O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas e sabiades que as bibliotecas teñen máis de 4000 anos de idade?
Ao longo do tempo a idea de biblioteca, primeiro era un lugar para gardar libros. Os primeiros libros eran papiros e denominábasen codex.
Na idade media coas invasións bárbaras so quedaron bibliotecas nos mosteiros porque o resto foron destruídas.
No Renacemento invéntase a imprenta o que permite facer os libros de xeito máis rápido, sen transcribilos a man. A nobreza comeza a ter as primeiras bibliotecas que se abren aos eruditos e aos estudiantes para que poidan usar os libros.
A Revolución Francesa cos seus principios democráticos deu o paso para que as bibliotecas se abrisen a todas as persoas.
Hoxe en día temos diferentes tipos de bibliotecas: escolares (coma a nosa), universitarias, públicas, privadas, especializadas...
Para celebrar este día, esta semana a nosa lectura silenciosa estará adicada ao tema do curso, "Os Superheroes", e uns cursos leeránlle a outros historias de superheroes. Así que, lembrade:
lunes, 24 de octubre de 2016
domingo, 23 de octubre de 2016
OS APOLOS DE 5 ANOS E MARGARIDA
Agora que xa somos maiores podemos recorrer os espazos do centro con máis liberade e maior autonomía. Un deses espazos para explorar, aprender e experimentar é a biblioteca.
Estivemos escollendo os libros para o PLAN DE LECTURA SILENCIOSA e, ademais, agora os venres levamos libro para ler en familia.
martes, 18 de octubre de 2016
MÁIS IMAXEs DA PRIMEIRA LECTURA SILENCIOSA
Os nosos compis de infantil nos achegan un vídeo coa súa primeira lectura silenciosa deste curso. Mirade que ben o fixeron!!
martes, 11 de octubre de 2016
lunes, 10 de octubre de 2016
COMEZAMOS A LECTURA SILENCIOSA
O xoves pasado comezamos co PLSS e aproveitamos o bo tempo que nos acompaña para ler fóra, disfrutando do día e dos nosos libros.
A ver se vos atopades!!!
viernes, 7 de octubre de 2016
RECURSOS E MÁIS RECURSOS DOS SUPERHEROES E DAS SUPERHEROINAS
Este ano no cole de Reboreda temos un tema que é todo un reto, "EU TEÑO UN SUPERPODER".
E para poder arrincar decidimos aprender máis cousas dos superheroes aproveitando algúns dos recursos que nos da a rede.
A continuación tedes dous symbaloo, un para infantil e outro para primaria, onde hai unha chea de recursos dos superheroes, tedes proxectos doutros coles para os profes, información xeral, debuxos, disfraces, recursos, contos e, tamén, xogos.
Así que tomade o voso tempo e entrade nos enlaces para seguir aprendendo. Nos vindeiros días deixarémolos de xeito permanente na barra lateral.
SYMBALOO PRIMARIA
jueves, 6 de octubre de 2016
LECTURA SILENCIOSA
Un ano máis chega outubro e con este mes comezamos o noso PLAN DE LECTURA SILENCIOSA.
A partir de hoxe, todos os xoves e venres de 11.45 a 12.05 aproveitaremos para ler na aula en silencio. Podemos ler o que queiramos durante este tempo.
É un espazo para disfrutar da lectura acompañados dos nosos compañeiros, ler para formarnos, informarnos e divertirnos.
Ler porque si, porque nos peta
E sempre seguindo os DEREITOS DO LECTOR de Daniel Pennac. Vos lembrades?
A partir de hoxe, todos os xoves e venres de 11.45 a 12.05 aproveitaremos para ler na aula en silencio. Podemos ler o que queiramos durante este tempo.
É un espazo para disfrutar da lectura acompañados dos nosos compañeiros, ler para formarnos, informarnos e divertirnos.
Ler porque si, porque nos peta
E sempre seguindo os DEREITOS DO LECTOR de Daniel Pennac. Vos lembrades?
miércoles, 5 de octubre de 2016
XA ESTAMOS ABERTOS
A nosa biblio xa está aberta e Margarida está desexando vervos a todos.
En breve publicaremos as normas de uso deste espazo. Vinde, lede e disfrutade. Un curso novo cheo de aventuras e fazañas nos agarda.
ADIANTE SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS QUE AS LECTURAS VOS ACOMPAÑEN!!!
En breve publicaremos as normas de uso deste espazo. Vinde, lede e disfrutade. Un curso novo cheo de aventuras e fazañas nos agarda.
ADIANTE SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS QUE AS LECTURAS VOS ACOMPAÑEN!!!
martes, 28 de junio de 2016
BIBLIOCONCERTO 25 DE ABRIL
Con motivo da conmemoración da Revolución dos Cravos, reunímonos na biblioteca para cantar cantigas do noso país veciño. Por suposto....non faltou GRANDOLA, VILA MORENA!!
lunes, 23 de mayo de 2016
Visita de MANUEL VEIGA TABOADA
O pasado mérceros 18 visitounos Manuel Veiga Taboada, natural de Monforte de Lemos, escritor e doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía. Autor do libro "Manuel María. Vida, versos e rebeldía" (2016).
Falounos da súa relación con Manuel María, protagonista deste ano das Letras Galegas. Contounos, entre otras cousas, o importante traballo que fixo Manuel María na súa librería e destacou o amor que este escritor tiña pola lingua galega. Ademais, recitamos algún que outro poema. A verdade é que non faltaron voluntarios!
Manuel, moitas grazas pola túa visita!
Etiquetas:
autores,
letras galegas,
poesía,
visita
XACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
O pasado mércores tivemos a sorte de ter no noso colexio a Xacobo Fernández Serrano. El é o escritor e ilustrador de Mil cousas poden pasar, o libro que estou lendo cos meus compañeiros no colexio.
Xacobo primeiro preguntounos si nos gusta ler e se nos gusta escribir historias..... logo tamén nos comentou cousas sobre os outros libros que escribiu e ademáis díxonos que dentro de pouco vai a publicar un novo libro e ten pinta de que vai a ser moi divertido.
Unha cousa que me encantou foi que nos debuxou a Neda, Hedión, Lina.... persoaxes do libro Mil cusas poden pasar. Paréceme un ilustrador e un escritor excelente!!!!
Ao final firmounos o libro e xunto a súa firma fíxonos un debuxo a cada un. A min debuxoume o gato Kandás moi elegante cunha garabata e unha sonrisa preciosa e enorme.
Unha cousa que me encantou foi que nos debuxou a Neda, Hedión, Lina.... persoaxes do libro Mil cusas poden pasar. Paréceme un ilustrador e un escritor excelente!!!!
Ao final firmounos o libro e xunto a súa firma fíxonos un debuxo a cada un. A min debuxoume o gato Kandás moi elegante cunha garabata e unha sonrisa preciosa e enorme.
Encantoume a visita!!!
Paula Dasilva (5º)
TEATRO RADIOFÓNICO
TODO É UN CONTO
ALUMNOS DE 5ºFai xa unhas semanas o actor e guionista Santiago Cortegoso veu o noso cole a explicarnos en que consiste esta modalidade de teatro e a axudarnos a preparar a nosa obra. Estivemos practicando durante varios días e hoxe, por fin, fomos a gravar a Radio Redondela.
Foi unha experiencia única!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























