lunes, 6 de junio de 2011

COLABORACIÓN MUSICAL INTERCENTROS


Sabiamos que a nosa profe de música era estupenda, só hai que ver as moitas e variadas actividades que nos ofrece durante o curso, e que calidade... Seguro que foron moitos os que alucinaron o día que baixaron os nenos de sexto curso ao multiusos.


Pois mirade o traballo que está a facer con outros mestres de música, algúns do Concello de Redondela.


"Somos un grupo de catro mestr@s de música que estamos investigando sobre as posibilidades musicais que ofrece o noso contorno. Así, intentamos sacar o máximo proveito de cada situación que nos rodea e darlle un sentido musical na aula. Desta maneira, é importante sinalar que cada un de nós ten un proxecto a nivel de centro co cal tentamos interactuar o máximo posible dentro da aula de música en pro dunha ensinanza globalizada. Así, os diferentes centros que participan e os seus proxectos de centro son:
1. CEIP Laredo (Redondela): os bosques
2. CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela): a auga
3. CEIP Outerio das Penas (Redondela): a illa de San Simón (1º trimestre) e a alimentación (2º e 3º trimestre)
4. CRA Antía Cal (Gondomar): os bosques.
A parte de mostrar diferentes actividades relacionadas cos proxectos de centro e co contorno máis cercano, tamén levamos a cabo unha serie de actividades cunha temática común entre os catro centros, as cales podedes observar no blogue no apartado lateral "proxectos comúns"."


(CLICA NA IMAXE PARA IR AO SEU BLOG)
Teredes este blog tamén na barra lateral, sección "As nosas páxinas"

7 comentarios:

Lucas y Pedro 6 A dijo...

parecenos moi ben e divertido que os profes de musica teñan un blog e poñan os nosos videos

Bárbara y Claudia. dijo...

Gustounos facer a obra e tamen queriamoslle decir aos nenos e nenas garazas por axudarnos.

IRENE Y ANA 6ºA dijo...

Foi moi divertido facelo,aínda que nos costou moito.Moitas grazas á xente que colaborou do noso preciado cole.

IRENE Y ANA 6ºA dijo...

Foi moi divertido facelo,aínda que nos costou moito.Moitas grazas á xente que colaborou do noso preciado cole.

patri y delio dijo...

facer o teatro foi moi divertido!!!!!! todos o poasamos moi ben

adri y ibti dijo...

A nos gustounos moito pero vianse a choiva

Seve y Jesús dijo...

Esta moi ben que as profes de musica teñan blog .