Neste curso que está a piques de rematar o medio de difusión máis utilizado foi o instagram do nosos cole baixo o hashtag #biblioblogreboreda. Aínda así queremos deixar no blog da nosa biblioteca constancia de todo o acontecido neste ano tan fermoso adicado o maravilloso mundo do cinema. Comezamos o repaso por un curso de cine!!!
martes, 20 de septiembre de 2022
jueves, 19 de mayo de 2022
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
Dentro da semana cultural das #letrasgalegas , gozamos dun festival organizado pola profe Isa (música) e Mercedes (educación física). Nel actuamos tod@s facendos xogos, bailes e danzas tradicionais, tocando, cantando e vivindo a nosa música e a nosa cultura.
Grazas a todo o alumnado pola súa implicación e ás mestras que traballaron arreo!!!!
@ceip_reboreda #letrasgalegas #actuación #bailes #onosocolemola
lunes, 16 de mayo de 2022
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Arrancamos a Semana das Letras e que mellor que facelo cun manifesto, izando as bandeiras e tocando e cantando o himno galego.
#florenciodelgadogurriarán #letrasgalegas2022 #himnogalego #equipodedinamizacióndalinguagalega
viernes, 13 de mayo de 2022
GALICIENCIA 2022
Visitamos Galiciencia. Consumo responsable, reciclaxe, reutilización,
conciencia social... Un día cheo de experiencias, ideas, ciencia,
preguntas...
Como nos gusta Galiciencia.
NAVEGA CON RUMBO
Hoxe os años de quinto e sexto tivemos unha charla sobre a importancia
de facer un Bo uso da rede dentro do programa Navega con Rumbo.
Unha
charla moi interesante na que aprendemos moito sobre as vantaxes e
inconvintes de internet.
miércoles, 11 de mayo de 2022
DIXINNOVA E SUPERRETO DIGICRAFT
I congreso de innovación educativa e dixital e final do superreto.
Diazo Cheo de experiencias fantásticas.
Non gañamos o premio pero desfrutamos da experiencia.#quintoreboreda, #digicraft, #dixinnova2022
viernes, 6 de mayo de 2022
DÍA DA ÁRBORE 2022
Despois de dous anos retomamos está celebración e como era unha ocasión moi especial quixemos darlle un novo aire ao día.
Saimos
andando dende o cole ata o Carballo das Cen polas e ali, da man de
Alecrín exploramos a contorna, aprendemos e ata fixemos un orienta
rastrexo.
Un día fantástico desfrutando na natureza e desexando xa volver facer outra así.
#voznatura, #diadaarbore22, #eac
martes, 3 de mayo de 2022
EDICIÓNS PROPIAS
No CEIP Reboreda levamos todo o curso traballando sobre os dinosaurios e xa temos na biblio o material feito no cole para levar en préstamo a casa.
lunes, 2 de mayo de 2022
SUPERRETO DIGICRAFT
Hoxe enviamos os nosos proxectos ao superreto digicraft, maquetas interactivas sobre o medioambiente.
Quedaron xenial. Noraboa a todos os alumn@s de quinto por este traballo.domingo, 1 de mayo de 2022
OS MAIOS
Despois dunha longa pandemia… hoxe celebramos a festa dos maios tod@s xunt@s!! Estabamos desexando que este momento chegara e, ao fin, gozamos del!
Fixemos o maio con flores, fiúncho, laranxas e ovos que as nosas familias aportaron. Ensaiamos as coplas e puxénonos guap@s para celebrar! Aquí deixámosvos un moi breve resumo! Na web do cole compartiremos máis! Grazas a tod@s pola vosa colaboración! 🙏🏽🌼
viernes, 29 de abril de 2022
YO VOY CONMIGO
Seguindo o libro de "Yo voy conmigo" de @rdiazreguera, estivemos
reflexionando sobre como somos, cales son eses pequenos, e non tan
pequenos, detalliños que nos fan unicas e unicos. Despois de ler o
conto, debuxámonos facendo especial fincapé nas nosas ás e nuns
"monigotes" que levabamos pegados nas costas, fómoslle escribindo a
todas e todos que admiramos de cada un.
Decidimos non esquecer nunca que non debemos deixar de ser o que somos por gustarlle a ninguén!











