martes, 26 de noviembre de 2013

O CARBALLO DOS 100 CONTOS

Na biblio de Margarida estamos dando forma entre todos os nenos e nenas do cole de Reboreda ao noso particular "Carballo dos 100 contos". É una árbore diferente e moi orixinal que se enche de cores coa axuda de todos os nenos e nenas. Pouco a pouco os peques vanse animando e van deixando as súas recomendacións nas pólas desta árbore tan particular. Mirade que fermosa se está poñendo coa axuda de todos.
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Free digital scrapbooking design customized with Smilebox

miércoles, 20 de noviembre de 2013

MAGOSTO
 En novembro xéanse as canas e ásanse as castañas...ollade que ben o pasamos e como quedaron as nosas caras!!!

MAGOSTO by

jueves, 14 de noviembre de 2013

LARETA 2013, Festival de Monólogos de Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística organiza a segunda edición do Festival de Monólogos de Redondela, LARETA 2013.

Trátase dun evento cultural que naceu en 2012 co obxectivo de fomentar o uso oral da lingua galega e de promover a creación artística daquelas persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e medio de comunicación.

O nome do festival de monólogos, LARETA, quere incidir precisamente niso: en laretar, falar sen control e sen medida, dicir o que se queira pero sempre utilizando a lingua galega como vehículo de comunicación. Alén diso, quere ser tamén unha proposta creativa e artística con continuidade no tempo, que se converta nun referente dentro da oferta cultural redondelá e que vén avalada polo éxito da súa primeira edición.

Nesta segunda edición, que se celebrará os sábados ás 20.00 h, contaremos coa participación de Luís Zahera, Quico Cadaval, Sergio Pazos e Cándido Pazó para público adulto, e Paula Carballeira para público infantil.

As sesións celebraranse no Auditorio da Xunqueira de Redondela os sábados 16, 23 e 30 de novembro, e 7 e 21 de decembro. O prezo da entrada xeral é de 4 €, e para persoas xubiladas, estudantes e público infantil 2 €. Mais é posible tamén adquirir un bono para as cinco funcións ao prezo de 16 € ou 8 € para a entrada reducida, que se poderá reservar dende o xoves 7 de novembro.

A venda de entradas anticipadas para cada función farase dende dous días antes a cada unha, na recepción do Multiusos da Xunqueira.

O Servizo de Normalización Lingüística anima a toda a veciñanza redondelá a asistir a esta proposta cultural que reivindica o uso oral da lingua propia de Galicia.
 

martes, 5 de noviembre de 2013

ESTE SAMAÍN INTERCAMBIAMOS CONTOS DE MEDO NO CEIP SANTO PAIO!

AQUÍ VOS DEIXAMOS AOS NENOS E NENAS DE 1º B COA OBRIÑA QUE FIXERON POLO SAMAÍN NO INTERCAMBIO DE CONTOS DE MEDO. ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES. NORABOA ESTES GRANDES ACTORES E ACTRICES E A PROFE CECI E MARTINA!


lunes, 4 de noviembre de 2013

ASÍ CELEBRAMOS SAMAÍN OS NEN@S DE INFANTIL

A semana pasada foi unha semana moi, moi intensa. Fíxemos unha chea de cousas relacionadas co Samaín: decoramos os corredores, escribimos os nosos medos, cociñamos chulas, decoramos cabazas... Rematamos a semana coma máis nos gusta, con contos. Os nen@s de 1º prepararon unha obriña sobre o Samaín e fomos en dous turnos ao salón de actos a disfrutar da mesma. Gustounos moitísimo. Aquí vola deixamos para que vos tamén podiades disfrutar con ela.

lunes, 28 de octubre de 2013

SAMAÍN EN LINGUAXE DE SIGNOS

O pasado venres a aula de atención preferente convertiuse nun plató de gravación e filmamos un videoclip con alumnos e alumnas de 5º.
Fixémolo para ensinarvos unha canción moi divertida sobre a festa do Samaín do grupo infantil Mamá Cabra. Con ela pretendemos que, ademais de pasalo ben cantando, aprendades novos signos da LSE.
Tivemos moi pouco tempo e presuposto pero como contamos con grandes profesionais (sobre todo os extras) estamos moi orgullosos do resultado final.
Animámosvos a ver o noso videoclip xa que ten sorpresas que vos deixarán os pelos de punta. Aquí ninguén é o que parece…jajajaja!

domingo, 27 de octubre de 2013

Día das bibliotecas...Así o celebramos!

Comezamos coa visita dos nenos e nenas de primeiro que tras ver a curta "Os fantásticos libros voladores", recibiron o seu carnet da biblioteca e unha piruleta de Margarida, a nosa mascota. Ollade que ben o pasaron!





O resto da mañá, unha sorpresa interrompeu as clases, a visita de Margarida, que viña con agasallo engadido: as mochilas viaxeiras e un marcapáxinas!


 Durante o recreo unha morea de libros sobre o samaín saíron ao patio, todos os venres teremos os BIBLIOPATIOS!




martes, 15 de octubre de 2013

REVISTA OLLOS DE AULA

PREME ENRIBA DA IMAXE PARA IR AO NÚMERO 9 DA REVISTA OLLOS DE AULA.

miércoles, 9 de octubre de 2013

NOVOS BLOGS

¡¡¡Temos novos espazos do cole na rede!!!

@s compis de 5º A puxeron a andar o seu blog, IMAXINAESCOLA



 Tamén a aula de música está de estrea, MUSIQUEANDO...


Cando queirades podedes facerlles unha visita,  deixar aportacións e comentarios... En fin, que sodes ¡¡¡BENVIDOS!!! 

lunes, 7 de octubre de 2013

COMEZAMOS!

Este curso Margarida vai de viaxe, pero non vos preocupedes...non irá lonxe! Visitará as nosas parroquias e volverá con moita información, así que si queredes aprender cousas sobre "A NOSA CONTORNA" , non deixedes de visitar o blogue


viernes, 4 de octubre de 2013

PRIMEIRA LECTURA SILENCIOSA 

Hoxe recibimos as novas caixas viaxeiras na aula! Así que con moitas ganas realizamos o primeiro día de lectura silenciosa deste curso, ollade como gozamos da lectura!