O venres celebramos o entroido no colexio.
Todo estaba relacionado co proyecto deste curso
"O ser humano, un ser extraordinario". Polo que había disfraces históricos:
mulleres e homes da Prehistoria (trogloditas),
faraóns e faraonas chegados do antigo Exipto coa súa corte e
damas e cabaleiros da Idade Media; disfraces relacionados co corpo humano:
glóbulos vermellos, glóbulos brancos, plaquetas e virus; e tamén disfraces relacionados coas
artes, descubrimentos e creacións humanas...
Que bonito e lucido quedou o desfile!
Os nen@s do 3º ciclo decidiron representar as artes: música, literatura, pintura, escultura, arquitectura, astronomía, cine...
Así poidemos ver afamados pintores (Picasso, Frida Kahlo, Dali e Velázquez) e algúns dos seus cadros; a personaxes de cine; a Mozart, Beethoven, a danza e as súas partituras; a Eiffel coa súa torre, as creacións de Gaudí, esculturas das épocas clásicas e modernas ; a Cervantes, Shakespeare e algunhas das grandes obras da literatura; a Galileo e o Sistema Solar; e sen esquecer os vídeoxogos, unha das máis recentes creacións humanas.