sábado, 6 de septiembre de 2008

CONTOS EN LINGUAXE DE SIGNOS

Sabedes o que é a linguaxe de signos?
Hai persoas, nenos e nenas, que non poden escoitar, ou teñen dificultades á hora de se comunicar verbalmente. Imaxinades o que eso pode ser?. Non ter nunca escoitado un conto, o son do mar, o canto dos paxaros, ...
Pois a linguaxe de signos é un sistema alternativo de comunicación que serve precisamente para que a través de movementos manuais e corporais poidamos comunicarnos uns cos outros.
Na Biblioteca virtual Miguel de Cervantes están a levar a cabo un proxecto no que pretenden mostrar diversas publicacións en lengua de signos. En concreto pareceunos moi interesante o apartado dos contos.
Se queredes visitar a páxina, facede clic enriba da imaxe. Ademáis puxemos un novo enlace na sección "Xoga e curiosea" da barra lateral.
Botade unha ollada, e intentade aprender algún desos signos!
Sempre pode sernos útil!!

No hay comentarios: