jueves, 24 de noviembre de 2016

COÑECENDO A ORIXE DE...

Comezamos este concurso co superheroe de todos os tempos, sen dúbida ningunha trátase de Superman.
 Foi creado polo escritor estadounidense Jerry Siegel e polo artista canadense Joe Shuster en 1933. Superman foi vendido a DC COMICS e publicouse por primeira vez en 1938 en Action Comics. O seu éxito foi tal que convertiuse no heroe máis seguido nos comics estadounidense, apareceu en seriais de radio, televisión, películas...
KAL-EI é un bebe que vén do planeta Krypton. Planeta que vai ser destruído e os seus pais, que son científicos, envÍano nunha nave espacial a terra para salvalo. 
A nave cae a terra  nunha granxa de Smalville, en Kansas, alí viven Martha e Jonathan Kent, que adoptan ao neno e coidano. Chámanlle Clark Kent, e incúlcanlle un estricto código moral. 
De mozo comeza a amosar os seus superpoderes. 
Ao rematar os seus estudos comeza a traballar no Daily Planet de Metrópolis coma un tímido periodista. Alí coñecerá a Lois Lane da que se namorara. 
Superman ou tamén chamado o Home de Aceiro, leva un traxe azul con capa vermella e unha insignia no peito cun S. Ten supervisión, oído de alta frecuencia, unha forza sobrehumana, pode voar... Pero é intolerante a kryptonita. Un metal do seu planeta que o debilita e anula todos os seus poderes.
Podedes saber máis de superman en:
E aquí Superman animado. É unha serie antiga pero tamén está ben ver coma eran os debuxos de antes!
Estade atentos, lede ben e respondede con tino.
AS RESPOSTAS FARÁNSE NO APARTADO DE COMENTARIOS POÑENDO O NOME DO EQUIPO. TEDES ATA O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 1 DE DECEMBRO, NON VOS DESPISTEDES!!!  O XOVES SACAREMOS A PUNTUACIÓN E O VENRES 2 DE DECEMBRO NOVA PREGUNTA
Aquí tedes a pregunta desta semana (5 puntos)

1. CAL É O VERDADEIRO NOME DE SUPERMAN?  

E agora o reto (entre 1 e 10 puntos)

A kriptonita é un metal do planeta krypton que anula todos os poderes de Superman.

ATREVÉDESVOS A CREAR KRYPTONITA? 

Para superar este reto tedes que pensar como poderiades facer kryptonita, que vos fai falla e cal sería o proceso para facela. Cando o teñades decidido podedes experimentar e ver o que vos sae. 
Unha vez que xa teñades as ideas claras debedes facer un comentario contándonos os materiais que necesitamos e cal é o proceso.
É difícil? Que va!! De seguro que se vos ocorren ideas fantásticas pero por se necesitades inspiración aquí vos deixo unha idea (non vale copiala!!)

Buscamos que sexades orixinais e nos sorprendades. As máis orixinais, divertidas e que se parezan máis ao que pedimos levarán máis puntos e ademais no segundo trimestre poderedes levalas a cabo na biblio para o resto dos vosos compañeiros.

VEÑA AMOSÁDENOS DE QUE SODES CAPACES!!!

12 comentarios:

Xosé Manoel dijo...

Noraboa por esta iniciativa! É xenial ver cómo se difunde un xénero tan imaxinativo desde una escola. Parabéns a nen@s e profes.

APOLOS dijo...

OS APOLOS
PREGUNTA 1: KAL-EI
PFREGUNTA 2:
1 PEDRA
PINTURA VERDE
BRILLANTINA VERDE
1º PINTAMOS A PEDRA DE VERDE, DESPOIS BOTAMOS A PURPURINA E DEIXAMOS SECAR
E XA TEMOS KRIPTONITA

ANTIA 6 A PAULA 5 A dijo...

1 CAL E O VERDADEIRO NOME DE SUPERMAN ?? NOME DA PARELLA : SUPERGIRLS
E Kal - E

Anónimo dijo...

EQUIPO: "Las mejores".
CURSO: 6A
PREGUNTA: Cal é o verdadeiro nome de Superman?
RESPOSTA: O verdadeiro nome é Kal- Ei posto polos seus pais biolóxicos e mais tarde os pais adoptivos cambiaronllo por Clark Kent

Anónimo dijo...

EQUIPO: "Las mejores".
PREGUNTA 1: Cal é o verdadeiro nome de Superman?
RESPOSTA 1: O verdadeiro nome é Kal- Ei, posto polos seus pais biolóxicos e mais tarde os pais adoptivos cambiaronllo por Clark Kent.

PREGUNTA 2: Como farías kriptonita?
RESPOSTA 2: Collemos papel de aluminio e e facemos a forma dunha rocha.
Por outro lado, nun bote, mesturamos cola blanca cunhas gotiñas de pintura fluorescente verde e un pouco de purpurina se se quere.
Botamos a mezcla por riba do papel de aluminio o que lle demos forma de pedra antes, deixamos secar ben e...... LISTO!

LOS SUPERPROSS dijo...

Su nombre kyptoniano es Kal-El y su nombre terrestre es Clark Kent.
Ingredientes para crear kryptonita es:
Traer piedras de kypton

LAS SUPERMINI GUERRERAS dijo...

LAS SUPERMINI GERRERAS
KAL-EI

KRIPTONITA

INGREDIENTES
3 O 4 Barras de silicona
1 barra de pegamento
1 piedra
pintura verde
purpurina verde

PREPARACION
-CORTA LAS PUNTAS DE LAS BARRAS DE SILICONA.
-PINTA LA PIEDRA CON PINTURA VERDE.
-PINTA LAS BARRAS
-PONLE PURPURINA A LAS BARRAS Y A LA PIEDRA
-PEGA LAS BARRAS DE SILICONA CORTADAS EN LA PIEDRA CUANDO ESTE SECA


REBOREDA AL PODER dijo...


1ª RESPOSTA: KAL-EI


2ª RESPOSTA:
INGREDIENTES
-PEDRA NORMAL
-VASO
-SAL
-AUGA
-PURPURINA VERDE
-QUEIXO MOHOSO
-5 PÁXINAS DUN LIBRO
-MANDARINAS (SON VENENOSAS PARA SUPERMAN)

PREPARACIÓN
1. COLLER A PEDRA E METELA NUN VASO CON AUGA E SAL.
2. BOTARLLE PURPURINA VERDE.
3. METELA NO FORNO DURANTE MEDIA HORA Á TEMPERATURA DE 120 GRAOS E LOGO POÑELO NA NEVEIRA 1 HORA.
4. METELO EN QUEIXO MOHOSO DURANTE 5 HORAS PARA QUE QUEDE O EFECTO.
5. PARA SECALO COLLEMOS AS 5 PÁXINAS E O ENVOLVEMOS.
6. BOTÁMOLO NUN BOL E MEZCLÁMOLO COA MANDARINA.
7. DÁMOSLLE FORMA E DEIXAMOS SECAR AO AIRE LIBRE.

AS SUPERHEROINAS DE 4º dijo...

AS SUPERHEROINAS DE 4º

1ª PREGUNTA: CAL E O VERDADEIRO NOME DE SUPERMAN?
RESPOSTA: O VERDADEIRO NOME E KAL-EI.

2ª PREGUNTA:COMO FACER KRYPTONITA

INGREDIENTES:
1/2 TAZA DE AUGA
1 TAZA DE AZUCRE
4 CULLERADAS DE GLUCOSA LIQUIDA E COLORANTE VERDE
ACEITE
PREPARACION:
1º QUENTAR A AUGA NUN CAZO.
2º CANDO ESTE QUENTE ENGADIR O AZUCAR E REMOVER
ATA DESFACELO (EVITAR QE SE QUEIME, QUEDARIA
MARRON)
3º ENGADIMOS A GLUCOSA E O COLORANTE E DEIXAMOS
FACER DURANTE 8 A 10 MINUTOS, REMOVENDO ATA
QUE ESTE PASTOSIÑO.
4º VERTER NUN MOLDE ENGRASADO ANTES CO ACEITE.
5º CANDO ESTE FRIO QUEDARA COMA UN VIDRIO,
PARTIMOLO COMO QUEIRAMOS.
6º SE QUEREMOS PODEMOLA COMER!!!!

sofia raquel monteiro cardoso dijo...

SUPER INVENCIBLES:
PREGUNTA 1:
KAL-EI.

PREGUNTA 2:
KRIPTONITA
INGREDIENTES:
-PIRITA VERDE.
-CRISTAL TALADO.
-AREA.
-PINTURA VERDE.
-SILICONA LÍQUIDA.
PREPARACIÓN:
1-PINTAR O CRISTAL DE VERDE.
2-PEGAR O CRISTAL Á PIRITA.
3-POÑERLE Á AREA POR A RIBA.
ANTÍA 5.B ÁNGELA 3.A CANDELA 1.A

Os súper me importa un pepino dijo...

Ola cando fixemos o traballo non se publicou ben, e non me din conta ata hoxe, perdoe o retraso

1PREGUNTA:
Kal-Ei

2. PREGUNTA:
Kriptonita.
Ingredientes:
-1 pedra grande.
-4 pedras alargadas.
-4 calipos lima-limón.
-Pintura negra.
-Silicona líquida.
Preparación:
1. Pintar a pedra grande de negro.
2. Cando seque pegar as cuatro pedras alargadas coa silicona sobre a pedra grande.
3. Mentres seca a silicona, derretide os calipos de lima-limón.
4. Cando Teñas a figura feita,verte os calipos derretidos e pono no conxelador.
E listo!!
Alba 5.B e Jaume 1.A.

Choquetes Reboreda dijo...

os choquetes, aínda que chegan tarde queren deixar a súa receita para facer kriptonita.

ingredientes:

3 vasos de azucre, 1 vaso de auga, colorante alimentario verde, paus de madeira longos e pinzas da roupa.

1º engadimos os tres vasos de azucre á pota
2º engadimos o vaso de auga
3º quentamos a mistura na cociña e disolvemos
4º cando a auga ferva engadimos o colorante verde
5º remexemos ben e logo mollamos o pau de madeira na mistura de azucre e auga
6º pasamos o pau de madeira mollado por azucre seco
7º botamos a mistura de azucre e auga de cor verde en vasos altos de cristal
8º collemos o pau co azucre coa pinza en introducimos parte do pau no vaso pero sen que toque o fondo do vaso, a pinza sirve para que o pau quede dereito e non se pegue aos bordes nin ao fondo.
9º deixamos reposar o pau no líquido varios días, cantos máis mellor

cando saquemos o pauciño teremos unhas doces piruletas de cristais de kriptonita, listas e preparadas para degustar.