jueves, 25 de febrero de 2016

BIBLIOCONCERTO


Ademais das actividades realizadas o 29 de xaneiro, tivemos a sorte de poder asistir a un biblioconcerto cheo de música e paz. Os protagonistas foron alumnos do cole e o concerto estivo xenial.

Moitas grazas!

Día escolar da non violencia e a paz

Nesta conmemoración quixemos resaltar a importancia das mensaxes e mostra de afecto cara os demais. Aquí tedes unha pequena mostra das actividades que fixemos no cole para celebrar este día.



Recomendacións lectoras.

Estes libros que recomendamos poñen o sorriso grande e os ollos brillantes.


                                                             Gabriel e Javier de 1º.

" Busca en las grandes máquinas"
É moi divertido hai que buscar máquinas agochadas.



                                                                 Nuno e Iris de 1º.

"Atlas ilustrado de los animales"
É moi interesante, ten moitos animais do presente e do pasado.


Lucía 2º B

" Bidundé "
Entretívome moito porque tiraron un pingüín á auga.


Martín 2º A

" Manu"
Ao neno éntralle auga nas orellas e equivócase en todo o que escoita, é moi gracioso.


María 2º B

" El invierno en el bosque"
Gustoume porque os animais da granxa axudan
a buscar a comida aos paxaros e colaboran entre eles.


María 2º A

"  Quen me quere adoptar? "
É moi divertido, un señor maior busca familia con nenos.

Esperamos que vos gusten !








martes, 16 de febrero de 2016

DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DO ENTROIDO

Seguimos co tema da alimentación e non podiamos deixar pasar unha época tan gastronómica coma o entroido para investigar, aprender e disfrutar cos doces típicos desta época. Nesta ocasión non cociñamos no cole senón que contamos coa fantástica axuda das familias que nos trouxeron: ourellas, filloas, flores de entroido, torrijas, rosquillas, buñuelos e ata doces marroquís. Cada unha das aulas investigamos sobre un dos doces, os Choquetes as orellas, os Xirasois as rosquillas, os Coquiños as filloas e os Apolos as flores de entroido. Resumimos a nosa investigación nun vídeo que proxectamos no salón para que todos os peques souberan algo máis das nosas tradicións gastronómicas. Temos que darlle especialmente as grazas a mamá de Daniela que nos deixou grabar na súa casa coma facía as flores para poder proxectar despois na clase e que os Apolos puidesen ver coma eran, ademais montamos o noso vídeo aproveitando esas imaxes. 
Tivo que facer as flores para o vídeo e logo para traer a escola así que MOITÍSIMAS GRAZAS.


   
Despois de cultivar o espírito chegou o momento de cultivar o estómago así que pasamos a degustación. Acompañamos os doces con chocolate quentiño e pasámolo xenial Coma as familias nos trouxeron tantos doces ao final fixemos unha bandexa para cada aula e compartimos con todos os nenos do cole. 
MOITÍSIMAS GRAZAS AS FAMILIAS UNHA VEZ MÁIS POLA VOSA DISPOSICIÓN E A VOSA COLABORACIÓN. DA GUSTO PODER CONTAR CONVOSCO E TER SEMPRE TAN BOA RESPOSTA!


viernes, 29 de enero de 2016

Recomendacións cheas de paz!

Con motivo da conmemoración do día escolar da non violencia e a paz, os rapaces e rapazas de 3º e 4º querémosvos recomendar uns libros moi relacionados con esta celebración. Animádesvos?



martes, 26 de enero de 2016

OS CHOQUETES VISITAN A BIBLIOTECA

Despois do Nadal os choquetes comezaron a visitar a biblioteca de Margarida, una vez á semana. Nela poden ver libros diferentes, do mundo que me rodea, libros con sorpresa, libros para contar, libros para ver soíños,… e nos últimos minutos da sesión aproveitamos para facer unha sesión de contacontos. Queredes velos por este buratiño para ver como o fan? Pois poñédevos cómodos que isto vai comezar…

viernes, 22 de enero de 2016

Nós recomendamos...

Os rapaces e rapazas de 1º  e 2º , comezamos o 2016 con ganas de sumerxirnos en novas aventuras. Éstas son as nosas recomendacións lectoras...

                   Lía de 1º .

Eu recomendo " Que contan as ovellas para durmir" . 
Gústame porque é en galego e é moi gracioso.


Sandra e Uxía de 2º.


Nós recomendamos " Querido Tolo" .  É moi bonito,
 conta a historia de dous cans que se enamoran.

Samuel de 2º.


Eu recomendo " A vella quenlla perde os dentes" 
Gustoume este conto porque é dunha quenlla que come peixes.

Helena de 2º.


Eu recomendo " Mi primer Platero"
 Recomendo este conto porque trata dun burro alegre.

Esperamos que vos gusten !


domingo, 10 de enero de 2016

BIBLIOCONCERTOS!!!

Este curso seguimos cos biblioconcertos.Un curso máis gozaremos coa música das nosas compañeiras e compañeiros. Nestes vídeos podedes ver os primeiros concertos. Parabéns e moitas grazas aos artistas por participar.








sábado, 19 de diciembre de 2015

MATEO E YERAI EN REBOREDA

Os pasados luns, 7 e 14 de Decembro, viñeron ao cole MATEO e YERAI, dous futbolistas profesionais redondeláns, antiguos alumnos do noso centro e que actualmente xogan na 1ª división finlandesa, no PK-35 Vantaa.
O primeiro día tivemos charla, fotos e vídeos, deles, dos seus equipos e de Finlandia. Ao final falamos con eles e fixémoslles moitas preguntas. Contáronnos cousas moi importantes sobre a súa vida, pero sobre todo fixéronnos entender a importancia do traballo en equipo, do compañeirismo, ... cousas que quedan para toda a vida. Estabamos todos entusiasmados.
O segundo día fixemos unha sesión práctica con xogos e toque de balón. Foi moi divertido. Gustounos moito a súa visita. Oxalá volten noutra ocasión!
 
GRAZAS POR TODO MATEO E YERAI!
MOITA SORTE NA LIGA!


Aquí vos deixamos dous enlaces por se queredes ver algúns momentos, accións e goles destos dous fantásticos xogadores:



Alumnos/as de 6ºA

viernes, 18 de diciembre de 2015

BOAS FESTAS E MOI BOAS LECTURAS!

Margarida non quere acabar o ano sen desexarvos unhas boas festas a todos. 


Aquí tedes algunhas recomendacións lectoras para estes días de descanso.


jueves, 10 de diciembre de 2015

MERCADO DE OUTONO

Aproveitando a semana das froitas os peques fixemos un mercado de outono no que degustamos froitas e froitos do outono.

Ademais preparamos vídeos documentais con información sobre as froitas e os froitos que ensinamos a todo o cole. Aquí vos deixamos un pequeno resumo do traballo feito.

miércoles, 9 de diciembre de 2015

XOGANDO COS RÍOS

Somos os nenos e nenas de 4ºA do cole e tamén vos queríamos facer una recomendación.
Traballando coas Ciencias estivemos aprendendo cousiñas relacionadas cos ríos de Reboreda, Redondela, Galicia, España, ... E descubrimos un xogo de mapas interactivos chulísimo. Resultounos moi divertido e interesante porque aprendes moitas cousas sobre a xeografía.
Animáte a xogar!
APRENDERÁS XOGANDO!
Aquí vos deixamos un enlace. Facede clic na imaxe.
 
http://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/Mapas/tag/mapa+f%c3%adsico+de+galicia?skos:ConceptID=gnoss:9139A58D-E943-4D40-B5FB-2B7DEE8784A8