Agora xa teremos que deixar espazo para novas iniciativas. As Letras Galegas están á volta da esquina e tamén vamos necesitar da vosa axuda.
Moitas grazas outra vez!
Como todos estos anos atrás, este ano 2008, celebramos a décima edición do concurso de Narrativa "Reboraina", onde todos os nenos e nenas de primaria do Centro participan na modalidade A, e damos entrada a secundaria (aínda que non temos nenos nesas idades), na modalidade B.
O fallo do xurado foi este venres 25 de Abril onde comunicamos os gañadores do concurso, que serán premiados no festival de fin de curso:
Modalidade A:
Modalidade B:
Ademáis fixemos uns pequenos agasaios a todos aqueles nenos e nenas que dalgún xeito colaboraron nas distintas actividades e sairon seleccionados: Portada e contraportada revista, calendario, ...
Gústavos ler?Por que razón?
Pasa a anotar a túa polo noso mural interactivo.
Atentos á páxina que acaban de inaugurar os máis peques onde vades poder ver todo o que fan nas súas clases:
Como seguro que sabedes estamos dentro do plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE)). Fomos seleccionados no seu momento e cada ano a asesoría de Bibliotecas invítanos a participar nuns encontros coas outras bibliotecas do PLAMBE de toda Galicia. Este ano realizáronse os días 3 e 4 de Abril en Sanxenxo, dúas xornadas intensas, cheas de coñecementos, detalles, ponencias, intercambios, obradoiros,...
Tivemos connosco a : José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.