martes, 9 de enero de 2024

Así arrincaron os sextos este segundo trimestre, unindo o universo do cómic coa diversidade corporal. Hoxe tivemos a primeira sesión, mañá e o mércores seguiremos avanzando neste tema, xa vos iremos contando!



lunes, 4 de diciembre de 2023

CHEGA O NADAL

 Nos talleres da Biblio aproveitase todo, ata os libros de expurgo para hacer adornos de Nadal.



lunes, 27 de noviembre de 2023

25 NOVEMBRO

Este ano, quinto e terceiro unímonos para facer o mural do 25 N que vimos nas contas de @diveraprender e @maestrayolanda e que nos encantou.

Todo o cole, dentro do PDI xogamos no patio con material diverso e comprobamos que o fútbol segue sendo cousa de rapaces así que aproveitamos para falar de como usamos o espazo rapaces e rapazas, como e a que xogamos e que podemos facer para cambiar as cousas. E o xogo levounos a falar da selección femenina e do que aconteceu co mundial.
Cando vimos este mural pareceunos que encaixaba perfectamente coa nosa temática e aquí esta a nosa versión.



martes, 21 de noviembre de 2023

OBRADOIROS NOS RECREOS

Hoxe comeza a nosa ludoteca para os días de chuvia xestionada polos nosos bibliotecarios.

Mentres na Biblio hoxe tocou xadrez e, por suposto, lectura.



viernes, 17 de noviembre de 2023

MAGOSTO

Hoxe, por fin, o tempo permitiunos festexar o tan esperado Magosto. Comimos castañas sentados xuntos, xogamos, cantamos, pintamos as cariñas coas cinzas e disfrutamos da calor do sol. Foi un día moi fermoso do que compartimos por aquí un anaquiño. 🌰🌰🌰




viernes, 10 de noviembre de 2023

AMPLIANDO ESPAZO

A Biblio quèdase pequena así que estamos aproveitando o corredor para ampliar espazo.

Fantástico traballo hoxe das/os bibliotecarias/os que se encargaron de todo.




miércoles, 8 de noviembre de 2023

XADREZ NA BIBLIO

A nosa biblio xa está aberta e seguindo a estela do PDI, os recreos veñen con novidades.

Os mércores teremos cursos de xadrez con alumnos que nos ensinaran a xogar ou mellorando a nosa técnica coas tablets.
Hoxe foi a primeira xornada e o èxito foi absoluto.



jueves, 2 de noviembre de 2023

ASÍ FOI O NOSO SAMAÍN

 Onte vivimos unha celebración diferente da víspera do Día de Todos os Santos. Seguindo as fermosas tradicións de lembranza e celebración da cultura mexicana, fixemos entre todos un altar alegre e cheo de cor . Para iso organizamos uns obradoiros nos que o alumnado podía facer papel picado, flores de papel, máscaras, grilandas, marionetas, portacandeas,unha alfombra de sal...Unha vez rematados enchemos o altar coas súas creación e sentamos ao redor para escoitar xuntos

" Recuérdame" . Un día para lembrar e festexar.



martes, 31 de octubre de 2023

OS PROFES TAMÉN DAN MEDO...

Hoxe celebramos o V FESTIVAL DE CURTAS DE SAMAÍN no cole! Por quinto ano consecutivo esta sesión de cine, tan especial, temos que agradecérvola a todas as familias que colaborades nas actividades que propoñemos dende o centro! Este ano, os profes, quixemos aportar tamén a nosa curta de terror!

Premede na imaxe!!!



lunes, 30 de octubre de 2023

FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

 Un ano máis xa podedes participar no Festival de Curtas de Medo.


E ademais...





viernes, 27 de octubre de 2023

RE-IDEANDO

 


Este vai ser un gran curso.
O noso PDI está centrado no noso cole. Queremos redeseñalo a partir das ideas de todos.
Hoxe nos xuntamos no salón de actos para falar dos nos patios. Analizamos o que temos, falamos do que queremos e profundamos en como conseguilo.
Un día estupendo onde todas as aulas compartiron ideas fantásticas que estamos desexando poñer en marcha.
Estade atentos porque veñen cambios. 



miércoles, 25 de octubre de 2023

RE-INICIANDO

Este ano arrancamos cun PDI moi emocionante onde o centro de todo é o noso propio cole. Un proxecto para Re-deseñar, Re-definir, Re-pensar, Re-facer, Re-ordenar... Reboreda.

A nosa biblio arranca con Escape Room moi máxico neste curso tan ilusionante. Unha chea de probas inspiradas nun dos nosos libros favoritos: Harry Potter.

Estades listos para a aventura?

Coincidindo co Día das bibliotecas e para celebrar a tan esperada reapertura da nosa , fixemos unha actividade que sempre é un éxito co noso alumnado: un escape room 🔐.
Durante un par de semanas todo o alumnado de primaria tivo que buscar o xeito de saír da biblioteca superando unha serie de retos nos que tiñan que mostrar os seus coñecementos sobre maxia e bibliotecas...unha boa mezcla porque de maxia as bibliotecas están cheas ✨📚🪄.
Spoiler: conseguiron saír todos 👏👏👏.