ALUMNADO DE SECUNDARIA E BACHERELATO
E TAMÉN PARA OS MÁIS GRANDIÑOS, PORQUE AQUÍ LEMOS TODOS/AS
Pero durante o curso fixéronse moitas máis actividades e algunhas delas tamén recibiron agasallo:
A tarxeta de felicitación do Nadal realizada por Educación Infantil.
O cartel para o calendario de mesa elaborouno o alumnado de Terceiro ciclo de primaria. O cartel "Da Reboraina" era de Iván de Sexto B.
A portada da revista Bolboreta elixiuse o debuxo de Ana de Sexto A.
E para a contraportada da revista escolleuse o debuxo de Alba de Sexto B.
Os Waters, os Exploradores, os Sinefos e os Vincis en Educación Infantil
En primeiro: Rubén (1ºA) e Sheila (1ºB)En segundo: Hiraya (2ºA) e Julen (2ºB)
En terceiro: Fernando (3ºA) e Laura (3ºB)
En cuarto: Isaac (4ºA) e Laura (4ºB)
En quinto: Alba C.(5ºA) e Aitana (5ºB)
En sexto: Dani (6ºA) e Inés (6ºB)
b) Pola fantástica participación en Margarida Quere Saber 4ª edición
Sabiamos que a nosa profe de música era estupenda, só hai que ver as moitas e variadas actividades que nos ofrece durante o curso, e que calidade... Seguro que foron moitos os que alucinaron o día que baixaron os nenos de sexto curso ao multiusos.
Pois mirade o traballo que está a facer con outros mestres de música, algúns do Concello de Redondela.
"Somos un grupo de catro mestr@s de música que estamos investigando sobre as posibilidades musicais que ofrece o noso contorno. Así, intentamos sacar o máximo proveito de cada situación que nos rodea e darlle un sentido musical na aula. Desta maneira, é importante sinalar que cada un de nós ten un proxecto a nivel de centro co cal tentamos interactuar o máximo posible dentro da aula de música en pro dunha ensinanza globalizada. Así, os diferentes centros que participan e os seus proxectos de centro son:
1. CEIP Laredo (Redondela): os bosques
2. CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela): a auga
3. CEIP Outerio das Penas (Redondela): a illa de San Simón (1º trimestre) e a alimentación (2º e 3º trimestre)
4. CRA Antía Cal (Gondomar): os bosques.
A parte de mostrar diferentes actividades relacionadas cos proxectos de centro e co contorno máis cercano, tamén levamos a cabo unha serie de actividades cunha temática común entre os catro centros, as cales podedes observar no blogue no apartado lateral "proxectos comúns"."
(CLICA NA IMAXE PARA IR AO SEU BLOG)
Teredes este blog tamén na barra lateral, sección "As nosas páxinas"