lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS EN REBOREDA

Este curso a semana das letras galegas comezou cun pequeno teatriño dos nen@s de 5ºA e co tradicional izado de bandeiras e a interpretación do himno


Nas clases tod@s aprendemos moitas cousas de autor homenaxeado Roberto Vidal Bolaño (se premedes no nome iredes á páxina de recursos sobre este dramaturgo). 
Os máis pequenos do cole tiveron ocasión de asistir no multiusos aos títeres da compañía Babaluva e a súa obra "Lume" (preme no título para saber máis).
 E os rapaces e rapazas de primeiro contaron cunha contacontos de excepción a nosa orientadora Ángeles Pérez Espiña que lles presentou o seu libro "En Redondela vive..." e coa que pasaron un rato moi, moi especial. Grazas, Ángeles!


miércoles, 8 de mayo de 2013

O KAMISHIBAI CHEGA Á BIBLIOTECA

O Kamishibai é un teatriño tradicional xaponés que se usa para contar historias mediante unhas láminas ilustradas. E este curso chegou a Reboreda grazas ás profes de primeiro. As mestras fabricaron con madeira o teatriño e os nen@s de primeiro prepararon as láminas cos contos.  Os de 1º B eran contos tradicionais con finais abraiantes e o conto de 1º A  foi totalmente inventado polos nen@s demostrando o moito talento que teñen. 
Unha vez preparado todo invitáronnos ao espectáculo: os narradores ían contando o conto e mostrando os debuxos según ía sucedendo a historia. FOI UN ÉXITO!!!
Despois regalaron o Kamishibai cos seus contos para a biblioteca:
 Que contenta estaba Margarida! 
Agora temos o Kamishibai a disposición de tod@s: animádevos a preparar os vosos contos!

lunes, 29 de abril de 2013

PREMIOS DO CONCURSO DA REBORAINA 2013

CATEGORÍA A
1º PREMIO:
“A VIAXE POLAS NUBES”
Raquel Martínez Gallego 5º A
1º ACCÉSIT:
“TERRA PROHIBIDA”
Diego Muíños Míguez 4º B
2º ACCÉSIT:
“O TEMPO NON É UN XOGUETE”
Alejandro Figueroa Rodríguez 6º A 
3º ACCÉSIT:
“O PAÍS DAS FADAS”
Lidia Collazo Couñago 5º B
4º ACCÉSIT:
“LÚA E O MISTERIO DOS VAMPIROS DO DENTE DE CRISTAL”
Aroa Rodríguez Míguez 5º B

CATEGORÍA B
1º PREMIO:
“XOEL”
Uxía Martínez Lago 2º ESO (IES MENDIÑO)
1º ACCÉSIT:
“A LIBERDADE”
Miguel Rancaño Míguez 1º ESO (IES MENDIÑO)
2º ACCÉSIT:
“ONDE O DÍA É NOITE”
Inés Pérez Couñago 2º ESO (IES MENDIÑO)

jueves, 25 de abril de 2013

O NOSO DÍA DO LIBRO

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, MARGARIDA ABRIU A PORTA DA BIBLIOTECA E DEIXOU QUE OS LIBROS OCUPARAN TODOS E CADA UN DOS RECUNCHOS DO COLE. PASAMOS UN DÍA MOI ESPECIAL LENDO E RECITANDO AQUÍ E ALÁ!! A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA MOSTRA!!

domingo, 21 de abril de 2013

CO DÍA DA ÁRBORE... MARGARIDA PREGUNTA!!!!



Un ano máis, a Margarida, éntralle a curiosidade... Atopou esta imaxe na biblioteca e, con motivo do día da árbore quérevos propoñer unhas preguntas sobre este personaxe extraordinario que se atopa sentado debaixo da árbore.
                                                     Se queredes participar neste concurso, só tendes que contestar ás cuestións propostas por Margarida e metelas no buzón da biblio.
Para axudarvos, deixámosvos dúas pistas onde buscar:

  • Na biblioteca: Colección Sabelotod@s Editorial elrompecabezas





lunes, 15 de abril de 2013

CONTOS DO MEDIO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Concello de Redondela propóñense varias actividades coas que participamos sempre que podemos. A semana pasada, a empresa Faia, acudiu á clase dos Waters (5 anos) para realizar unha actividade de contacontos a través do medio natural, na que se fomenta a oralidade e o coñecemento do medio,  a diversidade e a igualdade, e se trata abondosamente o léxico galego específico do noso medio natural.


