Como veñen facendo nos últimos anos o CBR conta con nós para prácticar o deporte do baloncesto. Os pasados 14, 15 e 16 de outubro estivo no centro, Rosa, entrenadora do club, que fixo que o pasaramos xenial facendo xogos nos que todos disfrutamos deste fermoso deporte.
Para celebrar o Samaín, dende o equipo de Biblioteca e Normalización Lingüísitca organizamos o primeiro festival de curtas de medo do CEIP REBOREDA.
As curtas que nos chegaron foron estupendas e descubrimos que estamos rodeados de verdadeiros artistas.
Imos ir publicando as curtas para que poidades desfrutades delas unha e outra vez.
Comezamos cos tres que máis nos gustaron:
Celebramos o Día das bibliotecas abrindo as nosas dúas bibliotecas, a que xa tiñamos e o novo espazo para educación infantil e primeiro ciclo.
Aproveitando a celebración deste día, o alumnado de primeiro, que comeza este curso a usar a biblioteca de xeito autónomo fixo unha visita guiada as dúas bibliotecas e ademais fixóselles a entrega dos carnets de usuario.
Tamén tiveron visitas guiadas os alumn@s de segundo para coñecer o novo espazo.
E, por suposto, no recreo deu comezo o servizo de préstamo!
Un ano máis xa estamos a pleno rendemento.
A biblioteca non abre ata o 24 de outubro pero no cole este curso está cheo de novidades.
TALLERES INTERNIVEIS
Os venres son un día moi especial para nos. A terceira hora deixanos as nosas aulas habituais para aprender dun xeito máis lúdico e activo. Temos organizados dez equipos co alumnado de todo o centro. En cada equipo hai alumn@s dende 3 anos ata os 12.
Así mesmo temos 10 talleres nos distintos espazos do centro: XOGAMOS, COSE QUE TE COSE, UNHA DO DEREITO E UNHA DOS REVÉS, ADORNOS CON MATERIAL DE REFUGALLO, FÍOS, EMOCIÓNS, EXPRESIÓN CORPORAL, LUZ NEGRA, CONSTRUCCIÓNS...
Cando soa a música o alumnado distribúese polos talleres que lle corresponden esa semana, de xeito que, cada venres, cada equipo vai a un taller distinto e, ao rematar o trimestre, todos terán pasado por todos os talleres.
Así mesmo o alumnado de sexto encárgase de coller ao alumnado de infantil, levalo ao taller e devolvelo a aula ao remate das mesmas.
É un xeito de aprender fóra do espazo estructurado, de compartir saberes con alumn@s distintos ao grupo clase, de que os maiores titoricen a os pequenos, de facer intercambios con outras idades e, sobre todo, aprender a aprender facendo.