A temática do obradoiro "Xoga un conto" do primeiro trimestre era o amor polo mar. Así , dous fermosos álbumes ilustrados abrían e pechaban a sesión .
O primeiro "Un día no mar" escrito por @paulacarbonellpenichet e ilustrado por @marjoriepourchet , nos adentra a través do seu texto rimado nunha fábula onírica sobre o coidado do mar. Unha nena que pasa un día na praia xunto á súa nai, unha serea cautiva que lle pide axuda a través de mensaxes nunha botella e un relato de imaxinación e amor polo océano.
Para pechar o obradoiro, "Non teñas medo cangrexiña" de @chrishaughton ,un libro que explora con humor como vencer os medos e ser valente a través do primeiro día dunha cangrexita no fondo do océano.
Dous álbumes moi distintos pero cunha temática común, o amor polo océano 🌊 🪸.
Despois de mergullarnos no mar a través da lectura , levamos a cabo tres actividades:
🐟 Na primeira elaborabamos banderíns estampando con selos de letras e animais mariños, xogando coa palabra AMAR en dúas cores simbolizando 'amar o mar'.
🧜♀️ Na segunda recreabamos o movemento das sereas a través de siluetas de papel e ceras, utilizando a técnica da frotaxe.
🐙 E unha terceira, de expresión libre, recreando o fondo mariño con pezas soltas.
Un obradoiro que encheu os primeiros venres do curso de lendas, cor e amor polo océano.🐚
#biblioblogreboreda #obradoirodosvenres #bescolaresgal #oquenostraeamarea

No hay comentarios:
Publicar un comentario