sábado, 26 de enero de 2008

O NOSO DÍA DE PAZ

Os alumnos/as do CEIP Sto. Paio de Abaixo celebran o Día da Paz o mércores 30 de xaneiro:

Durante toda a semana iremos confeccionando un mural coas pombas e as súas mensaxes de paz.

Durante a mañá do mércores visionaremos varios vídeos alusivos á Paz.

A partires das 12:45 da mañá todos os cursos recitarán poemas . O lema deste ano é: "Camiños para a Paz". Cada neno/a recortará un pé segundo un modelo e dunha cor determinada. No patio colocaremonos en círculo semellando o globo terráqueo. Iremos colocando os pés facendo camiños cara ao centro onde estará a palabra PAZ.

Finalmente, cantaremos a canción de Antonio Flores "No dudaría" e remataremos cunha solta de pombas e un forte aplauso pola Paz.


"Non hai camiños para a Paz, a Paz é o camiño"

Mahatma Gandhi

viernes, 25 de enero de 2008

DÍA DA PAZ

Hoxe, calquera día, todos os días,... son un bo momento para celebrar a Paz.
365 + 1 días pola Paz.

No dudaría (Antonio Flores)

Si pudiera olvidar
Todo aquello que fui
Si pudiera borrar
Todo lo que yo vi
No dudaría
No dudaría en volver a reír
Si pudiera explicar
Las vidas que quite
Si pudiera quemar
Las armas que use
No dudaría
No dudaría en volver a reír
Prometo ver la alegría
Escarmentar de la experiencia
Pero nunca, nunca mas
Usar la violencia
Si pudiera sembrar
Los campos que arrasé
Si pudiera devolver
La paz que quité
No dudaría
No dudaría en volver a reír
Si pudiera olvidar
Aquel llanto que oí
Si pudiera lograr
Apartarlo de mí
No dudaría
No dudaría en volver a reír
Prometo ver la alegría
Escarmentar de la experiencia
Pero nunca, nunca mas
Usar la violencia

30 de Xaneiro de 2008

miércoles, 23 de enero de 2008

POLA PAZ

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ. E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar por unha mellor sociedade do futuro.



viernes, 18 de enero de 2008

HORA DE LER

Seguindo coa campaña de fomento da lectura "Hora de ler" os nenos e nenas de educación infantil seguen a traballar arreo cos contos.


miércoles, 16 de enero de 2008

OS CONTOS DO CAMIÑO

Este martes día 15 de Xaneiro os nenos e nenas de Infantil de 5 anos, 1º e 2º cursos de primaria, asistiron a unha sesión de contacontos a cargo de Raquel Méndez no multiusos de Redondela.

Nesta iniciativa que pretende dar a coñecer os Camiños ós máis pequenos, ademáis de escoitar atentos en que consistía o Camiño de Santiago, as distintas rutas e contos doutras culturas, tiveron que, por aula, levar unha pedra, imitando así ós antigos peregrinos e deixar constancia da súa participación nun caderno de viaxe.

Pedras e cadernos exporanse ó remate dos Camiños en Santiago de Compostela, no Museo do Pobo Galego.


viernes, 11 de enero de 2008

LEVA LIBROS PARA CASA

Este luns, día 14 de xaneiro, recomezamos o servizo de préstamo nos recreos, non vos esquezades.

Recordade que podedes visitar a biblio todos os días, pero cada curso so pode levar en préstamo para casa un día á semana. Os luns, 2º curso; os martes, 3º e 4º cursos; os xoves, 1º curso; e os venres, 5º e 6º cursos. Os Mércores quedan reservados para as distintas actividades que realizan os alumnos.

Esperámosvos!!!!!

sábado, 22 de diciembre de 2007

GUÍA LECTURAS

Aproveitando que chegan os reis queriamos recordarvos que tamén se pode regalar un libro.

Na guía de lecturas que enviamos para casa tedes varios títulos para poder elixir segundo a idade, incluso para os papás e as mamás.

BO NADAL!!!!

e

BOAS LECTURAS!!!!

jueves, 20 de diciembre de 2007

BO NADAL!!!!

Rematamos o trimestre, e como todos os anos, para felicitarnos o Nadal o equipo de dinamización lingüística organiza no centro un concurso de postais. Este ano tocáballe ao primeiro ciclo de primaria e os nenos e nenas de 1º e 2º cursos fixeron unhas postais extraordinarias, pero unha tiña que ser a seleccionada.
Con esta postal desexámosvos a todos un...
BO NADAL
e un
PRÓSPERO ANINOVO!!!


viernes, 23 de noviembre de 2007

MANUEL UHÍA

O mércores 21 de Novembro tivemos unha charla co autor e ilustrador Manuel Uhía. Estas foron algunhas das nosas impresións despois do acontecemento:

-Gústame como debuxa.
-Foi moi entretido.
-Moi divertido, Fíxonos participar a todos.
-Debuxa dunha maneira fácil.
-Deume ideas de debuxo. Saín a debuxar o lume e gustoume moito.
-Gustáronme as técnicas de debuxo que nos amosou.
-Debuxa moi ben e gustáronme moito os seus libros.
-Aportounos moitas ideas para comezar a debuxar.



lunes, 19 de noviembre de 2007

OS CONTOS NA EDUCACIÓN INFANTIL

Cada venres os nenos de Educación Infantil visitan a Biblioteca, alí, ademáis de facer sesión de contacontos, collen un libro para levar para casa e aproveitar para compartilo coa familia.

Á volta, o luns traballan sobre os contos lidos nese fin de semana cos materiais da campaña de fomento á lectura "Hora de ler".


Mirade algúns dos resultados:


miércoles, 31 de octubre de 2007

QUE MEDO!!!!

Festa do Samaín, noite de difuntos, cabazas arrepiantes, ... comezo do ano novo Celta:



  • Os máis pequenos, os de educación infantil, foron polas aulas a asustar aos maiores, estos a cambio, asustáronse moito, leron, contaron e cantaron contos de medo. Auuuuuuhhh!!!!!!!!!


  • Margarida disfrazouse de fantasma, igual que os máis peques, e cos maiores no recreo fixeron unha sesión de contos terroríficos.

miércoles, 24 de octubre de 2007

24 de Outubro día internacional das Bibliotecas Escolares

Con motivo deste día tan especial temos previstos nestos días algunhas actividades:


  • Lecturas de contos por alumnado de 6º curso a nenos e nenas de educación infantil e primeiro ciclo.


  • A presenza dun ilustrador na biblioteca.


  • A representación dun teatro negro.



  • A entrega dun marcapáxinas a cada neno e nena do centro, cun motivo de margarida, a nosa mascota, e o lema escollido de entre todos os presentados : "Coa lectura vives mil aventuras", de Iara García de 5ºA.