Aquí vos deixamos algunhas fotos desta sesión tan interesante e entretida!

sábado, 16 de marzo de 2013

"O CARBALLO CON BOTAS" CON ANXO MOURE"

A pasada semana tivemos unha visita moi especial. Anxo Moure, o autor do conto “O carballo con botas”, quixo agasallar aos peques de Reboreda e aos nen@s do primeiro ciclo da escola cunha orixinal sesión de contacontos. Dende os primeiros instantes conectou fantasticamente cos peques, cunha maxia moi especial conseguíu que todos e todas cantaran con el, fixeran xestos e sons variados para animar a súa historia. Unha historia que fixo reflexionar a grandes e pequenos, na que Anxo Moure promovía coidar o medio ambiente con sabios consellos, como: evitar os incendios forestais, manter os bosques limpos de lixo, reciclar,… Queredes ver que ben o pasaron os Sapiens e os Waters nesta divertida sesión de contos? Pois atentos, atentos que comeza o espectáculo…

martes, 12 de marzo de 2013

ANXO MOURE EN REBOREDA

O PASADO LUNS 11 DE MARZO VISITOUNOS O ESCRITOR E CONTACONTOS ANXO MOURE PARA AMOSARMOS MÁIS SEGREDOS DO SEU LIBRO 
"O CARBALLO CON BOTAS"

NESTA ACTIVIDADE, PROMOVIDA DENDE A BIBLIOTECA DO COLE, PARTICIPAMOS OS NEN@S DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO.

ADEMAIS DE DIVERTIRNOS MOITO APRENDEMOS COMO COIDAR "A MÚSICA DAS ÁRBORES". SE QUEREDES SABER MÁIS PODEDES VISITAR A PÁXINA WEB DO ESCRITOR http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm


miércoles, 27 de febrero de 2013

CARTEL GAÑADOR DA REBORAINA

AÍNDA QUE ESTE ANO A DECISIÓN FOI MOI DIFÍCIL, XA QUE OS DEBUXOS ERAN TODOS DE GRAN CALIDADE, FINALMENTE, @ ILUSTRAD@R DO CARTEL DA REBORAINA DESTE ANO 2013 É LIDIA COLLAZO COUÑAGO DE 5B, CO EXCELENTE TRABALLO QUE SE MOSTRA A CONTINUACIÓN:


ADEMAIS, QUEREMOS FACERLLE UNHA MENCIÓN ESPECIAL A UN TRABALLO FINALISTA, O CAL SERÁ EXPOSTO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO. ESTE FOI REALIZADO POR LUCÍA RODRÍGUEZ VILA DE 4º B

GRACIAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

 
 

viernes, 22 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO PARTICIPA NA INICIATIVA DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24 DE FEBREIRO).

O POEMA ESCOLLIDO É "DIOS BENDIGA TODO, NENA", DE CANTARES GALLEGOS, RECITADO POLOS ALUMNOS DE TODOS OS NIVEIS.

jueves, 21 de febrero de 2013

CONCURSO DE CONTOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL FROLES MARELIÑAS

Este ano a Asociación Cultural Froles Mareliñas convoca o seu primeiro concurso de contos no que se pode participar en tres categorías: infantil ata os 12 anos, xuvenil de 13 a 17 e adultos a partir de 18 anos.

O premio é de 100 euros para o gañador de cada categoría, pero con todos os contos, editarase un libro de recompilación, que é un xeito de premiar a todos os participantes.

A entrega de premios, será no Multiusos de Chapela o día 17 de maio.