miércoles, 10 de septiembre de 2008

ESTE CURSO: A CIENCIA

O ano 2009 vai ser o Ano Internacional da Astronomía, en honor á invención do Telescopio e uso do mesmo, apuntando ao ceo, por Galileo Galillei. Con tal motivo, no Centro decidimos levar a cabo un proxecto ao redor da Ciencia: experimentos, saídas, actividades, concursos, ... e moito máis. Preparadevos porque este curso hai moitas sorpresas, vamos convertirnos todos en grandes científicos e científicas.
De inicio en educación infantil xa teñen unha gran investigadora con eles, "Ciencia", que sin moita demora xa pasou pola Biblio e falou con Margarida.
Que estarán tramando!!!!

3, 2, 1, ... DESPEGAMOS

Día 11, comezo das clases, un novo curso.
Traedes forzas dabondo?, este curso vai ser explosivo, cheo de novas, de propostas,... nas que contamos participedes con moito entusiasmo.
E para comezar un pouco de humor. Coñecedes a Mafalda?. No principio do curso pasado vimos este vídeo no blog da biblio do Ceip de Quintela en Moaña, e gustounos moito. Esperamos que non se aproxime á realidade!!!


sábado, 6 de septiembre de 2008

CONTOS EN LINGUAXE DE SIGNOS

Sabedes o que é a linguaxe de signos?
Hai persoas, nenos e nenas, que non poden escoitar, ou teñen dificultades á hora de se comunicar verbalmente. Imaxinades o que eso pode ser?. Non ter nunca escoitado un conto, o son do mar, o canto dos paxaros, ...
Pois a linguaxe de signos é un sistema alternativo de comunicación que serve precisamente para que a través de movementos manuais e corporais poidamos comunicarnos uns cos outros.
Na Biblioteca virtual Miguel de Cervantes están a levar a cabo un proxecto no que pretenden mostrar diversas publicacións en lengua de signos. En concreto pareceunos moi interesante o apartado dos contos.
Se queredes visitar a páxina, facede clic enriba da imaxe. Ademáis puxemos un novo enlace na sección "Xoga e curiosea" da barra lateral.
Botade unha ollada, e intentade aprender algún desos signos!
Sempre pode sernos útil!!

XOGOS PARALÍMPICOS

Dende hoxe día 6 ata o 17 de setembro, tamén en Pekín, daranse cita máis de 4000 deportistas, entre eles, deportistas cegos, discapacitados físicos, paralíticos cerebrais,... de 130 países, para competir en 20 deportes oficiais . O equipo español acude con 133 deportistas con grandes aspiracións, de feito en anteriores edicións sempre conseguiron máis de 70 medallas, e estiveron entre os sete primeiros países do medallero.
Se quedastes abrumados pola calidade dos competidores dos xogos olímpicos, nestos xogos paralímpicos, podedes quedar moito máis sorprendidos.
Sorte a todos e todas!
Se queredes estar enterados do que acontece nestos xogos facede clic na súa mascota
Fu Niu Lele.

viernes, 5 de septiembre de 2008

NARNIA: RESPOSTA 3

Acabouse o verán. Logo empeza xa o cole. Estaredes listos?. Espero que veñades con forzas, temos moitas novidades e sorpresas para vós. Pero ata o 11 que nos volveremos ver, a resposta a terceira e última pregunta sobre Narnia.
Se lestes o libro seguro que vos destes conta que non coíncide coa peli. Caspian fai soar o corno da Raíña Susan estando xa no altozano de Aslan (onde se atopa a pedra máxica partida pola metade), cando asediados, el e os narnianos, polo exército do usurpador Rei Miraz, tío de Caspian, non atopan outra solución para vencer.

domingo, 31 de agosto de 2008

CALENDARIO ESCOLAR 08-09

Xa estamos a día 1 de setembro, inicio do novo curso escolar. Seguro que, aínda que o pasastes moi ben, cando menos un pouquiño, nos botastes de menos. Pero bueno, vos con calma que ata o día 11 non tedes que vir. Nós os profes, temos moitas cousas que preparar, moitas reunións ás que asistir, moitos papeis que cubrir,... todo para que a día 11 entredes con bo pe no curso que comeza.

