miércoles, 22 de diciembre de 2021
PROXECTO DOS DINOS: 1º TRIMESTRE
martes, 21 de diciembre de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DA BIBLIO PARA ESTE NADAL
Un ano máis, e antes de marchar de vacacións, dende a biblio queremos suxerirnos algunhas lectoras para este días de lecer.
BOAS FESTAS PARA TODOS!!
jueves, 16 de diciembre de 2021
RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS DE NADAL
Un ano máis aproveitando estás datas e dándolle unha nova vida aos libros de expurgo da biblio, participamos na recollida solidaria de alimentos de Nadal. #biblioblogreboreda, #voznatura, #nadal
lunes, 13 de diciembre de 2021
jueves, 2 de diciembre de 2021
A NOSA BIBLIO XA ESTÁ PREPARADA PARA AS LECTURAS DE NADAL
Xa é decembro e respírase ilusión no ambiente.
Para acompañarvos nestas datas tedes unha chea de libros, música, películas... relacionadas con estas datas agardando por vos.
Non esquezades pasar a botar un ollo e, de paso, levar algo.
martes, 30 de noviembre de 2021
NA AULA TAMÉN SE CONTA: LA VERDAD SOBRE LOS DINOSAURIOS
O tema do PDI deste curso está dando para moito. Os ovos invadiron a biblio pero tamén as aulas.
Os ovos que abriron todos os compis do cole foron feitos por segundo e antes de facer ovos houbo que porse mans a obra e aprender moito sobre os dinos e que mellor que descubrindo toda a verdade.
Dende maxianaclase, a profe María nos comparte, a través de instagram un novo conto na aula.
viernes, 26 de noviembre de 2021
25 NOVEMBRO: E DESPOIS DO TRABALLO... TOCA VISIBILIZAR
A TIRANOSAURA: 25 N
Dentro do traballo realizado polas aulas para commemorar o 25 N, os compañeiros de segundo para traballar, entender e extinguir a palabra machismo fixeron un fantástico traballo cun conto que se titula "A tiranosaura". Un conto estupendo para achegar aos máis pequenos e de xeito sinxelo contidos moi complexos, inclusivos e de igualdade.
Aquí vos deixamos o audiolibro que preparon os rapaces despois de traballar co libro.
NORABOA, fantástico traballo!!!
25 NOVEMBRO: DÍA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Un ano máis o noso centro únese a commemoración deste día uníndoo co PDI Jurassic Park.
A actividade dividiuse en dúas partes, por un lado fixemos un mural co lema: "QUE VOLVAN OS DINOS E SE EXTINGA...", cada aula traballou unha palabra relacionada coa violencia e plasmou todo ese traballo nun código QR.
Os carteis coas palabras e os códigos colocáronse no mural para que o resto dos compañeiros puidesen ver o traballo de todas as aulas.
As palabras que traballamos, entre outras foron: insultos, ameazas, humillacións, violencia, patriarcado, machismo, feminazi, mansplaining, brecha de xénero...
Por outra banda, cada aula fixo 4 pegadas de dinosaurio en aerofix violeta e dentro de cada pegada, por equipos, escribiron unha palabra en positivo para contribuír a extinción de todas estas palabras que queremos que desaparezan. Despois, cada aula foi colocando as pegadas dende a súa aula ata o corredor central onde está o cartel, de xeito que todos os pasos nos levan ao mesmo lugar.
Un traballo no que participaron todas as aulas e todos os alumnos/as do centro. Un día no que, máis que nunca, a educación debe estar moi presente porque so a educación pode cambiar as cousas que non están ben.
martes, 23 de noviembre de 2021
NA AULA TAMÉN SE CONTA: OS CALZONCILLOS MALÉFICOS
O covid obrigounos a repensar moitas actividades e espazos e, aínda que a nosa biblio xa está aberta, os cursos non se poden mesturar así que deseñar actividades non é sinxelo.
Inda así, as aulas sempre fan un traballo extraordinario cos contos e imos aproveitar para compartir convosco ideas e xeitos de traballar os contos nesta nova sesión que imos chamar "Na aula tamén se conta",
.Empezamos coa aula dos xirasois que publicou no noso instagram un conto que lles encantou aos cativos: "Los calzoncillos maléficos".
















