Xa estamos rematando o trimestre, e onte todo o cole nos achegamos ao cine @cineyelmo a ver o peliculón de Zootrópolis 2. Encantounos e estivemos do máis relaxado.
#ceipplurilingüereboreda
Xa estamos rematando o trimestre, e onte todo o cole nos achegamos ao cine @cineyelmo a ver o peliculón de Zootrópolis 2. Encantounos e estivemos do máis relaxado.
En quinto estamos programando con Scratch. Inda non temos o resultado definitivo pero estes días conseguimos programar neve.
#quintoreboreda, #edudixital, #poloscreativos, #edixgal, #robotica, #scratch, #aprenderprogramandoHoxe tivemos a fortuna de poder participar nun pleno do Concello! Unha vez ao ano organízase un pleno infantil e desta volta recaeu en nós a responsabilidade de representar ao noso centro.
Deixámosvos o enlace para poder ver a gravación.No noso centro celebramos o #25denovembro de maneira especial. Este ano, aproveitando o PDI e formando parte da rede de Escolas Azuis, decidimos afondar na relación das nosas familias co mar.
A finais do mes de novembro, o alumnado de primeiro ciclo visitou o @museodomardegalicia . Unha visita guiada e un obradoiro que nos achegaron a un mar que temos moi preto pero do que descoñecemos moitas cousas. E como para amar e protexer, primeiro hai que coñecer....que mellor visita que esta. 💙
#museodomar #oquenostraiaamareaPolo Samaín e, grazas á colaboración das familias, os nosos corredores enchéronse de cabazas decoradas ,moitas delas inspiradas na temática do mar, proxecto deste curso no noso cole.
🎞️ Así tamén, como cada ano, participaron na realización das curtametraxes que visionamos todos xuntos.Os quintos fixemos o noso primeiro traballo de equipo sobre o ecosistema da Praia de Cesantes. Foron días intensos de traballo pero pagaron a pena.
#quintoreboreda, #pdioquenostraeamarea, #ciencias, #aprenderfacendoNa aula de 4º de Ed. Infantil comezamos a desfrutar da nósa chegada ao cole mesturando arte con literatura. Encántanos.
Hoxe arrincamos o noso proxecto "O que trae a marea" visitando a praia de Cesantes. Cada aula fixo unha recollida de lixo como parte do proxecto Libera no que participamos este curso A. actividade tamén nos axudou a desenvolver a nosa concienciación medioambiental, obxectivo fundamental do proxecto @voznatura no que participamos.
Para saber máis sobre a praia participamos nun rastrexo organizado polo equipo do PDI do centro. Aprendemos moitísimo, desfrutamos coa contorna e, ademáis, pasámolo tan ben que se nos fixo curto.Está semana foi moi intensa.
Clase nova, profes novas, novos compañeiros e compañeiras e unha marea que vai traer moitas cousas.Novo curso, novo comezo. Como nos gusta este día. Nervos, reencontros, sorpresas, emoción e unha chea de cousas novas.
Este curso imos deixar que a marea nos envolva co seu vaivén e nos ensine todo o que agocha dentro.Este ano arrancamos moi emocionados porque temos un proxecto que nos encantada.
Estades preparados para todo o que nos agarda? Pois poñede os chalecos salvavidas que zarpamos.
Os alumnos e alumnas de sexto desfrutamos, da man da Deputación de Pontevedra e do proxecto +Rías, dunha sesión para coñecer o noso mar, que se completou cunha sesión de marisqueo no Porto de Cesantes guiados por Gloria e Sebe. Foi xenial!!! Que gusto aprender directamente na contorna e cantos tesouros temos na Ensenada.
#sextoreboreda, #+rías, #amarturmar, #redenatura2000, #aprenderfacendoUn ano máis, o alumnado de quinto e sexto participamos no torneo de xadrez intercentros organizado polo IES Floriani, que tivo lugar na Alameda de Redondela.
Conseguimos escapar do mal tempo e pasamos unha mañá diferente e moi entretida. #torneoxadrezintercentrosredondelaEste ano, o día das #letrasgalegas está adicado ás CANTAREIRAS. Como non podía ser doutro xeito, no cole de Reboreda celebrámolo cantando, da man da profe Isa. Compartimos unha pequena mostra:
🎶As nenas e nenos de sexto interpretaron a Xota de Ultreia.Seguimos desfrutando das actividades programadas para a conmemoración das #letrasgalegas . Nesta ocasión retomamos os xogos tradicionais, marabilla de préstamo da Concellaría de Xuventude do Concello do Grove.
Un ano máis, o alumnado de sexto participou activamente en Galiciencia. Este ano a temática é o noso cerebro e aproveitamos para investigar como funciona o noso cerebro, que poden facer por nós os pasamentos, os xogos de lóxica, a alimentación ou o ioga.
Os alumnos de quinto aproveitaron para visitar a feira e participar nos talleres.
Foi unha xornada estupenda!!!
Antes de ir a Galiciencia tivemos moito, moito traballo. Tardes no cole, investigación na casa e ata cadea de traballo na aula. Desesperación, algún que outro enfado pero con vontade sacámolo adiante.
#sextoreboreda, #galiciencia, #aprenderfacendoE así, ao son da boa música tradicional, como non podía ser doutra maneira, inaguramos a Semana das Letras. Grazas á asociación O Carballo das Cen Pólas @carballocenpolas78!
A rapazada de 5° e 6° inaguramos o "Mes das Letras" cun obradoiro titulado "O papel da muller nos intrumentos miúdos", a cargo de Erica Iglesias. Nel puidemos repasar instrumentos básicos da nosa tradición musical como: a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, as culleres, as cunchas, o sistro,...entre outros.
Dentro do programa Inspiring Girls tivemos a sorte de contar coa visita de Antonia Otero, enxeñeira de telecomunicacións e, ademáis, ex alumna do noso cole.
Veu falarnos da súa vida, das súas inquedanzas e, por suposto, da súa paixón pola tecnoloxía. Unha visita estupenda e moi motivadora para tod@s.Un ano máis, celebramos o Día do libro cun apadriñamento lector.
O alumnado de segundo e terceiro ciclo apadriñou ao alumnado de infantil, primeiro e segundo preparando para eles a lectura dun libro . Previamente moitos interesáronse polos gustos dos seus apadriñados, pasaron ratiños xuntos, deseñaron xogos , monicreques, pasatempos...cos que acompañar a lectura. Pola súa banda , os apadriñados agasalláronos cun marcapáxinas en forma de xirasol, inspirado nos Xirasoles de Van Gogh , facendo referencia ao proxecto sobre arte deste curso.Seguimos traballando Escher de xeito interdisciplinar. Fai uns días quedamos atrapados na súa obra: relatividade e tocounos facer Unha chea de cálculos para poder saír da mesma. Desa mesma tarefa sairon historias matemáticas moi, moi interesantes.
#sextoreboreda, #pdiunanonomuseo, #escher, #udi, #aprenderfacendo