viernes, 31 de octubre de 2008

SOLUCIÓN ADIVIÑA 4

Para ver as solucións que cada un deu, tedes que ir onde está a adiviña e abrir os comentarios.

Solución adiviña 4: A letra "L"

primeira na Lúa
segunda en Plutón
na terra non hai
e a última no Sol

FIN DE SEMANA MICOLÓXICO

Estes cogomelos son de Ávila. Aproveitando o fin de semana micolóxico de Roberto cos seus avós de Ávila, os alumnos e alumnas de sexto na clase de coñecemento do medio estivemos coñecendo as súas características e clasificándoos. Destacan o Boletus Edulis, a Lepoita Procera, o Lactarius Deliciosus (Níscalo), champiñón e a Seta do Cardo. Vaia prato máis exquisito pois eran fresquísimos.

QUE MEDO!!!

Fai clic enriba do Trisquel para saber máis. Samaín e Halloween.
Dende o Departamento de Lingua Inglesa, "Trick or treat", ata o de Normalización, pasando polas titorías, cada cual ao seu xeito, todos pasamos medo hoxe.
As terroríficas cabazas que trouxeron os nenos e nenas, os contos arrepiantes que se contaron nas aulas, as tenebrosas maquillaxes, ...
En educación infantil coincidiu ademáis co venres que celebran os cumples do mes.

CHEGOU O SAMAÍN

Fixestes a vosa cabaza para esta noite?.
É a noite do Samaín. Antiga tradición Celta de culto aos ancestros. Onde comezaba o ano novo, pola estación oscura, coa apertura ao outro mundo.
Pois ide tomando nota.

Aquí tedes este vídeo coa canción de Mamá Cabra: "Samaín". Atopámolo no blog doutra Biblio, "O recanto do Mik", do Ceip Mestres Goldar de Vigo.


XORNADAS INTERCULTURAIS

Dende o Concello de Redondela, concellería de servizos sociais, ofertáronnos unhas xornadas integradoras enfocadas ao coñecemento das distintas culturas e sos seus integrantes.
A través de xogos e outras actividades, os alumnos de Sexto curso, tiveron a posibilidade de traballar ao redor do compañeirismo, traballo en grupo, resolución de conflictos, coñecemento dos propios gustos e inquietudes, coñecemento de todas as culturas,... co colectivo "Imaxina".


martes, 28 de octubre de 2008

AGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2008
"O único que queda é o amor"
Agustín Fernández Paz foi premiado a nivel nacional, por unha obra en galego. Moi boa ten que ser!!. Nós aínda non lemos o libro, pero polo que din, é un libro de relatos sobre o amor e todas as súas variantes.

Seguro que algúns recordades títulos como: A cidade dos desexos, As flores radiactivas, Trece anos de Branca, No corazón do bosque, A serea da illa negra, A escola de piratas, Fantasmas no corredor, O raio veloz, ... e moitos outros que tanto nos gustaron.


A nosa enhoraboa a Agustín Fernández Paz.

lunes, 27 de octubre de 2008

REVISTAS NA BIBLIO




Seguro que todos coñecedes a revista "Reportero Doc".


Na nosa Biblio, temos un expositor adicado as revistas, e esta é unha das que alí temos.


Saen incribles reportaxes de animais

E moitos outros, adicados a deportes, a receitas de cociña, á natureza, a culturas doutros paises, experimentos,







Tiras cómicas moi divertidas, ...








Cando queirades podedes entrar a velas.

ADIVIÑA 4

Adiviña 4
"Na Lúa son a primeira
a segunda en Plutón
na Terra non se me atopa
e son a última no Sol".

viernes, 24 de octubre de 2008

SOLUCIÓN ADIVIÑA 3

"O SOL"
Non era tan difícil, non??

Andivemos un pouco despistados desta vez. Bueno, algúns.
Que foi o que tanto vos despistou??.....
Seguide atentos, o luns máis.

HOXE CELEBRAMOS

Si, hoxe día 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares:
  • Contacontos para Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.
  • Lectura do conto: "León de Biblioteca", un fermoso álbum ilustrado de Michelle Knudsen. Cunha marabillosa historia sobre un león na Biblioteca.
  • Agasaio do Marcapáxinas de Margarida a todo o que entrou na Biblioteca.
  • Álbum de cromos e primeiro lote de cromos da campaña "Hora de ler: Leo porque me peta", para o primeiro e segundo ciclos de Primaria.
  • E a colaboración de todos os nenos e nenas do cole dicíndonos cal é o seu libro favorito.



jueves, 23 de octubre de 2008

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañá venres 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. No noso Centro tamén.

Polo de agora estamos a facer un pequeno mural co nome dos contos ou libros que máis nos gustaron ao longo da nosa vida; E outro cos dereitos do lector que o escritor Daniel Pennac deu a coñecer no seu libro "Como una novela".

Para mañá,...

algunha que outra sorpresa máis, sobre todo para os máis pequenos.

Ata mañá!!!!

lunes, 20 de octubre de 2008

ADIVIÑA 3

Recordade que o plazo para poñer a resposta no Blog é de 5 días. De Luns a Venres.
ADIVIÑA 3
Din que son rei e non teño reino,
din que son loiro e non teño pelo,
din que ando e non me meneo,
arranxo reloxos sin ser reloxeiro.
Quen son?