| Create a digital slideshow |
sábado, 26 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO NO COLE DE REBOREDA 23-4-14
Este ano tivemos unha celebración moi especial polo día do libro. Comezamos a mañá cunha pequena homenaxe aos grandes escritores españois, do mundo e, como non, de Galicia e de Redondela. Foi un acto sinxelo pero moi especial.
Na hora de ler, quixemos facer unha lectura diferente e nuns espazos diferentes, polo que sacamos os libros aos corredores e todos xuntos gozamos dunha sesión lectora moi particular.
lunes, 14 de abril de 2014
COCIÑANDO CONTOS NO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
Os peques de Reboreda asistiron entusiasmados ao salón do libro de Pontevedra. Visitaron as instalación e xogaron coas palabras, inventaron historias de cociña e ata deixaron viaxar a imaxinación por diferentes cociñas, a través dos traballos realizados por moitos coles de Pontevedra. Pasámolo xenial e como remate asistimos ao contacontos de “A pota que trota”.
Agora vos deixamos imaxes deses bonitos momentos, estade atentos ás cariñas dos sapiens e dos cocoricos A porque estaban para comelos!!!
E así foi a sesión de contacontos...
Agora vos deixamos imaxes deses bonitos momentos, estade atentos ás cariñas dos sapiens e dos cocoricos A porque estaban para comelos!!!
E así foi a sesión de contacontos...
lunes, 31 de marzo de 2014
APRENDE A BUSCAR NA REDE
Preme na imaxe e atoparás interesantes consellos para buscar información en internet.
jueves, 27 de marzo de 2014
UNS VERSOS DE ROSALÍA
Aquí está o resultado final do noso traballa sobre a vida e obra de Rosalía de Castro. Esperamos que co traballo de cada grupo, todos aprendamos un pouco máis a cerca da vida da nosa poeta
unsversosrosalianos from biblioblogreboreda on Vimeo.
unsversosrosalianos from biblioblogreboreda on Vimeo.
martes, 18 de marzo de 2014
Excursión a Meirande e a IIIa de San Simón
O pasado xoves coñecimos de cerca a batalla de Rande: galeóns, artillería, mapas...para finalizar a experiencia visitamos a Illa de San Simón, onde aprendimos moito sobre a súa historia
martes, 11 de marzo de 2014
PARECE UNHA ROSA
Ao longo destes días estivemos traballando a figura de Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento. Realizamos un mural colectivo no que representamos a súa vida e a súa obra. O primeiro ciclo traballou algúns dos seus poemas. Ollade a estes nenos e nenas o ben que recitan!
lunes, 10 de marzo de 2014
PARECE UNHA ROSA
Ao longo destes días estivemos traballando a figura de Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento. Realizamos un mural colectivo no que representamos a súa vida e a súa obra. O primeiro ciclo traballou algúns dos seus poemas. Ollade a estes nenos e nenas o ben que recitan!
lunes, 24 de febrero de 2014
O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe, 24 de febreiro de 2014, a Asociación de Escritores en Lingua Galega convidounos a toda a sociedade galega, e especialmente á comunidade escolar, a unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro, co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
Ao igual que o curso pasado, neste día, o CEIP Santo Paio uniuse a esta iniciativa e, ademáis de pintar un verso e una imaxe de Rosalía no patio, fixemos un mural colectivo do que próximamente poderedes ver o resultado.
Etiquetas:
artes,
biblio,
bibliografía,
biblioteca,
dinamización,
letras,
poemas,
Rosaía de Castro,
Rosalía
RECURSOS PARA O ENTROIDO
Dende o equipo de infantil queremos compartir con todos vos este symbaloo cheo de recursos para traballar o entroido. Podedes atopar xogos, actividades e moito máis.
BO ENTROIDO PARA TODOS!!
https://www.symbaloo.com/mix/recursosentroido?searched=true
ESCOLLEMOS O CARTEL E LEMA PARA A REBORAINA 2014
viernes, 21 de febrero de 2014
domingo, 16 de febrero de 2014
BALONCESTO EN SILLA DE RODAS
Este pasado luns 10 de febreiro visitounos o Club de Baloncesto en silla de rodas AMFIV de Vigo. Catro dos seus xogadores: Agustín, Filipe, Txema e Nick, traballaron con nós, en equipos, distintas formas de desplazarse polo campo e tirar a canasta e incluso tivemos a oportunidade de xogar algún partido. Foi moi divertido, aínda que tamén bastante difícil moverse nas sillas. Ao día seguinte todo eran maniotas!.
Se queredes coñecer máis (plantilla, historia, clasificacións, curiosidades,...) sobre este club de Baloncesto visitade a súa páxina:
Etiquetas:
amfiv,
anpa,
baloncesto,
educación física,
sillas de rodas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

