viernes, 29 de enero de 2016
martes, 26 de enero de 2016
OS CHOQUETES VISITAN A BIBLIOTECA
Despois do Nadal os choquetes comezaron a visitar a biblioteca de Margarida, una vez á semana. Nela poden ver libros diferentes, do mundo que me rodea, libros con sorpresa, libros para contar, libros para ver soíños,… e nos últimos minutos da sesión aproveitamos para facer unha sesión de contacontos. Queredes velos por este buratiño para ver como o fan? Pois poñédevos cómodos que isto vai comezar…
viernes, 22 de enero de 2016
Nós recomendamos...
Os rapaces e rapazas de 1º e 2º , comezamos o 2016 con ganas de sumerxirnos en novas aventuras. Éstas son as nosas recomendacións lectoras...
Lía de 1º .
Lía de 1º .
Eu recomendo " Que contan as ovellas para durmir" .
Gústame porque é en galego e é moi gracioso.
Sandra e Uxía de 2º.
Nós recomendamos " Querido Tolo" . É moi bonito,
conta a historia de dous cans que se enamoran.
Samuel de 2º.
Eu recomendo " A vella quenlla perde os dentes"
Gustoume este conto porque é dunha quenlla que come peixes.
Helena de 2º.
Eu recomendo " Mi primer Platero"
Recomendo este conto porque trata dun burro alegre.
Esperamos que vos gusten !
domingo, 10 de enero de 2016
BIBLIOCONCERTOS!!!
Este curso seguimos cos biblioconcertos.Un curso máis gozaremos coa música das nosas compañeiras e compañeiros. Nestes vídeos podedes ver os primeiros concertos. Parabéns e moitas grazas aos artistas por participar.
sábado, 19 de diciembre de 2015
MATEO E YERAI EN REBOREDA
Os pasados luns, 7 e 14 de Decembro, viñeron ao cole MATEO e YERAI, dous futbolistas profesionais redondeláns, antiguos alumnos do noso centro e que actualmente xogan na 1ª división finlandesa, no PK-35 Vantaa.
O primeiro día tivemos charla, fotos e vídeos, deles, dos seus equipos e de Finlandia. Ao final falamos con eles e fixémoslles moitas preguntas. Contáronnos cousas moi importantes sobre a súa vida, pero sobre todo fixéronnos entender a importancia do traballo en equipo, do compañeirismo, ... cousas que quedan para toda a vida. Estabamos todos entusiasmados.
O segundo día fixemos unha sesión práctica con xogos e toque de balón. Foi moi divertido. Gustounos moito a súa visita. Oxalá volten noutra ocasión!
GRAZAS POR TODO MATEO E YERAI!
MOITA SORTE NA LIGA!
Aquí vos deixamos dous enlaces por se queredes ver algúns momentos, accións e goles destos dous fantásticos xogadores:
Alumnos/as de 6ºA
Etiquetas:
educación física,
exalumnos,
fútbol,
terceiro ciclo,
visita
viernes, 18 de diciembre de 2015
BOAS FESTAS E MOI BOAS LECTURAS!
Margarida non quere acabar o ano sen desexarvos unhas boas festas a todos.
Aquí tedes algunhas recomendacións lectoras para estes días de descanso.
Etiquetas:
árbore,
felicitacións,
Recomendacións lectoras
jueves, 10 de diciembre de 2015
MERCADO DE OUTONO
Aproveitando a semana das froitas os peques fixemos un mercado de outono no que degustamos froitas e froitos do outono.
Ademais preparamos vídeos documentais con información sobre as froitas e os froitos que ensinamos a todo o cole. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do traballo feito.
miércoles, 9 de diciembre de 2015
XOGANDO COS RÍOS
Somos os nenos e nenas de 4ºA do cole e tamén vos queríamos facer una recomendación.
Traballando coas Ciencias estivemos aprendendo cousiñas relacionadas cos ríos de Reboreda, Redondela, Galicia, España, ... E descubrimos un xogo de mapas interactivos chulísimo. Resultounos moi divertido e interesante porque aprendes moitas cousas sobre a xeografía.
Animáte a xogar!
APRENDERÁS XOGANDO!
Aquí vos deixamos un enlace. Facede clic na imaxe.
viernes, 4 de diciembre de 2015
EU RECOMENDO...
Os nenos e nenas de 2ºA e 2º B , comezan a ter claro, cales son os seus libros favoritos.
Aquí van algunhas das súas recomendacións lectoras.
Clara
Eu recomendo "Zaira y los delfines" porque é un conto divertido, anímate moito!
Alba
Eu recomendo " Parella guai". Gustoume moito porque facían cousas da súa casa moi xuntiños e ían a mercar eles xuntos.
Mauro, Paula Alonso e Álvaro
Nós coincidimos, o libro que máis nos gusta é "Experimentos con la naturaleza".
Gústanos a natureza e os experimentos e é moi entretido e interesante.
Bruno
Eu recomendo " Hermano oso", gustoume moito porque un mozo convertiuse nun oso!
Disfrutade da lectura !
lunes, 30 de noviembre de 2015
Actividade na biblio: Dereitos humanos e dereitos da infancia
Mañá martes empezamos a derradeira actividade do taller de expresión escrita deste trimestre, que ten que ver co Día Internacional dos Dereitos da infancia celebrado o pasado 20 de novembro. Teredes unhas tarxetas na biblio relacionadas cos 10 dereitos básicos dos nenos e nenas con algunha preguntiña que contestar ou outro tipo de actividade relacionada con cada dereito.
Tamén poderedes acceder a un xogo relacionado cos Dereitos Humanos, tanto desde os ordenadores da biblio como desde as vosas casas. Só tedes que premer na imaxe. A que esperades?
Etiquetas:
actividades,
conmemoracións,
recursos,
taller expresion escrita,
xogos online
jueves, 26 de noviembre de 2015
LIBRO LIM DOS FROITOS E FROITAS DE OUTONO
Os peques de infantil levamos todo o mes traballando coas froitas e froitos de outono e para compilar todo o noso traballo preparamos este xogo Lim onde podedes xogar e ver cantas cousas sabedes dos alimentos do outono.
Animádevos e xogade un pouco, so tedes que xogar na imaxe.
viernes, 20 de noviembre de 2015
NÓS RECOMENDAMOS...
Os nenos e nenas do 3º ciclo gozamos, rimos, imaxinamos, soñamos....cos seguintes libros.
Atención que viene ¡Don Otoño! de Gabi Segura
5º B RECOMENDA.....
Ás de mosca para Anxo de Fina Casalderrey
6º A RECOMENDA....
Vero y los piratas de la Malasia de Carlos Puerto
Vero y los piratas de la Malasia de Carlos Puerto
6º B RECOMENDA....
Diario de Greg 10. Vieja escuela

TAMÉN RECOMENDAMOS QUE BUSQUEDES ESTE FERMOSOS LIBRO NA BIBLIOTECA ...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