Para os papás e mamás que queiran saber como se vai desenvolver este novo curso poden facer clic na imaxe, e poderán consultar o calendario escolar 2008-2009.

Feliz comezo de clases a tod@s!!!!

domingo, 10 de agosto de 2008

NARNIA: PREGUNTA 3

Seguro que si recordades a película de "El príncipe Caspián", recordaredes que Caspian fai sonar o corno que pertencía á Raiña Susan, o corno máxico que fai volver aos catro irmáns a Narnia, mentras escapaba, polo bosque, dos soldados do seu tío Miraz, que quere matalo. Pero se lestes o libro seguro que sabedes que ese non foi o momento, nin o lugar en que Caspian fai sonar o corno máxico.
Onde estaba Caspian (no libro) cando decide tocar o corno para recibir axuda de Aslan e os catro reis antepasados, fillos de Adán?

sábado, 9 de agosto de 2008

XOGOS OLÍMPICOS

É imposible non darse conta de que deron comezo as Olimpiadas. A tele, a radio, a prensa, encárganse de dicírnolo a todas horas. Pero si queremos aproveitar o tempo e ver exclusivamente aqueles deportes que nos interesan, aos deportistas españoles, e estar enterado en todo momento do que acontece, o mellor é visitar o sitio Web Oficial da Olimpiada.
Se facedes clic encima da foto do primeiro medallista español (ouro, Samuel Sánchez), poderedes consultar toda a información que necesitedes saber sobre estos Xogos. Seguro que así renxeredes mellor o tempo, e poderedes aproveitar para ler algún que outro libro, sin deixar de ir á praia, ao monte, ...

miércoles, 6 de agosto de 2008

"A CASA DA LUZ"

"A casa da luz", Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, escrita por Xabier P. Docampo, comeza a súa andaina en imaxes. Si, están a facer unha peli. Baixo a dirección de Carlos Amil, esta vai ser unha das primeiras longametraxes de imaxe real para nen@s, que se realiza en Galiza, integramente en galego, baseada nunha novela galega, e dun autor galego. Vaia!.
Por se pasades cerca, acercádevos ata a cidade de Borneiro, a carballeira de Baio, ou a Betanzos, son algunhas das localizacións elixidas para a rodaxe.
Sorte para a peli!!!

martes, 5 de agosto de 2008

XOGOS DE NARNIA

Se visitastes as páxinas que vos recomendamos nun dos artigos anteriores de Narnia, seguro que xa destes con eles, senón, atentos.
Ademáis de moitas outras cousas tedes á vosa disposición estos xogos: "Criaturas en la niebla", e o "Pinball do Príncipe Caspian".
Premede na imaxe e chegaredes directamente.
Entrade en Narnia, e buscade "Jugar"

NARNIA: RESPOSTA 2

O que máis se aproximou foi Manuel. A espada de Peter chámase "Rhindon", e como di Manuel, din o seu nome no libro "El príncipe Caspián". Ao final do segundo capítulo (La vieja cámara del tesoro), Peter, Sumo Monarca de Narnia, di: -Es mi espada Rhindon, con la que maté al lobo.

lunes, 21 de julio de 2008

NARNIA : PREGUNTA 2

Seguro que recordades que no libro "El león, la bruja y el armario", Santa Claus fai regalos a Peter, Susán e Lucy. En concreto a Peter, regálalle un escudo e unha espada, coa que mata ao lobo xefe da policía secreta da Bruxa Blanca, Maugrim, e coa que Aslan, o nomea cabaleiro.
Cal é o nome desta espada, a espada de Peter?