Mostrando entradas con la etiqueta corpo humano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta corpo humano. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO EN REBOREDA

O venres celebramos o entroido no colexio. 
Todo estaba relacionado co proyecto deste curso "O ser humano, un ser extraordinario". Polo que había disfraces históricos: mulleres e homes da Prehistoria (trogloditas), faraóns e faraonas  chegados do antigo Exipto coa súa corte e damas e cabaleiros da Idade Media; disfraces relacionados co corpo humano: glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas e virus; e tamén disfraces relacionados coas artes, descubrimentos e creacións humanas...
Que bonito e lucido quedou o desfile!



 Os nen@s do 3º ciclo decidiron representar as artes: música, literatura, pintura, escultura, arquitectura, astronomía, cine...
Así poidemos ver afamados pintores (Picasso, Frida Kahlo, Dali e Velázquez) e algúns dos seus cadros; a personaxes de cine; a Mozart, Beethoven, a danza e as súas partituras; a Eiffel coa súa torre, as creacións de Gaudí, esculturas das épocas clásicas e modernas ; a Cervantes, Shakespeare e algunhas das grandes obras da literatura; a Galileo e o Sistema Solar; e sen esquecer os vídeoxogos, unha das máis recentes creacións humanas.