viernes, 8 de abril de 2011

EDICIÓN ESPECIAL DE "O SEÑORITO DA REBORAINA"

Este luns, día 11 de abril, celebraremos no salón de actos do noso colexio, a presentación da edición especial da novela de D. Ramón Otero Pedrayo "O señorito da Reboraina".

Esta novela está, en parte, situada no pazo Casa Grande de Reboreda, ao lado da igrexa da parroquia. O seu protagonista é don Xoán Manuel Pereira. Este é o nome que se lle deu á rúa que sae da praza da Farola (en Redondela) e chega a Reboreda.

O certame narrativo celebrado no noso centro, que chegou este ano á súa 13ª edición, tamén leva o nome "Da Reboraina" como homenaxe ao escritor ourensán e á súa novela.

Alá polo ano 1994 organizouse dende o colexio, contando coa colaboración de diversas entidades veciñais e municipais, a edición especial do libro "Sempre en Galiza", de Castelao. Este ano queremos facer o mesmo coa novela "O señorito da Reboraina" e con Otero Pedrayo. Editado pola editorial Galaxia e en colaboración con Comunidades de Montes de Ventosela e de Reboreda, co Concello de Redondela , ANPA e Colexio de Reboreda.

O programa de actos para o luns é o seguinte:



12.30: Presentación do acto

12.35: Fallo do xurado do Concurso de Narrativa "Da Reboraina"

12.45: Presentación en power-point do documental "O noso Patrimonio"

13.05: Intervención do escritor D. Víctor Freixanes

13.20: Actuación musical de Isabel Mouzo, Paco Barreiro, Ailén Kendelman e Chuco Estévez

13.35: Clausura do acto.
Un exemplar da novela será entregado a cada familia con alumnos no centro, o día 15 de abril, cando celebraremos "O día da Árbore".

4 comentarios:

iria-dani 5ºB dijo...

É moi interesante que fagan unha edición especial só para nós. Seguro que esta moi ben. Estamos impacientes por que nos lo den.

lucia 5ºA dijo...

hola margarida. Son lucia de 5ºA. estou na casa, pero xa ves que sigo entrado na paxina da biblio.
sabes que. Meu padriño por pascua regaloume o libro da sexta luna.
E xa lin un pouquiño do libro do señorito da reboraina.
chao

Margarida dijo...

Ola, Lucía!! Pero, Como é que estás na casa coa tarde tan estupenda que fixo??
Alégrame moito saber que vos agasallan libros, e ademais sei que os libros da colección da "Sexta Luna" gústanche moito. Teu padriño coñecete ben!!
Xa falta pouco para que nos vexamos. Ata o martes! E disfruta do que queda!!

lucia e iago de 5ºA dijo...

hola margarida¡ Grazas polo comentario. E tes razón meu padriño coñeceme moi ben. Xa que e o meu irmán que se esforce un pouco
ou non???