Antes de ir a Galiciencia tivemos moito, moito traballo. Tardes no cole, investigación na casa e ata cadea de traballo na aula. Desesperación, algún que outro enfado pero con vontade sacámolo adiante.
#sextoreboreda, #galiciencia, #aprenderfacendolunes, 12 de mayo de 2025
INAGURACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
E así, ao son da boa música tradicional, como non podía ser doutra maneira, inaguramos a Semana das Letras. Grazas á asociación O Carballo das Cen Pólas @carballocenpolas78!
lunes, 5 de mayo de 2025
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS
A rapazada de 5° e 6° inaguramos o "Mes das Letras" cun obradoiro titulado "O papel da muller nos intrumentos miúdos", a cargo de Erica Iglesias. Nel puidemos repasar instrumentos básicos da nosa tradición musical como: a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, as culleres, as cunchas, o sistro,...entre outros.
#quintoreboreda #sextoreboreda #edlg #músicatradicional #aprenderfacendo #onosocolemola
viernes, 2 de mayo de 2025
INSPIRING GIRLS: ANTONIA OTERO
Dentro do programa Inspiring Girls tivemos a sorte de contar coa visita de Antonia Otero, enxeñeira de telecomunicacións e, ademáis, ex alumna do noso cole.
Veu falarnos da súa vida, das súas inquedanzas e, por suposto, da súa paixón pola tecnoloxía. Unha visita estupenda e moi motivadora para tod@s.Moitas grazas a Antonia pola visita. Encantounos!
lunes, 28 de abril de 2025
APADRINAMENTO LECTOR
Un ano máis, celebramos o Día do libro cun apadriñamento lector.
O alumnado de segundo e terceiro ciclo apadriñou ao alumnado de infantil, primeiro e segundo preparando para eles a lectura dun libro . Previamente moitos interesáronse polos gustos dos seus apadriñados, pasaron ratiños xuntos, deseñaron xogos , monicreques, pasatempos...cos que acompañar a lectura. Pola súa banda , os apadriñados agasalláronos cun marcapáxinas en forma de xirasol, inspirado nos Xirasoles de Van Gogh , facendo referencia ao proxecto sobre arte deste curso.Que mellor maneira de celebrar que con estos momentos de lectura compartida ! ☀️📚🌳
viernes, 25 de abril de 2025
ATRAPADOS NA CASA DE ESCHER
Seguimos traballando Escher de xeito interdisciplinar. Fai uns días quedamos atrapados na súa obra: relatividade e tocounos facer Unha chea de cálculos para poder saír da mesma. Desa mesma tarefa sairon historias matemáticas moi, moi interesantes.
#sextoreboreda, #pdiunanonomuseo, #escher, #udi, #aprenderfacendomiércoles, 23 de abril de 2025
FLORES YAYOI KUSAMA
Flores Yayoi Kusama 🌼🌺🌸
O alumnos e alumnas de infantil seguen moi artísticos. Mirade que obras.#ceipReboreda #educacióninfantil #osIndios #proxectoarte #unanonomuseo
martes, 15 de abril de 2025
ESPALLAR TINTA
Hoxe , 15 de abril, Día Mundial da Arte, queremos lembrar a participación do noso cole na Feira de escritura , "Espallar tinta", organizada polo @ceip.cedeira . Alí, o alumnado de primeiro mostrou parte do abecedario de arte no que levan traballando dende comezo de curso. Unha actividade que engloba a área de lingua e de educación artística ,dentro do noso proxecto de centro " Un ano no museo" . Aínda quedan moitas letras, artistas e técnicas que explorar. Pronto mostraremos máis por aquí.
Para introducir cada letra , comenzamos lendo algúns dos libros da selección de títulos sobre arte que chegaron este curso á noso biblioteca.Feliz día da Arte a tod@s ! 🎨🎭📽️
viernes, 11 de abril de 2025
IMOS A GALICIENCIA
Un ano máis vémonos en Galiciencia. O 14 de maio estaremos alí falando do cerebro.
#sextoreboreda, #galiciencia, #aprenderfacendomartes, 8 de abril de 2025
ESCHER
Novo trimestre e con el novo centro para as nosas UDIs.
En mate, linguas e PDI imos achegarnos a figura do artista Escher, o pintor das matemáticas. Comezamos facendo probas para debuxar teselados. Inda están na primera etapa pero, estade atentos, isto Vai dar moitas viravoltas. #sextoreboreda, #udi,#pdiunanonomuseo, #teselados, #escher, #aprenderfacendoviernes, 4 de abril de 2025
O BOSQUE ATLÁNTICO
Hoxe aprendemos moito sobre o bosque atlántico cun programa sobre os bosques autóctonos subvencionado pola conselleria de medioambiente do concello.
Foi realmente instructivo e completaremos a actividade coa visita ao bosque autóctono do CUVI.martes, 1 de abril de 2025
DIXITALIZACIÓN RESPONSABLE DA MAN DO PROGRAMA INSPIRING GIRLS
En sexto durante todo o mes de abril imos participar no programa Digitalización sin Límites do programa Inspiring Girls.
Hoxe, da man de Esperanza falamos de tecnoloxía e puxemos os nosos coñecementos a proba. Aprendemos moito e xa temos gañas doutra sesión.









