lunes, 7 de marzo de 2011

ENTROIDO 2011

Durante este curso 2010-2011 estamos a levar a cabo no Centro un Proxecto ao redor da AUGA. Foron xa moitas as actividades, saídas,... que se fixeron con tal motivo. Realmente está a darnos moito xogo.
E como non podía ser doutro xeito, agora no ENTROIDO tocaba ver como podiamos aproveitar esta temática, levala a aula, e poñela en práctica nos nosos disfraces.
PROBA SUPERADA!!
Dende os distintos estados da auga (sólido, líquido, gasoso), o planeta Terra (os polos), os animais que alí viven (Pinguíns), e os seus habitantes (esquimós) - Educación Infantil (OS PINGUÍNS E O XEO).
Pasando pola Auga como fonte de Vida, necesaria para todos os seres vivos, animais e plantas, a cercana chegada da primavera e o rexurdir dos xardíns, campos,... coas chuvias e as regas - Primeiro Ciclo (FLORES NO XARDÍN).
Retomando tamén antigas crenzas (Mitoloxía), de grandísimas civilizacións, onde otorgaban ás forzas da natureza enormes poderes e os transformaban en Deuses (Neptuno, Poseidón,... ), e que forza da Natureza máis enorme que a auga?? - Segundo Ciclo (NEPTUNO E AS NINFAS).
E non podiamos olvidarnos do noso entorno máis cercano: O noso río, O RÍO ALVEDOSA; A enseada de San Simón; A ría de Vigo; ... . Coa súa fauna, e a súa flora, os seus traballadores, ... - Terceiro Ciclo (MUNDO MARIÑO)
E como todos os anos a ANPA tamén participou desta festa. Adiviñaredes de que iban???

4 comentarios:

Manu e Israel 6B dijo...

Os do ANPA foron de gotas de chuvia a que si margarida?

isma y marcos de 5b dijo...

Os nenos e nenas do cole disfrazamonos moi ben sobretodo os de río,dixeron alguns maiores que foi o mellor.

Aitana y berta dijo...

Foi moi divertido estar no carnaval e dibertimonos moitisimo.

César e Adrián.5ºA dijo...

Gustounos moito os disfraces pero o noso foi o mellor,e tamen gustounos o disfraz da ampa.Adeus.