martes, 3 de marzo de 2009

MARGARIDA QUERE SABER II

Comezou a fase de inscripción dos equipos para a Olimpiada de Margarida. Recordade que hai que facer equipos de 2 ou 3 compoñentes, e sempre de distintos cursos. Tedes toda a semana. O luns 9 de Marzo sairá a Primeira Pregunta.
Se tedes dúbidas sobre as normas da Olimpiada consultade a páxina na barra lateral, dentro da sección "Os nosos recunchos".


lunes, 2 de marzo de 2009

4 ANOS RECOMENDA

Despois da visita de Margarida, os nenos e nenas de 4 anos contábannos que o seu libro favorito era:
Mirade a carta que nos escribiron.

E agora a seguir lendo!!!


jueves, 26 de febrero de 2009

CONCURSO NARRATIVA: "A REBORAINA"

Chegou o momento, xa é hora de plasmar en papel todas esas fantásticas ideas que tedes, esas estupendas historias que levades dentro, ... ide espremendo a vosa imaxinación, buscando personaxes, ubicando espazos, deseñando historias, .... e non pensedes que fai falla ir moi lonxe, ás veces as cousas máis sinxelas, as máis cotiás,... son as mellores aventuras.
Deixámosvos aquí as normas e o cartel para que botedes un ollo.
Ánimo e a participar!
Ben sabedes que os premios son estupendos!


HORTO NA ESCOLA

Por fin despois de tanta auga, chuvia, temporais, .... solciño, que xa iba tocando. E aproveitando o bo tempo, os nenos e nenas de educación infantil, saíron a preparar a terra e a plantar xa algunhas sementes, no que logo será un horto impresionante. Por que falando de Ciencia, Que hai máis científico que comprobar "in situ" como medran as plantas?

MÁIS DARWIN

Chegou ás nosas mans outra páxina bastante interesante sobre Darwin. Para aqueles que todavía quedaron coas ganas de saber máis aquí tedes. Nesta ocasión os vídeos están en Español.

miércoles, 25 de febrero de 2009

INSECTOS E OUTROS

Hai pouco nos correos das Biblios alguén nos recomendaba esta páxina. E nós non podemos menos que recomendárvola a todos vós.
É un blog dun rapaz de 12, 13 anos, e como vedes na imaxe e no título, trata sobre insectos.
É realmente moi interesante.
Botade unha ollada!!

sábado, 21 de febrero de 2009

TREMENDA SEMANA

Comezou o Meco dicindo o que facer cada día.

A golpe de luns chegan tres mestres dun cole inglés: "Hesketh-with-Becconsall All Saints" que despois de manter contacto a través de correo electrónico entre os nenos e nenas dos dous centros, querían coñecer máis de cerca o noso labor educativo.


Comeza o campeonato de Fútbol Sala de todos os anos.
Terceira semana de Videoconferencias. Esta con C.P. Villapendi de Asturias.
E para rematar o desfile de Entroido. Espectacular coma sempre. Cheo de imaxinación, son e cor. Este ano ademais de ciencia!


Disfrutade do Entroido!

jueves, 19 de febrero de 2009

O MECO MANDA 5

"O VENRES CIENCIA VAI DE FIN DE SEMANA
ASÍ QUE DISFRAZÁMONOS DO QUE NOS DA A GANA"

miércoles, 18 de febrero de 2009

GRAN PRESENTACIÓN

Estamos moi animados, as datas, o Entroido,... non paramos de publicar. Hoxe os nenos e nenas de segundo curso viñeron á Biblio a presentarnos dous libriños feitos por eles: un de acrósticos- que será eso?- vades ter que preguntarllo, ou pasar pola Biblio; e outro de pequenos contos e poemiñas. Logo estarán rexistrados e poderedes levalos en préstamo.
Animádevos a escribir!
Seguro que levades dentro grandes historias!

O MECO MANDA 4


"O XOVES OS CIENTÍFICOS XA IMOS MEDIO CANSADOS

BATA E PIXAMA E VIREMOS ENCANTADOS"

martes, 17 de febrero de 2009

O MECO MANDA 3

"O MÉRCORES OS CIENTÍFICOS PRESENTAMOS INVENTO
NON PODE FALTAR NO PESCOZO FUNDAMENTO"

lunes, 16 de febrero de 2009

O MECO MANDA


"O MARTES OS CIENTÍFICOS IMOS AO LABORATORIO

BATA DE TRABALLO ANTES DE ENTRAR AO ESCRITORIO"