Uns contan,
outros escoitan
e todos gozan cos libros...
Martes de contacontos na nosa biblioteca 📖❤️
#biblioblogreboreda #bibliotecasescolaresdegalicia #beescolaresgal #recreosnabiblio
jueves, 16 de abril de 2026
MÉRCORES DE CONTO
miércoles, 8 de abril de 2026
RECREOS NA BIBLIO
O tempo de lecer tamén ten espazo na biblioteca. Ademais de ler, coller libros e o traballo dos bibliotecarios, temos recreos temáticos.
Os martes pódese xogar a xogos de mesa, que nos días de chuvia ben se agredece.
Os mércores contacontos.
E os xoves xogamos ao xadrez.
viernes, 3 de abril de 2026
MINI ARTE LIXO 2026
Artelixo 2026: Retazos de mar
Ademais do polbo que fixemos xunto cos nos@s compañeir@s do cole, como en anos anteriores, participamos no @artelixoredon cunha pequena obra da aula dos Indios. Todo o que utilizamos foi lixo que recollemos na praia de Cesantes, exceptuando a rede da medusa que a reciclamos da embalaxe dunhas cadeiras.
Gracias a Marta e a Miñán de @espacio2arquitectura por coidar da nosa obra e axudarnos coa súa ubicación e colocación 🩵
Un orgullo ver traballar tan ben e tan bonito a estas manciñas🥰
#ceipReboreda #Osindios #artelixo #Redondela
miércoles, 1 de abril de 2026
ARTE LIXO 2026
Este ano a temática do @artelixoredon veunos como anel ao dedo coincidindo co noso PDI de centro. Realizamos dúas saídas á praia a Cesantes para limpala e facer a nosa obra para o Artelixo. Podedes atopar noso “Polvo de merda” diante do concello.
Queremos agradecer especialmente a mamá de Aleixo (de 2°) por toda a colaboración e preocupación!
martes, 24 de marzo de 2026
IV EDICIÓN DE ESPALLAR TINTA
Os quintos rematamos o trimestre participando na feira "Espallar Tinta".
Levamos os nosos traballos sobre o mar e aproveitamos para contarles aos visitantes o noso PDI, xogar ao tabú e botarnos unhas risas contando chistes. #quintoreboreda, #espallartinta, #pdioquenostraeamareaviernes, 20 de marzo de 2026
CAMPEONATOS DE XADREZ
En quinto comezamos os adestramentos para ir ao torneo de xadrez do vindeiro 18 de maio en Redondela. #quintoreboreda, #xadrez
martes, 10 de marzo de 2026
XOGA UN CONTO
A temática do obradoiro "Xoga un conto" do primeiro trimestre era o amor polo mar. Así , dous fermosos álbumes ilustrados abrían e pechaban a sesión .
O primeiro "Un día no mar" escrito por @paulacarbonellpenichet e ilustrado por @marjoriepourchet , nos adentra a través do seu texto rimado nunha fábula onírica sobre o coidado do mar. Unha nena que pasa un día na praia xunto á súa nai, unha serea cautiva que lle pide axuda a través de mensaxes nunha botella e un relato de imaxinación e amor polo océano.
Para pechar o obradoiro, "Non teñas medo cangrexiña" de @chrishaughton ,un libro que explora con humor como vencer os medos e ser valente a través do primeiro día dunha cangrexita no fondo do océano.
Dous álbumes moi distintos pero cunha temática común, o amor polo océano 🌊 🪸.
Despois de mergullarnos no mar a través da lectura , levamos a cabo tres actividades:
🐟 Na primeira elaborabamos banderíns estampando con selos de letras e animais mariños, xogando coa palabra AMAR en dúas cores simbolizando 'amar o mar'.
🧜♀️ Na segunda recreabamos o movemento das sereas a través de siluetas de papel e ceras, utilizando a técnica da frotaxe.
🐙 E unha terceira, de expresión libre, recreando o fondo mariño con pezas soltas.
Un obradoiro que encheu os primeiros venres do curso de lendas, cor e amor polo océano.🐚
#biblioblogreboreda #obradoirodosvenres #bescolaresgal #oquenostraeamarea
domingo, 8 de marzo de 2026
8 MARZO: ROTEIRO PARA COÑECER AS MULLERES MÁIS RELEVANTES DA HISTORIA DE REDONDELA
Os quintos participamos, un ano máis, nos roteiros para coñecer ás mulleres máis relevantes da nosa vila da man de Sole de @mellorconguia e grazas a Iría, a concelleira de servizos sociais e infancia co gallo do 8 M.
Foi unha actividade fantástica coa que aprendemos moito sobre o noso concello e as mulleres que marcaron un antes e un despois na vida da Vila. #quintoreboreda,#8marzo, #concelloderedondela,#saidas ,viernes, 27 de febrero de 2026
UNHA SEMANANIÑA ENTEIRA
Durante esta semana, unímonos un ano máis á iniciativa
"Unha semaniña enteira" promovida polo @snlredondela .
Unha iniciativa que naceu para fomentar o uso do galego en todos os ámbitos, comezando dende a nosa rapazada, para que descubran que é unha lingua que non só os conecta coas súas raíces, senón que ademáis pode abrirlles un mundo de posibilidades culturais e laborais.
O reto que se propón é unha semana enteira falando galego, co cal mellorarán a fluidez, o gusto por falalo e animaranse a seguir facéndoo no futuro.
Así ,a semana comezou, co gaio do Día de Rosalía, cantando "Alborada" todos xuntos, acompañados á gaita pola profe Isa.
Na entrada do noso colexio, unha selección de libros en galego coa temática do mar, tema do noso proxecto durante este curso, animábaos non só a falalo senón tamén a lelo.
Ese mismo día, a compañía de teatro @axaneladomaxin coa obra “Dende Rosalía”, fíxonos, axudada por unha píntega moi curiosa, un percorrido pola vida e obras de Rosalía de Castro, ademais de autoras destacadas como Xela Arias ou as Cantareiras.
O mércores , esta vez dentro da programación do @concelloredondela ,a través do @snlredondela , o alumnado de segundo participou xunto cos membros do obradoiro de estimulación creativa de @afaga.alzheimer , nun encontro interxeracional , no que conversamos , cantamos, recitamos e creamos xuntos a través, novamente, da figura de Rosalía. Pasar tempo cos nosos maiores encheunos o corazón de felicidade.
E, para rematar, despois dunha semana mergullándonos no vocabulario do mar en galego, hoxe compartimos con todos os compañeiros o que aprendemos: lendas do mar, tesouros que traen as mareas, historias de piratas, peixes, moluscos, artes de pesca ...e unha morea de cousas máis que puxeron a guinda a esta "semaniña enteira".
Antes de marchar para casa ,cada un dos nosos nenos e nenas recibiu unha chapa de Rosalía, que nos fará lembrar que esta semana é soamente o comezo.
Como concluía hoxe unha das exposicións..."e con esta saca chea de palabras que son os tesouros da nosa lingua " rematamos.
Reto conseguido💙🌊
lunes, 23 de febrero de 2026
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe celebramos o #díadeRosalía con música, coa alborada, cantando tod@s xunt@s no patio. Como sempre, coa profe Isa á cabeza. Tamén demos comezo á #semaniñaenteira en colaboración co EDLG do concello de Redondela.
jueves, 19 de febrero de 2026
A CREBEIRA MARABILLAS
Unha das lecturas máis importantes para o alumnado de segundo ,durante este curso adicado ao mar, foi "A crebeira Marabillas" .
Pero...que é unha crebeira?
" A crebeira é unha camiñante, como unha maga entre as mareas, que percorre o litoral buscando obxectos de valor tras o caos que deixa o temporal"
E esa " maga " chamada Marabillas levounos entre tesouros, aneis perdidos, colares atopados , botas dereitas dunha cor e esquerdas doutra, desde unha praia do litoral galego ata a costa irlandesa.
Despois da lectura, o mesmo que Marabillas encheu o seu saco de obxectos, eles encheron a súa de palabras, palabras que trae a marea 💙.
Grazas por esta viaxe ,
@olaiasendon
#biblioblogreboreda #acrebeiramarabillas #beescolaresgal #oquenostraiaamarea
@edicionsxeraisdegalicia
miércoles, 11 de febrero de 2026
SAÍDAS: MUSEO DE HISTORIA NATURAL
Que mellor xeito de celebrar este día que aprender acompañados da.Jane Goodall` de Santiago. Menuda sorte tivemos. #quintoreboreda,#saidas, #diadamullereanenanaciencia











