ADEMAIS, QUEREMOS FACERLLE UNHA MENCIÓN ESPECIAL A UN TRABALLO FINALISTA, O CAL SERÁ EXPOSTO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO. ESTE FOI REALIZADO POR LUCÍA RODRÍGUEZ VILA DE 4º B
miércoles, 27 de febrero de 2013
CARTEL GAÑADOR DA REBORAINA
AÍNDA QUE ESTE ANO A DECISIÓN FOI MOI DIFÍCIL, XA QUE OS DEBUXOS ERAN TODOS DE GRAN CALIDADE, FINALMENTE, @ ILUSTRAD@R DO CARTEL DA REBORAINA DESTE ANO 2013 É LIDIA COLLAZO COUÑAGO DE 5B, CO EXCELENTE TRABALLO QUE SE MOSTRA A CONTINUACIÓN:
ADEMAIS, QUEREMOS FACERLLE UNHA MENCIÓN ESPECIAL A UN TRABALLO FINALISTA, O CAL SERÁ EXPOSTO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO. ESTE FOI REALIZADO POR LUCÍA RODRÍGUEZ VILA DE 4º B
ADEMAIS, QUEREMOS FACERLLE UNHA MENCIÓN ESPECIAL A UN TRABALLO FINALISTA, O CAL SERÁ EXPOSTO NA BIBLIOTECA DO COLEXIO. ESTE FOI REALIZADO POR LUCÍA RODRÍGUEZ VILA DE 4º B
viernes, 22 de febrero de 2013
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO PARTICIPA NA INICIATIVA DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24 DE FEBREIRO).
O POEMA ESCOLLIDO É "DIOS BENDIGA TODO, NENA", DE CANTARES GALLEGOS, RECITADO POLOS ALUMNOS DE TODOS OS NIVEIS.
O POEMA ESCOLLIDO É "DIOS BENDIGA TODO, NENA", DE CANTARES GALLEGOS, RECITADO POLOS ALUMNOS DE TODOS OS NIVEIS.
jueves, 21 de febrero de 2013
CONCURSO DE CONTOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL FROLES MARELIÑAS
Este ano a Asociación Cultural Froles Mareliñas convoca o seu primeiro concurso
de contos no que se pode participar en tres categorías: infantil ata os 12 anos, xuvenil de 13 a 17 e adultos a partir de 18 anos.
O premio é de 100 euros para o gañador de cada categoría, pero con todos os contos, editarase un libro de recompilación, que é un xeito de premiar a todos os participantes.
A entrega de premios, será no Multiusos de Chapela o día 17 de maio.

martes, 12 de febrero de 2013
ENTROIDO EN REBOREDA
O venres celebramos o entroido no colexio.
Todo estaba relacionado co proyecto deste curso "O ser humano, un ser extraordinario". Polo que había disfraces históricos: mulleres e homes da Prehistoria (trogloditas), faraóns e faraonas chegados do antigo Exipto coa súa corte e damas e cabaleiros da Idade Media; disfraces relacionados co corpo humano: glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas e virus; e tamén disfraces relacionados coas artes, descubrimentos e creacións humanas...
Que bonito e lucido quedou o desfile!
Os nen@s do 3º ciclo decidiron representar as artes: música, literatura, pintura, escultura, arquitectura, astronomía, cine...
Así poidemos ver afamados pintores (Picasso, Frida Kahlo, Dali e Velázquez) e algúns dos seus cadros; a personaxes de cine; a Mozart, Beethoven, a danza e as súas partituras; a Eiffel coa súa torre, as creacións de Gaudí, esculturas das épocas clásicas e modernas ; a Cervantes, Shakespeare e algunhas das grandes obras da literatura; a Galileo e o Sistema Solar; e sen esquecer os vídeoxogos, unha das máis recentes creacións humanas.

Etiquetas:
artes,
corpo humano,
disfraces,
entroido,
historia,
prehistoria
miércoles, 30 de enero de 2013
DÍA DA PAZ
Hoxe, 30 de xaneiro, saimos todos os cursos ao patio para celebrar o
Día da Paz.
Reunímonos ao redor do mural que fixemos entre tod@s, recitamos poemas, cantamos a nosa canción e soñamos cun mundo sempre en PAZ.
martes, 29 de enero de 2013
CANTARELA DE AMOR E PAZ
AQUÍ VOS DEIXAMOS A CANCIÓN DA PAZ SIGNADA PARA QUE
TODOS POIDAMOS ENSAIALA E MAÑÁ SAIA XENIAL!
Titúlase CANTARELA DOS NENOS e a letra é do poeta Xosé Neira Vilas
lunes, 21 de enero de 2013
ODAIKO nas escolas
O mércores 16 de xaneiro os de 5º e 6º visitamos o Auditorio do Centro Cultural Novagalicia en Vigo, para escoitar o concerto didáctico do grupo de percusión ODAIKO (¿sabedes de onde ven esa palabra?).
Pasámolo en grande, miramos e escoitamos no escenario todos aqueles sons que sabemos facer co instrumento musical máis vello: O CORPO.
Tamén fixeron verdadeiras virguerías con obxectos cotiáns...
E por suposto, tocaron os instrumentos de percusión máis sofisticados -como a MARIMBA-,
pero ... ao seu xeito.
E por suposto, tocaron os instrumentos de percusión máis sofisticados -como a MARIMBA-,
pero ... ao seu xeito.
¡¡¡RIMOS MOITÍSIMO!!!
¡¡¡ENCANTOUNOS!!!
Etiquetas:
concerto didáctico,
corpo,
música,
percusión,
saídas
viernes, 4 de enero de 2013
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS
Pero o mellor chegou co Festival de Panxoliñas...
Non quedou ninguén sen cantar (incluidos os mestres).
Que ben o fixestes tod@s!!!
lunes, 31 de diciembre de 2012
VISITAS REAIS
Antes de marchar de vacacións tivemos a visita do paxe que viña recoller as cartas con todos os nosos desexos...
E o última día, sorpresa!
Visitáronnos os Reis Magos en persoa e cargados de caramelos, que ricos estaban!
CHEGOU O NADAL A REBOREDA
O nadal respirouse por todos os recunchos do colexio...
Coa árbore e o belén na entrada; as clases e os corredores adornados e preciosos; algúns nen@s pedindo o aguinaldo e escoitándose panxoliñas en todas as linguas...
jueves, 27 de diciembre de 2012
GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL
Ola a tod@s!
Aquí tedes a nosa guía de lecturas con moitas recomendacións e novidades para todos os ciclos.
Aproveitamos para desexarvos un BO NADAL e esperamos que os libros teñan un lugar especial entre os vosos agasallos.
(pinchade na parte inferior dereita para velo ampliado)
lunes, 17 de diciembre de 2012
RECITANDO CELSOEMILIO
DENDE O CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO PARTICIPAMOS NUN ACTO COLECTIVO PARA RECORDAR A CELSO EMILIO FERREIRO NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO. A ESTA INICIATIVA SUMÁMONOS MÁIS DE 200 CENTROS GALEGOS E 30.000 VOCES QUE RECITAMOS, Á VEZ, O POEMA "DEITADO FRONTE AO MAR".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)