viernes, 24 de enero de 2014

SIGNOS PARA O DÍA DA PAZ

Xa temos aquí a segunda lección de signos para toda a comunidade educativa do noso cole. Nesta ocasión, Brais e Marta contaron coa inestimable colaboración dos Cocoricos A. Faltounos un dos profes (Diego) que estaba no médico cando gravamos pero para a próxima non faltará.
Os signos a aprender nesta ocasión están relacionados coa PAZ xa que para a semana conmemoraremos esta data no noso centro. Os signos son os de: PAZ, AMIGO, AMOR e DIÁLOGO.
Esperamos que vos guste e que os practiquedes con nós. Ata a próxima.

No hay comentarios: