Achégase o 31 e nós espantando os MEDOS. Durante toda a semana lévase traballando o tema do medo en todo o cole, nas titorías, dende o departamento de Inglés, dende a Biblio,...
O SAMAÍN-O HALLOWEEN
Tradicións que compartimos distintas culturas, con distintas celebracións e un mesmo orixe: Os pobos Celtas. Se queredes saber máis:
Durante a semana reflexionamos sobre os Medos. Ao longo da mañá, e entre algún que outro susto, ademais dos aniversarios monstruosos de educación infantil, e algunha que outra visita á biblioteca auténticamente tenebrosa, os nenos e nenas foron levando as súas cabazas á entrada do cole (terroríficas) e depositando os seus medos na "Pota da bruxa" (os profes tamén). E, despois da Lectura Silenciosa, chegou o momento cumbre, a lectura do "Conxuro Quitamedos" e a queima de todos eles.
XENIAL!!!!
Logo, e despois de ter traballado moito sobre, receitas de cociña tradicionais, ou temas relacionados co feito de compartir, seguiron. O Cole encheuse dun rico olor a chulas de cabaza!
1 comentario:
Foi moi chulo é interesante. A parte diso perdemos clase. Son un pouquiño mala.
É os pequenos tiveron moito morro de comer tantas cousiñas ricas
Publicar un comentario