Xa estamos rematando o trimestre, e onte todo o cole nos achegamos ao cine @cineyelmo a ver o peliculón de Zootrópolis 2. Encantounos e estivemos do máis relaxado.
#ceipplurilingüereboreda
Xa estamos rematando o trimestre, e onte todo o cole nos achegamos ao cine @cineyelmo a ver o peliculón de Zootrópolis 2. Encantounos e estivemos do máis relaxado.
En quinto estamos programando con Scratch. Inda non temos o resultado definitivo pero estes días conseguimos programar neve.
#quintoreboreda, #edudixital, #poloscreativos, #edixgal, #robotica, #scratch, #aprenderprogramandoHoxe tivemos a fortuna de poder participar nun pleno do Concello! Unha vez ao ano organízase un pleno infantil e desta volta recaeu en nós a responsabilidade de representar ao noso centro.
Deixámosvos o enlace para poder ver a gravación.No noso centro celebramos o #25denovembro de maneira especial. Este ano, aproveitando o PDI e formando parte da rede de Escolas Azuis, decidimos afondar na relación das nosas familias co mar.
A finais do mes de novembro, o alumnado de primeiro ciclo visitou o @museodomardegalicia . Unha visita guiada e un obradoiro que nos achegaron a un mar que temos moi preto pero do que descoñecemos moitas cousas. E como para amar e protexer, primeiro hai que coñecer....que mellor visita que esta. 💙
#museodomar #oquenostraiaamareaPolo Samaín e, grazas á colaboración das familias, os nosos corredores enchéronse de cabazas decoradas ,moitas delas inspiradas na temática do mar, proxecto deste curso no noso cole.
🎞️ Así tamén, como cada ano, participaron na realización das curtametraxes que visionamos todos xuntos.Os quintos fixemos o noso primeiro traballo de equipo sobre o ecosistema da Praia de Cesantes. Foron días intensos de traballo pero pagaron a pena.
#quintoreboreda, #pdioquenostraeamarea, #ciencias, #aprenderfacendoNa aula de 4º de Ed. Infantil comezamos a desfrutar da nósa chegada ao cole mesturando arte con literatura. Encántanos.
Hoxe arrincamos o noso proxecto "O que trae a marea" visitando a praia de Cesantes. Cada aula fixo unha recollida de lixo como parte do proxecto Libera no que participamos este curso A. actividade tamén nos axudou a desenvolver a nosa concienciación medioambiental, obxectivo fundamental do proxecto @voznatura no que participamos.
Para saber máis sobre a praia participamos nun rastrexo organizado polo equipo do PDI do centro. Aprendemos moitísimo, desfrutamos coa contorna e, ademáis, pasámolo tan ben que se nos fixo curto.Está semana foi moi intensa.
Clase nova, profes novas, novos compañeiros e compañeiras e unha marea que vai traer moitas cousas.Novo curso, novo comezo. Como nos gusta este día. Nervos, reencontros, sorpresas, emoción e unha chea de cousas novas.
Este curso imos deixar que a marea nos envolva co seu vaivén e nos ensine todo o que agocha dentro.