. Pasámolo moi ben.
Ata a próxima!
Sorte na liga.
SEXTO A

miércoles, 24 de enero de 2018

OS ALUMNOS DE QUINTO VISITAN METEOGALICIA E A CIDADE DA CULTURA

O día 17 de xaneiro de 2018 fomos de excursión a Santiago. Ao chegar ao colexio había un autobús agardándonos para levarnos a Meteogalicia. Xa alí, nada máis chegar, merendamos e falamos. Ao acabar soltamos un globo sonda e, xusto despois, vimos ao noso guía que explicou un pouco que é o clima?, que é a metereoloxía? e máis preguntas relacionadas. Cando acabou, o guía levaounos xunto dun traballador que explicounos máis datos sobre o globo sonda e coma funcionaban e se usaban os aparellos metereolóxicos. Ao acabar collemos o bus que nos estaba esperando e fomos a Cidade da Cultura. Estivemos xogando antes de comer e despois da comida seguimos xogando ata a hora da visita. Despois de comer subímonos a unha cuberta que tiña un "tobogán" onde Miguel rompeu o pantalón. Cambiamos ao parque con forma de balea. Alí houbo moitos "accidentes" e caídas moi graciosas. Logo fomos a visita guiada a Cidade da Cultura onde nos explicaron cousas sobre o deseño da mesma. O que máis nos sorprendeu e que nos levaron a uns túneis subterráneos que estaban feitos para que foran os camións a descargar as súas mercadorías. Ao saír recollemos as nosas mochilas e cada un comprou unha cousa.
Brais 5º B


lunes, 15 de enero de 2018

ALBA E LAURA CONTACONTOS

Un ano máis os choquetes reciben a visita semanal de expertos contacontos do cole. Nesta ocasión foron Alba e Laura as que viñeron a visitarnos, cunha coñecida historia pero ao mesmo tempo orixinal. As dúas intérpretes fixeron una divertida adaptación do conto da toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza. Noraboa rapazas!!! Fixéstelo moi ben!!!

viernes, 12 de enero de 2018

MARÍA E PAULA CONTACONTOS POR UN DÍA

As contacontos de 5ºB, María e Paula, chegaron a nosa clase cargadiñas de historias para contarnos, unhas fábulas moi coñecidas e outras non tanto. A súa primeira sesión de narradoras estivo moi ben. Noraboa! Esperamos vervos moi pronto contándonos novas historias!

miércoles, 10 de enero de 2018

VISITA A ESCOLA HÍPICA DA MURALLA

Os pequesreboreda fixeron a primeira visita deste curso. Como estaban traballando os animais da contorna, neste trimestre, tiveron unha gran idea, visitar a escola de hípica: “A Muralla”, que está moi pretiño da escola. Alí subiron nos cabalos, visitaron as cuadras, descubriron cousas da súa fisonomía, dos seus hábitos,… ata puideron ver como lles cambiaban as ferraduras das pezuñas. Unha mañá moi intensa! 

lunes, 11 de diciembre de 2017

VISITA AO SCRIPTORIUM MEDIEVAL

O martes participamos nas actividades que organiza Normalización Lingüísitca do Concello para conmmemorar a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo. Así o conta o Faro de Vigo (clicade na imaxe): http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/11/15/ninos-aprenden-tecnica-codax/1785937.html O Multiusos da Xunqueira transformouse nun Scriptorium medieval e da man de Frai Bieito e da Abadesa Hende viaxamos a época medieval. Os rapaces de A e B estiveron moi atentos e concentrados nas explicacións, collendo notas para poder seguir superando as probas do Pergamiño Vindel que temos na aula. Para botarlles unha man aquí vos deixamos a información que estaba recollida nos paneis informativos.

Usádea con cabeza!!!

https://issuu.com/nivecaro/docs/lirica_20mediveal

 E, ademais, deixámosvos as fotos que resumen a nosa visita e o posterior traballo na aula.

lunes, 4 de diciembre de 2017

E CHEGOU O DÍA DE IR A GALICIENCIA

Despois de moitos preparativos dentro e fóra da escola, chegou o momento de ir a Galiciencia. Madrugamos un pouco, con algúns nervos e moita emoción puxemos rumbo a Ourense. Unha vez alí dividímonos en 2 equipos: os alumnos que ían para os stands e os alumnos que facían a visita. Estes últimos comezaron o día merendando. A partir das once non parou de vir xente a ver a exposición, incluidos os nosos compañeiros. As 12 o resto dos compañeiros foron a un taller de astronomía onde aprenderon unha chea de cousas. Foi unha xornada moi divertida!

jueves, 30 de noviembre de 2017

PREPARANDO A VISITA A GALICIENCIA

A visita a Galiciencia foise achegando e antes de ir tivemos que preparar algunhas cousas. 
As maquetas chegaron a aula a semana pasada. Unha vez visto o seu funcionamento e ultimado detalles comezamos a preparar a exposición oral por parellas. Cando as tivemos listas e consensuadas decidimos ir a biblioteca para facer un simulacro de stands. Montamos as maquetas en catro mesas e a todos os que se achegaban lles fomos contando o que tiñamos preparado. 
 
O mércores fomos a facer as presentacións a aula de 5ºB, o que nos serviu para practicar e correxir erros antes de visitar Galiciencia.

martes, 28 de noviembre de 2017

VISITA AO ZOO

O pasado venres día 10 de novembro os grupos de 1º, 2º e 3º fomos de excursión ao zoolóxico de Vigo. Pasamos unha mañá moi entretida e aprendimos moitas cousas grazas ás excelentes monitoras coas que contamos. Esperamos volver pronto!

EXCURSION ZOO from oscativosdareboraina on Vimeo.

martes, 21 de noviembre de 2017

Novo Biblioconcerto.

O próximo venres é o último de novembro, ou sexa que no recreo toca gozar dun Baño sonoro na aula de Psicomotriciade.
Esta vez @s artistas serán @s nen@s de 5ºA, e isto é máis ou menos o que escoitaredes.

ARRISCÁDESVOS A DICIR DE QUE PAISAXE SE TRATA?


NON VOLO PERDADES!!! 
ESPERÁMOSVOS

jueves, 16 de noviembre de 2017

APERTURA DA BIBLIOTECA COA LECTURA SILENCIOSA

A comezos de outubro, a biblioteca abríu as súas portas un curso máis. Por iso festexámolo facendo a lectura silenciosa dun xeito moi particular. Cada clase ocupaba un espazo diferente do cole, no seu interior ou polo patio, e adicábase a ler en silencio xunto coas outras aulas.

lunes, 13 de noviembre de 2017

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN 2

Deixámosvos a segunda parte dos contos de medo que lemos o día de Samaín.