Os pequesreboreda fixeron a primeira visita deste curso. Como estaban
traballando os animais da contorna, neste trimestre, tiveron unha gran
idea, visitar a escola de hípica: “A Muralla”, que está moi pretiño da
escola. Alí subiron nos cabalos, visitaron as cuadras, descubriron
cousas da súa fisonomía, dos seus hábitos,… ata puideron ver como lles
cambiaban as ferraduras das pezuñas. Unha mañá moi intensa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario